Nesta entrada queremos amosarvos algunha das manualidades navideñas que fixemos e como decoramos a nosa clase e o corredor.
Para a porta , aproveitamos a coroa de Rudolph que fixemos o ano pasado, era unha mágoa tirala, que era moi bonita:
Para as ventás recortamos unhas bólas cunha árbore de Nadal dentro, foi moi difícil porque ao principio cortabamos tamén a árbore pero ao final conseguimos facelo ben NÓS SOÍÑOS e tamén fixemos botas, campás e bolas recortando papel de seda de distintas cores:
Como o mural do Belén tivemos que levalo para a entrada principal, o noso corredor quedaba moi baleiro, por iso aproveitamos unha árbore de Nadal que había dunha obra de teatro do ano pasado, o cubrimos coas nosas mans e lle puxemos bolas de cores cun laciño e como nos gusta moito facer cadenetas pois improvisamos un Papa Noel cunhas barbas delas:
Pero sin dúbida, o que máis, máis nos gustou facer (aparte do Belén, claro) foi os nosos PAPA NOELES cunhas botellas de refresco, estamos desexando levalos para casiña:
E polo de agora, xa non nos dou tempo a facer nada máis, estamos rematando de gravar un conto para poñer no festival de Nadal, que xa vos amosaremos cando estea rematado ademais de ensaiar a panxoliña do Galo Pinto. Esperamos que vós guste todo o que fixemos.