31 oct 2014

29 oct 2014

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Esta é a nosa primeira aportación deste curso, para o proxecto "PALABRAS AZULES"

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Para celebrar a festa do Samaín, na clase de Lingua Castelá, escribimos unhas historias de medo.

PREPARACIÓN:

Empezar a escribir nunha folla en branco non é tarea sinxela, por iso, para axudarnos a profe preparou catro dados:


- COMEZOS: Nunha noite escura ía camiñando... , Sempre evitaba pasar por ... , Era unha noite de tormenta.Chovía..., Hai moito tempo .... , Contan os que lo viron que ... e Sempre me preguntei porque...

- PERSONAXES: unha momia, un monstruo, un científico loco, un ancián, unha meiga e unha pantasma.

- ESPAZOS: un bosque, un castelo en ruinas, un cemiterio, un barco pantasma, unha cova e unha casa abandoada.

- OBSTÁCULOS: O personaxe principal escoita un son estraño, o personaxe principal está eprdido e só, o personaje principal ten que salvar a alguén, o personaxe principal é atrapado, o personaxe principal é perseguido, o personaxe principal está abandoado.


DESENVOLVEMENTO:

1º) Por turnos, cada un de nos, foi tirando os dados e anotando nunha folla os resultados:


2º) A continuación fixemos un borrador da nosa historia. Cando estivemos contentos co resultado, escribímolas nunha das plantillas que xa estaban preparadas.

3º) Para finalizar, leímolas en voz alta. A profe gravounos coa gravadora dixital e editou os sons con Audacity, escaneou as nosas historias e subiunas a Calameo en forma de libro.

Aquí podedes ler e escoitar as nosas historias. Para escoitalas hai que clicar no icono de son que aparece en cada páxina:



E estes son os dados e plantillas que utilizamos:

27 oct 2014

RECURSOS PARA HALLOWEEN Y SAMAÍN

Quedan xa moi poucos días para celebrar a noite de Samaín ou Halloween para os países anglosaxóns. No noso cole xa estamos a ambientar os corredores, os ventanais, preparando todo para o concurso de cabazas e moitísimas cousas máis como estas pantasmas que fixemos con papeis de xornais:


Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballa este tema:

- Do noso blogue:


- De Belén Junquera:



- De Carmen Salas y Palabras Azules:


- De Actiludis:


- Del Sites de Un proyecto entre todos:

23 oct 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Mañá celébrase o Día da Biblioteca. Esta celebración, promovida pola Asociación Española de Amigo do Libro Infantil e Xuvenil, ten lugar dende o ano 1997, co fin de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. 

No noso cole, para celebrar este día, dende o Equipo de Biblioteca, decidiuse facer unha exposición de CARTEIS de ANIMACIÓN Á LECTURA relacionados coa Biblioteca e as Matemáticas. E vos preguntaredes, por que as matemáticas? Porque este ano a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, elexiu para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas o lema:

Biblioteca escolar ... matemático!!!

Con este lema,"  pretenden salientar o papel imprescindible da bilioteca escolar e, ao mesmo tempo, lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a sua presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean ".

Este é cartel que fixemos nós. Esperamos que vos guste.


19 oct 2014

ÁRBORE DE OUTONO

Lembrades as nosas poesías de outono da entrada anterior?

Pois ben, estes días nas clases de plástica, fomentado a reciclaxe, estivemos a facer o tronco e as ramas dunha árbore utilizando follas de xornais:



A continuación, copiamos os nosos poemas na plantilla dunha folla de cartolina de distintas cores de outono: vermellas, laranxas, verdes, marróns, amarelas,... engadimos unhas bonitas letras de outono que atopamos na páxina Maestra Mary (que tivemos que modificar un pouco porque estaban en italiano) , un precioso esquio (aportación da profe Alba) e ... aquí tedes a nosa ÁRBORE DE OUTONO ( o noso cole está recén pintado de ahí que no puidésemos facer as ramas da árbore para arriba ja ja):




Esta árbore está na entrada do noso colexio e continuará enchéndose das aportacións dos outros cursos con adiviñas, refráns,...

Aquí vos deixamos a plantilla que utilizamos:


15 oct 2014

INVENTAMOS POESÍAS


Estes días na clase de lingua inventamos uns fermosos poemas sobre o outono. Primeiro os fixemos en lingua castelá pero despois o pasamos ao galego. Estes son os poemas que inventamos, cos que creamos un bonito libro, utilizando imaxes de Jessica Bujalance do blogue Bonitooh.



Nuns días amosarémosvos outra actividade que fixemos cos memos poemas ;)

11 oct 2014

ABRAPALABRA:MAXIA E POESÍA

Hoxe os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto acompañados dalgúns rapaces do colexio de San Isidro, fomos á Casa da Cultura de Neda,   a ver o espectáculo "ABRAPALABRA" do mago Carlos Coira.
Esta actividade, dirixida aos nenos e nenas entre 4 e 11 anos,  forma parte do programa de dinamización lectora en bibliotecas que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Ler conta moito" co que pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, achegando á cidadanía á lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Durante preto dunha hora, o mago Carlos Coira, animounos a gozar da "maxia das palabras" a través de divertidos trucos nos que algún de nos ademais tivemos a gran sorte de participar.

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que vexades o atentos que estabamos e o ben que o pasamos. Para ver as imaxes a maior tamaño pon o rato encima e clica no botón azul : Lanzar Gallery:

8 oct 2014

O NOSO BLOGUE DE CLASE

Onte pola tarde tiven a primeira reunión cos pais e nais do meu alumnado e entre os distintos temas que tratamos amoseilles o noso blogue de clase. Así que agora xa o podemos compartir con todos vos.

Presentámosvos oficialmente o noso blogue: QUINTO NA MACIÑEIRA. Como xa veredes todavía lle faltan moitas cousiñas pero irémolo enchedo pouco a pouco. Esperamos recibir as vosas visitas ;)



5 oct 2014

A CAÍDA DAS FOLLAS

A nosa primeira lámina de plástica tivo como centro de interés o OUTONO. Empezamos nunha esquina da folla trazando CÍRCULOS CONCÉNTRICOS cun COMPÁS e cando  xa non o podían estirar máis, comezaron a facer o mesmo na esquina contraria. A continuación recortaron as siluetas das follas da seguinte plantilla:


A consigna era debuxar a silueta de tres  follas encima dos círculos no lugar que quixeran. Podía ser unha folla de cada tipo, repetir a mesma tres veces ,... E xa por fin coloreamos. Para colorear as follas tiñan que utilizar tres CORES CÁLIDAS e alternalas facendo unha serie e para colorear os círculos tiñan que utilizar tres CORES FRÍAS e tamén alternalas. Ollade que bonitos nos quedaron. Falta por subir un que todavía non rematou pero que vos ensinaremos proximamente:

4 oct 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: actualización de outubro


Voltamos de novo para presentaros a nova lista actualizada, coa gran ilusión de vos comunicar a incorporación a UN PROXECTO ENTRE TODOS de 3 novos blogues amigos. Ademais comunicámosvos o cambio de blogue de participacion de Mariela, o novo é "Educación Inicial" e Pablo Girón con seu novo blogue "La clase del profe Pablo". A todos vos dicimos BENVIDOS!!!!! Estamos encantadas de ver que imos medrando máis e máis... Aquí vos deixamos a lista actualizada:


Coma sempre, só temos palabras de agradecemento para todos os blogues que participaron dende que comezou o curso, ben sexa a través dunha entrada de axuda, ben sexa aportando enlaces de axuda. Dende que comezou o curso 2014-2015, xa se presentaron 5 novos temas:

- COCHES
- XIRAFAS
- CROCODILOS
- AS 7 MARABILLAS DO MUNDO
- SALTÓNS

Todos os enlaces de axuda recopilados, xa se atopan filtrado e organizados dentro do SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, co que chegamos á cantidade de ...

98 TEMAS RECOPILADOS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS EN INFANTIL E PRIMARIA.

 https://sites.google.com/site/unproxectoentretodos/

Aproveitamos para lembraros que antes de preparar unha entrada de petición de axuda, que visitedes o Site para comprobar que non se pediu axuda con anterioridade.

E ... para todos aqueles blogues que se animan a apuntarse a este proxecto colaborativo, invitámoslles a visitar o SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, onde atoparán toda a información necesaria, asemade poden deixar unha solicitude de participación nun comentario nesta mesma entrada.

E finalmente e coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO

ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA.