Dende este blog queremos desexarvos a todos e a todas os que pasades por aquí que teñades un ¡BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE LEDICIA! Con esta felicitación gañamos o 2º premio no concurso de presentacións de Nadal convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
23 dic 2010
21 dic 2010
DECORANDO A CLASE E O CORREDOR
17 dic 2010
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebramos o festival de nadal no cole. Como estaba previsto representamos a obra de teatro: "Salvar o Nadal" escrita integramente polo noso compañeiro de ciclo Daniel Méndez. Aquí podedes ver ao noso Papa Noel Rubén e o seu axudante o elfo Jaime. Aparte da nosa obra houbo moitas máis actuacións: a clase de Patri e Lucía fixeron unha obriña de monicreques sobre os Reis Magos, ademáis houbo panxoliñas de Nadal a cargo do coro, o baile do Waka Waka de actividades extraescolares, baile galego, e tamén outro baile con interpretación dos nenos e nenas das profes Melu e Patri e José Pena cantounos en playback unha fermosa canción de Dioni Martin que adicou á súa profe Digna que estes días non poido vir ao cole.
Algúns nenos posiblemente xa non veñan a semana que vén por iso hoxe levamos para clase o prato de Nadal que fixemos. Como xa temos fotos de Jaime, Rubén e Luís Miguel facendo o seu prato do gato, hoxe vos deixo as fotos de Lara que se incorporou máis tarde á nosa clase e non puido facer o outro.
Algúns nenos posiblemente xa non veñan a semana que vén por iso hoxe levamos para clase o prato de Nadal que fixemos. Como xa temos fotos de Jaime, Rubén e Luís Miguel facendo o seu prato do gato, hoxe vos deixo as fotos de Lara que se incorporou máis tarde á nosa clase e non puido facer o outro.
16 dic 2010
PREMIOS DE NADAL
Hoxe tivemos un día moi completo. Despois do recreo soubemos quenes foron os gañadores do concurso de tarxetas de Nadal e Jaime Dragó da nosa clase foi un dos gañadores. Aquí tedes dúas fotos de Jaime, na primera amosándonos a súa tarxeta gañadora por si non lembrades como era e na segunda orgulloso cos seus regalos despois de recibir o premio.¡FELICIDADES JAIME!
15 dic 2010
REGALO DE NADAL
Hoxe tivemos o primeiro regalo de Nadal. O noso compañeiro José Pena da clase do lado, regalounos este calendario que fixo no taller de carpintería, para que saibamos sempre a data na que estamos. MOITÍSIMAS GRAZAS JOSÉ POR TAN FERMOSO REGALO.
10 dic 2010
DESCUBRINDO A NOSA NATUREZA
Hoxe fomos a escoitar unha charla sobre a Natureza. Aprendimos moitas cousas: que as xoaniñas eran boas porque comían pulgóns, que as abellas facían o mel... Escoitamos sons de vacas, pitas do monte e algúns máis. Tamén aprendimos cousas sobre os bosques, os ríos e os mares: que había árbores como o castiñeiro e o carballo, troitas nos ríos e serpes de auga que non eran velenosas.
Por último, Nati nos explicou que si queremos conservar a Natureza temos que reciclar, non ensuciar e recoller o lixto e ter coidado cos incendios.
Jaime Dragó
9 dic 2010
ESPÍRITU NADALEIRO
É chegar o mes de decembro e nas rúas e no colexio xa se sente o espíritu nadaleiro. Empezamos a adornar a nosa clase , a poñer murais polos corredores e fixemos as tarxetas de Nadal para o concurso do cole. Tamén estamos a preparar unha obriña de teatro "Salvar o Nadal" que escribiu o noso compañeiro de ciclo Dani Méndez e que imos tentar representar o día 17 no Festival de Nadal.
Estes somos nós e as nosas tarxetas Nadal, esperamos que vos gusten.
Grazas a Jessica do blog "BONITOOH" que fai verdadeiras marabillas e me cedeu as imaxes puiden facer este libro lim sobre as tradicións de nadal con actividades para Educación Infantil e Primaria ( cando está en pantalla completa non deixa escribir ).
6 dic 2010
1 dic 2010
¿IGUAIS? SI, PERO DIFERENTES
Na actualidade hai máis de 500 millóns de persoas no mundo que padecen algunha discapacidade de tipo física, mental o sensorial, e dicir, aproximadamente o 10% da poboación mundial.
A celebración anual do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, ten como meta fomentar a comprensión dos asuntos relativos á discapacidade e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas discapacitadas. Preténdese acadar que as persoas discapacitadas disfruten dos dereitos humanos e participen na sociedade de forma plena e en condicións de igualdade, obxectivo establecido polo Programa de Acción Mundial para as persoas con discapacidade que adoptou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1982.
Grazas a Elizana, do blog "SONRISA DE MIL COLORES" atopeu este libro "Nin máis, nin menos. A discapacidade explicada aos nenos e as nenas" que considero moi interesante e vos acosello que leades.
E nestes días circula pola rede este fermosísimo relato de Isabelle Carrier, no que a autora recrea o día a día dun neno "diferente": as súas dificultades, as súas cualidades, os obstáculos que ten que afrontar ...
Adicado a esas personas extraordinarias que saben apreciar a todos os «Lorenzos» que arrastran un cazo polo mundo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)