Mostrando entradas con la etiqueta EDUBLOGS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUBLOGS. Mostrar todas las entradas

13 abr 2017

PARTICIPAMOS NO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

Este ano participamos con noso blog de aula: ESTAMOS EN CUARTO, na XI Edición do Premio Espiral de Edublogs, na categoría de Alumnos de Primaria que constrúen:


Se queredes deixarnos un comentario de apoio, só tedes que facer clic na imaxe de abaixo e rexistrarvos:

O vindeiro 6 de maio, saberemos se estamos ou non entre os tres finalistas.

QUE NERVIOOOOOOOOS!

25 abr 2014

PRESENTÁMONOS DE NOVO!!!!!


Como podedes ver na sidebar da dereita do blogue, un ano máis participamos co noso blogue en EDUBLOGS na categoría de profesores e profesoras. Nuns días, concretamente o 3 de maio,  sairá o listado de blogues finalistas.

Esteamos ou non nesa lista (a competencia é moi dura ji ji), dende aquí quero por unha parte, agradecervos todos  os comentarios de apoio que me deixáchedes e que me animan a seguir co traballo no blogue a pesar de que este ano por diferentes razóns, estase a facer moi duro,

e por outra,  quero desexar a todos os blogues participantes, entre os que se atopan un gran número de blogues que coñezo, admiro e sigo habitualmente...

9 jun 2013

DIPLOMA 2º ACCÉSIT EN LOS VII PREMIOS EDUBLOGS


Como xa todos sabedes onte fun a Madrid, á entrega de premios da VII edición de EDUBLOGS. Alí recibín con gran ilusión o diploma do 2º Accésit na categoría de Blogs de Profesores e Profesoras ou o que é o mesmo, o 5º premio. Menuda alegría!


Foi un día moi emocionante non só pola entrega de premios senón porque coñecín e por fin desvirtualicei a un montón de profes amigas como Olga, Cati, Aurora, Laura, Marta, Sara,.... e como non por fin xuntámonos e coñecímonos todo o Claustro Blog do Proxecto Blogs Colaboradores; Mireia, Noelia, Fini, Miren e claro está eu mesma. Fíxome moitísima ilusión.


Quero darlle a noraboa a todos os gañadores tanto da miña categoría como das demáis. Podedes consultar a lista completa aquí:


E por suposto ao meu amigo Joel (que non puido acudir ao acto de entrega) e como non, a miña gran compi e amiga MIREN ,que sin desmerecer a ningúen, creo sinceramente que se merecía un posto moitísimo mellor. Miren, que saibas que para min e moitísimas persoas máis que te seguen a diario, eres PEONZA DE  OURO sen lugar a dúbidas.


12 may 2013

SOMOS GAÑADORES DOS PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2013!!!!!!!!!



Lembrádevos que vos dixemos que quedáramos finalistas dos premios EDUBLOGS? Pois ben, onte a partir das 12, grazas a miña gran amiga Miren (eu non estaba na casa) entereime de que o noso blog AulaTic, ATOPÁBASE ENTRE OS CINCO GAÑADORES DESTA EDICIÓN DOS PREMIOS EDUBLOGS!!!!!! Son incapaz de trasmitirvos a gran ledicia que sentín non só por min senón polos meus alumnos. Se non fose polo marabilloso traballo que fan e polo que se esforzan, cada un según as súas posibilidades, este blog non sería o mesmo.
O día 8 de xuño, en Madrid, saberemos se gañamos unha das tres BUXAINAS ( a dourada, a prateada ou a de bronce) ou un DIPLOMA, pero ... Sabedes que? Dame exactamente igual cal gañemos porque para min XA É UN ENORME TRIUNFO CHEGAR ATA AQUÍ.
Quero desexarlle moita sorte, as catro blogs que son gañadores xunto co noso na categoria de BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS, todos moi bos e de moita calidade, e que son:


E tamén como non a miña amiga e compañeira de CLAUSTRO BLOG, Miren, do blog LA CLASE DE MIREN, a JOEL do blog EDUCACIÓ I LES TIC e a todos os blogs gañadores xa que moitos deles pertencen ao noso proxecto de blogs colaboradores como: AURORA do blog SOÑANDO SONRISAS, MARTA do blog EL BLOG DE LA PROFE MARTA, LAURA TUDÓN do blog EL RACÓ DE L´INFANT,...
Neste enlace podedes atopar todos os blogs gañadores:


E xa para rematar, agradecervos a todos os que visitades o blog os vosos comentarios de apoio tanto na nosa candidatura como na entrada anterior. Son unha gran motivación para nós.