30 oct 2013

SAMAÍN NO COLE

Mañá celébrase o esperadísimo día de SAMAÍN para nós os galegos. Que non sabedes que é o Samaín? Ollade esta entrada do ano pasado:


Pero como mañá NON TEMOS COLE porque a Xunta de Galicia decidiu que fose o DÍA DO ENSINO, hoxe despois do recreo, fomos ao Salón de Actos a ver unha selección de películas relacionadas co medo entre as que se atopaban estas dúas curtametraxes de dous libros da editorial OQO: "A bruxa regañadentes" e "Fiz o coleccionista de medos":



Casualmente, no cole de Patricia do blogue FALANDO ENTÉNDESE A XENTE, traballaron sobre as mesmas curtametraxes e mesmo prepararon este libro lim sobre o conto de FIZ :


Grazas por compartilo, profes.

E con esta imaxe que me fixo Liliana do blogue Liliana Lois diseños quero desexarvos a todos e todas:

VOLTAREMOS O LUNS COAS PILAS BEN CARGADAS!!!!

28 oct 2013

O LIBRO DO MEDO

Estes días, navegando por internet, atopei un libro que me gustou moitísimo. O seu título  MY HALLOWEEN BOOK de SAMKOREZ. Qué por que me gustou? Porque ademais de traballar vocabulario de personaxes típicas desta época como: FRANKESTEIN, VAMPIRO, GATO, PANTASMA, MOMIA, MEIGA, CABAZA,..



Tamén traballaba outros aspectos como:

- Prendas de vestir: CAMISETA, PANTALÓN, CAPA, CINTURÓN, SOMBREIRO, VESTIDO,...


- Partes da casa: COCIÑA, SALÓN, DORMITORIO, BAÑO, ESTUDIO, XARDÍN,...


- As cores: AMARELO, MORADO, VERMELLO, VERDE, NEGRO, MARRÓN, LARANXA,...



- E as formas: CÍRCULO, CADRADO, RECTÁNGULO, TRIÁNGULO, ESTRELA, CORAZÓN, LÚA,...


Como podedes observar, un libriño do máis completo. Así que nin corta nin perezosa, paseino ao galego e... AQUÍ TEDES O RESULTADO:


E vos que opinades, gústavos?

25 oct 2013

E VAI DE CABAZAS...

                                                                               by Vaaalu

Nesta semana, na  clase estamos a traballar co Samaín ao mesmo tempo que continuamos coa nosa unidade didáctica do outono. Hoxe estivemos a falar das froitas que podemos atopar nesta época. Ademáis da uva que xa todos sabemos polo noso proxecto sobre a VENDIMA( estes días un chisquiño abandoado), e de froitos secos como as abelás, as noces, as castañas,... ou carnosos como a mazá, a pera, a laranxa,... saíron a relucir as CABAZAS. Así que aunando os dous temas, adicamos un pouco de tempo a traballar esta froita do outono.
Coñecimos o CICLO DE VIDA DUNHA CABAZA:


Grazas a estes BITS de Montessori que nós pasamos ao galego:


Para comprobar se estivemos ben atentos, fixemos un libriño sobre as cabazas. Aquí vos ensinamos unha páxina de cada un:


Continuamos con esta sinxela manualidade dunha cabaza, para afianzar moi ben o que aprendimos:


E coma no Samaín é costume baleirar cabazas e tallalas con formas de medo, decidimos decorar a nosa porta de clase que quedou así de bonita:


22 oct 2013

ACHÉGASE SAMÁIN: decoramos e xogamos

Xa quedan moi pouquiños días para que chegue o noso Samáin, por iso na clase xa empezamos a falar de este tema e a decorar un pouquiño os corredores. Hoxe estivemos a facer estes bonitos banderíns:

Que agora adornan o noso corredor:

Ollade que concentrados traballamos:


Aquí vos deixamos estes tres xogos para pasar un ratiño entretido nestas tardes chuviosas:




E se precisades de máis recursos: xogos, fichas, actividades interactivas,... para traballar o SAMAÍN ou o Halloween nos dubidedes en visitar os nosos recursos:

18 oct 2013

FÁBULA: A RAPOSA E AS UVAS


Continuando co noso proxecto sobre as uvas e a vendimina, hoxe coñecimos a fábula de Esopo: "A RAPOSA E AS UVAS". Despois de escoitala, fixemos un debuxo sobre el. Ollade que bonitos nos quedaron:




Se queredes  seguir disfrutando da fábula podedes ollar este estupendo video:


Ou colorear no ordenador esta fermosa imaxe. Clicade na imaxe para acceder ao xogo.


15 oct 2013

OS MEUS LIBROS LIM

Ainda que xa nas pestanas de arriba teño un enlace aos meus libros LIM, decidinme facer este symbaloo para telos todos máis a man. A partir de agora estarán na sidebar do blogue. 

QUEREDES COÑECELOS TODOS? Clicade na imaxe para acceder.

14 oct 2013

COMO SE CHAMAN AS PARTES DUNHA VIDE?


Hoxe aprendimos como se chaman as partes dunha vide:


E despois fixemos uns fermosos acios de uvas para colocar no noso recuncho da vendima que pouquiño a pouco vai tomando forma:



12 oct 2013

A HISTORIA DE CRISTOBAL COLÓN

Onte traballamos na clase a figura de Cristobal Colón. Aproveitamos algúns dos recursos que preparamos o ano pasado para o miniproxecto de Colón:

- Conto "LA UNIÓN ENTRE DOS MUNDOS":

 

- Libro LIM:


https://dl.dropbox.com/u/14722558/colon/colon.html


- POESÍA:
-  PUZZLES :

preview6 piece preview6 piece preview12 piece preview12 piece

E despois montamos esta poesía de Cristobal Colón con imaxes de Jessica Travis do blogue http://www.wildaboutfirsties.blogspot.com:



E xogamos a este xogo de Karen do blog kinderkaren.blogspot.com no que tiñamos que asociar cada número co seu nome:


9 oct 2013

REMATAMOS A NOSA DECORACIÓN DE OUTONO

Estes días rematamos os ourizos que nos faltaban e os acompañamos duns bonitos mouchos para adornar a última das nosas ventás:




Agora si que podemos dicir que o outono chegou por fin á nosa aula!!!!!!!

8 oct 2013

DE ONDE SAEN AS UVAS?

Continuando co noso proxecto sobre a VENDIMA onte aprendimos que as UVAS saen dunhas plantas chamadas VIDES ou PARRAS. Iamos visitar unha vide que había no cole pero tivemos a mala sorte de que a semana pasada a cortaron.



O que sí poidemos recuperar foron algunhas FOLLAS que todavía se conservaban bastante ben e que nos serviron para ver como eran:



Pero como no todo vai ser traballar ... XOGAMOS UN POUQUIÑO?  

Buscade todas as uvas que están agochadas e arrástraas hacia o caixón ou simplemente eliminade todas as follas: 


E agora imos colorear estas uvas como máis nos guste:

6 oct 2013

O OUTONO CHEGOU A NOSA CLASE

Decoramos as ventás da nosa clase:

- CON FOLLAS NATURAIS:




- CON FERMOSAS FOLLAS DE CORES:



- E CON OURIZOS:(Ata o de agora só rematamos tres, xa vos ensinaremos os demais máis adiante)


E colocamo no corredor  a nosa árbore de outono feita con materiais reciclados: