Imaxe de http://imagenesbonitas.bosquedefantasias.com/
31 dic 2016
22 dic 2016
FELICITACIÓN DE NADAL
Para felicitar ás nosas familias, fixemos estas fermosas "tarxetas deslizantes". Estas tarxetas teñen "truco".
Cando están pechadas, vémolas así:
Pero se tiramos polos lazos, ...
Queredes saber como se fan? Aquí vos deixamos este titorial.
Cando están pechadas, vémolas así:
Ademais, queremos aproveitar para desexarvos...
18 dic 2016
DECORACIÓN DE NADAL
Despois, fixemos copos de neve e estreliñas verdes para crear a bonita árbore que está na nosa ventá:
Para facelos copos de neve, utilizamos esta sinxela plantilla que vos podedes descargar:
Continuamos facendo esta sinxela coroa que vimos na páxina de Krokotak:
Queredes saber como se fai?
E agora estamos a escribir a carta aos Reis Magos que nos visitarán o próximo día 21, ensaiando para o festival de Nadal e facendo unha tarxeta para levar a casa.
16 dic 2016
O CICLO DA AUGA
En ciencias sociais, no segundo tema, andamos a estudar o Ciclo da Auga. Para que nos quedase moi clariño, vimos este video de Happy Learning:
Y esta aplicación, coa que ademais de aprender practicamos:
Ademais, fixemos un despregable que pegamos na libreta :
Montaxe feito en Collage Idea orixinal sacada da Web do Maestro
E tamén esta roda que atopamos na mesma Web e que adaptamos ao galego:
Aquí vos deixamos as plantillas que utilizamos por se vos poden resultar útiles:
10 dic 2016
UN PROXECTO ENTRE TODOS: SEGUIMOS AQUÍ
Como xa vos
dixemos, desde hai un tempo, publicamos unha entrada trimestral coas
actualizacións de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Estamos moi contentas de ver que o
proxecto segue vivo. É evidente que cada vez é máis difícil que os temas que
plantexamos para traballar cos nosos alumnos no estean xa dentro do SITE de UN
PROXECTO ENTRE TODOS, pero hai que recoñecer que sempre aparecen temas
sorprendentes e orixinais. Estes son os temas novos deste trimestre:
Veterinario, vacacións, superhéroes,
prehistoria,
resfriado, o reciclado, a diversidade e a petanca.
resfriado, o reciclado, a diversidade e a petanca.
Hoxe vos presentamos en primeiro lugar a lista de blogs
participantes actualizada. Son 6 os novos blogs participantes, benvidas Mª
Ángeles, Vanessa, Ángela, Mónica, Patricia e Concha.
Tamén aproveitamos para deixaros o noso symbaloo actualizado con
todos os temas que recopilamos ata agora:
Volveredes a ter noticias nosas o próximo trimestre. Se alguén
solicita participar no proxecto e valoramos positivamente a súa solicitude,
pasará a formar parte do proxecto de xeito inmediato e comunicarémosllo ao
resto dos blog amigos na entrada trimestral.
Todos os enlaces recopilados continuaremos recolléndoos revisados,
filtrados e clasificados no SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Invitámosvos tanto
aos blogs amigos participantes como a todas as persoas que nos visitades, que
vos deades unha voltiña por este gran arquivador porque realmente merece a pena
utilizalo nos nosos proxectos. Aquí vos deixamos o enlace:
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/
E se tes un blog de educación e queres participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS só debes deixarnos un comentario nesta entrada xunto a un mail para que nos poñamos en contacto contigo. ANIMARVOS!!!!!!!!
MOITAS GRACIAS AOS BLOGS QUE XA PARTICIPARON NESTE CURSO
8 dic 2016
CONCURSO: FROITA UN BOTÍN SABOROSO
Despois do ben que o pasamos o ano pasado no concurso "Froita un botín saboroso" dos kiwis Zespri, no que aprendimos as beneficios das froitas, disfrutamos facendo experimentos coas mesmas, inventando personaxes ,... e tamén como non, na gran festa Kiwi que gañamos pola nosa participación; este ano tamén decicidimos participar no concurso, esta vez acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro.
Na tarefa 1, que fixemos en dúas sesións, coñecimos a Nadia, Lucas, Manuel e Luísa, os catro representantes do concurso, que nos levarán ao mundo marabilloso da froita, a saúde e o exercicio e nos darán a posibilidade de gañar unha gran FESTA PICNIC para todo o cole.
Na primeira sesión, fomos ao ximnasio. Alí, penduradas das espaldeiras, había catro imaxes, cada unha, dunha personaxe. O obxectivo era acadalas e para iso, xogamos a un xogo baseado no "1,2,3 zapatiño inglés" só que nós dicíamos:
Aquí tedes algunhas fotos do ximnasio:
Na segunda sesión, na nosa clase, puxemos un fragmento visual, no que cada unha das personaxes se presentaba, dicía cal era a súa idade, o seu hobbi favorito, o seu lugar favorito para facer un picnic e o que lle gustaba levar a el. Por exemplo:
Mentras viamos o fragmento, iamos cubrindo este cuestionario:

"1, 2, 3 picnic"

