Hoxe rematamos o segundo trimestre do curso, e dado que é o
DÍA DA AUGA que mellor xeito de facelo que falando da auga e do seu uso responsable. Grazas a un libriño de José Miguel de la Rosa, que atopamos no seu blog
ACTILUDIS (ao que lle borramos o texto para poder facelo en galego) aprendimos e lembramos todo o que podemos facer para aforrar auga como ... ducharnos en vez de bañarnos, pechar a billa cando nos lavamos os dentes, aproveitar a auga de lavar a froita e a verdura para outras cousas como lavar o coche, poñer a lavadora e o lavalouzas só cando estea cheo, arregrar as billas que gotean ,...
Mirade como o fixemos:
Si clicades na imaxe podedes acceder ao libro en castelán da páxina de Actiludis:
MOI FELICES VACACIÓNS DE PASCUA PARA TOD@S!