E como tod@s o fixemos estupendamente,dimos por rematada a TAREFA 1.
6 dic 2016
MANUALIDADES DE OUTONO
Nas clases de plástica, además das láminas que xa vos ensinamos tamén estivemos a facer unhas preciosas follas e uns bufos para adornar a árbore que está na entrada do colexio.
As follas, fixémolas utilizando esta plantilla que atopamos na páxina PED-KOPILPA:
E estas instruccións que atopamos na mesma páxina:
Collage feito con BeFunky.com
Collages feitos con Photomontager
4 dic 2016
FOLLAS DE OUTONO II
Na terceira lámina, traballamos as cores do outono, a simetría e a grafomotricidade. A cada rapaz/a, se lle repartiu esta lámina coa metade de catro follas distintas:
Primeiro debuxaron a outra metade de cada folla a lápis e cando estiveron contentos co resultado, a repasaron a rotulador permanente negro.
A continuación pintáronnas utilizando cores do outono: laranxa, marrón, amarelo, vermello, verde,...
Continuaron trazando cun rotulador da mesma cor da folla toda a silueta varias veces ata chegar ao borde do recadro.
Por último, recortaron as catro follas, pegáronnas nunha lámina do bloc de debuxo na orde que quixeron e puxéronlle título.
Así de ben o fixemos:
2 dic 2016
FOLLAS DE OUTONO I
Na segunda sesión de plástica, aprendimos cales eran as cores frías (azuis, verdes, morados,...) e as cores cálidas (amarelos, vermellos, laranxas,...) relacionándoas coa estación do outono.
Repartimos entre todos catro modelos distintos de follas que atopamos na páxina de Itsy Bitsy Fun e que podedes descargar gratuitamente dende a súa páxina ou clicando na imaxe de abaixo:
A consigna foi pintar cada unha das zonas delimitadas de dentro da folla con cores cálidas e as de fóra, con cores frías.
E así foi como nos quedaron:

A que nos quedaron moi vistosas e coloridas?
Na próxima entrada, amosarémosvos cal foi a nosa terceira lámina de plástica, tamén relacionada co outono.
30 nov 2016
TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS
Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".
Na clase, estivemos vendo cales eran eses dereitos e entre todos montamos un gran libro acordeón no que reflexamos algúns deles. Sheila encargouse do Dereito a ter un fogar, Carmen do Dereito a ter unha familia, Aitana do Dereito a xogar, Yago do Dereito a vivir en paz, Adrián do Dereito a que nos queiran e nos protexan, Paz do Dereito á saúde, Alba do Dereito a ter un nome, Ainoa e Miguel do Dereito á educación e Enma do Dereito a expresarnos libremente.
Nestas fotos podedes velo máis polo miúdo:
A portada:
E as páxinas de dúas en dúas:
Esperamos que vos guste tanto como a nós.
21 nov 2016
CELEBRAMOS O MAGOSTO
O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. O día anterior, preparamos na clase estas bolsiñas onde gardar as castañas. A idea orixinal é do blog La classe de la maestra Valentina. Ollade como nos quedaron a nós:
Sobre as doce, saímos ao patio e alí poidemos degustar as ricas castañas asadas e os chourizos que asaron o profe Antonio e o noso conserxe Jorge. Moitas grazas aos dous. Tamén temos que darlle as grazas á nosa ANPA que foi a que unha vez máis, nos proporcionou as castañas de xeito gratuíto.
Afortunadamente o tempo acompañou e sabedes que?
A que nos quedaron moi xeitosiñas?

PASÁMOLO FENOMENAL.
11 nov 2016
AS MACI OLIMPIADAS: BANDEIRA E LEMA
Como xa vos informamos na derradeira entrada do proxecto das Maci Olimpiadas, o deporte sobre o que nos tocou investigar foi o ESGRIMA.
O seguinte paso, foi inventar un lema e unha bandeira para a nosa clase que nos representase, que podía ser tanto sobre o deporte e as olimpiadas en xeral, como na esgrima en particular.
Primeiro tiñamos que elexir un lema. Para iso, trouxemos da casa, un ou máis lemas inventados, que a profe escribiu na pizarra. A continuación cada un de nós, votou os dous que máis lle gustaron e estes foron os resultados da votación:
ENMA: Se che gusta o esgrima, apúntate coa túa prima. III
ADRIÁN: Asómate ao mundo da espada.
ALBA: Se fas deporte, serás máis forte. I
YAGO: Fai esgrima e terás un gran desafogo.
PAZ: Para ter autoestima, fai esgrima.I
As olimpiadas non teñen paradas.
Para ser un campión, fai exercicio a mogollón.I
Nas olimpiadas todos somos campións. II
A esgrima é unha rima. I
AINOA: Ven a facer esgrima, divertiraste moito.
CARMEN: Se che gusta o esgrima, come mandarina. III
SHEILA: Se queres aprender esgrima, colle a espada e ven connosco. I
MIGUEL: Non deas grima e fai esgrima.IIIII
Fixemos unha segunda volta, cos tres lemas que obtiveron máis puntuación que foron os de Enma, Carmen e Miguel. Nesta segunda volta, voltou a gañar o lema de Miguel que foi o que eleximos finalmente:

"NON DEAS GRIMA E FAI ESGRIMA"
Unha vez elexido o lema, quedábanos por inventar a nosa bandeira. Cada un deu a súa opinión sobre como quería que fose. Primeiro se iamos poñer persoas facendo esgrima ou tan só as espadas, que iamos poñer de fondo,... Pouco a pouco a idea da nosa bandeira ía debuxándose cando de repente todo deu a volta. Alguén suxeriu facer a Bob Esponja facendo esgrima e a partir de aí entre todos decidiron que máis ía ter.
Queredes ver o resultado? Pois aquí o tedes. Esta é a nosa bandeira na que non quedou ninguén sen colaborar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)