30 nov 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Actualización de decembro



SEGUIMOS E SEGUIMOS A MEDRAR!!!

Coma todos os meses, vos presentamos a lista de blogues colaboradores actualizada. Este mes, incorpóranse 5 novos blogues a UN PROXECTO ENTRE TODOS. Blogues que se unen a esta aventura de recopilación de recursos para a elaboración de proxectos temáticos. En primero lugar, lles damos a benvida aos cinco e en segundo lugar aquí tedes a lista actualizada:



E ... para todos aqueles blogues que se animan a apuntarse a este proxecto colaborativo, lles invitamos a visitar o SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, onde atoparán toda a información necesaria, asemesmo poden deixar unha solicitude de participación nun comentario nesta mesma entrada.

Lembrámosvos que no SITES tamén podedes atopar todos os enlaces de axuda recopilados, filtrados e organizados.



E finalmente e coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

27 nov 2012

COAS MIÑAS MANS PODO ...

Onte  estivemos a falar na clase de como podiamos resolver os nosos conflictos sen necesidade de utilizar a violencia e de cousas que nos gustaban facer coas mans. Despois de todas as cousas que se dixeron, cada un, elexiu dúas delas para escribilas dentro dun corazón e poñelas nas súas mans. Estas son as palabras que elexiron:

CARLOS: Xogar e pintar.

JONI: Debuxar e aplaudir.

LETI: Escribir e abrazar.

ERIKA: Agarimar e saúdar.

Despois para rematar, pegamos as nosas mans nun papel violeta e escribimos o título e a data para que non se nos esquecera.


Idea de Vane, do blog EN LA ESCUELA CABEN TODOS

E VOS, QUE POÑERIADES NAS VOSAS MANS?

25 nov 2012

25 DE NOVEMBRO

Imaxe vista no facebook de PASITOS DE COLORES

Hoxe ,non direi celebramos porque non hai nada que celebrar, é o "Día Internacional Da Non Violencia hacia as mulleres". Como a semana pasada non tivemos tempo a falar na clase, dun tema tan importante como éste, farémolo mañá, falando non só da violencia que existe no mundo hacia as mulleres senón tamén no mesmo cole, da violencia  hacia os nosos compañeros ou hacia nós mesmos. Falaremos da resolución pacífica de problemas e pensaremos algúns bos usos que se lles poida dar as nosas mans. E todo isto intentaremos plasmalo nun sinxelo cartel. Pero non debemos esquecer que non todo o maltrato é físico, tamén hai outros tipos de maltrato como este que podedes ver a continuación, o chamado "maltrato sutil"


No blog da nosa amiga Belén, CASA DE TOLOS, tomamos prestado este fermoso conto LOS COLORES (que ela atopou via Patricia Pena, tamén amiga nosa do blog FALANDO ENTÉNDESE A XENTE) co que, como din a propia autora NUNILA LÓPEZ e a ilustradora do mesmo MYRIAM CAMEROS, se traballa a coeducación e a importancia de contarlles aos nen@s e non tan nen@s, a necesidade do feminismo nunha sociedade todavía tan machista.



E para rematar, gustaríame poñer este slogan que vin nun cartel da CRUZ ROJA:

TODOS OS DÍAS SON O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, NIN HOXE ,NIN NUNCA.



Imaxe vista no blog do IES EMILIO MUÑOZ


* No blog da miña amiga Blanca, ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL, acabo de atopar este fantástico glogster, feito por ela mesma, con estupendos recursos para traballar a coeducación cos nosos rapaces. Aquí volo deixo:


20 nov 2012

CELEBRANDO O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe  celébrase o Día Universal dos Dereitos dos Nenos. Todos e cada un destes dereitos que están recollidos na DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO e na CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO,  son inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa debe vulneralos e todos debemos coñecelos. No seguinte video podemos ver cales son algúns deses dereitos:



Ainda que xa onte, estivemos a falar de cales eran os principais dereitos de todos os nenos e as nenas, hoxe continuamos a nosa conversación sobre os mesmos e entre todos decidimos ilustralos. Así de bonitos nos quedaron:




E despois do recreo, fomos ao aula de informática xunto cos nosos compañeiros da clase da profe Digna , e alí na PDI estivemos vendo o video da poesía de Gloria Fuertes, PACO PICA, EL NIÑO AJO e facendo as actividades do libro LIM sobre o mesmo:



Ao longo da semana seguiremos traballando esta poesía e  trataremos de aprendela.

18 nov 2012

GLORIA FUERTES E OS DEREITOS DOS NENOS


Este martes, día 20, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. No blog da Biblioteca Gregorio Marañón atopei este video que me gustou moito subido pola Plataforma de Infancia que cada ano conmemora este día para lembrar que todavía hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades de acadar os seus dereitos porque como ben din, na descripción do video, un Dereito é o poder que temos para facer, sentir ou pensar e que ninguén pode quitarnos.



Ao longo desta semana traballaremos os dereitos fundamentais dos nenos e nenas. Para iso, ademais do glogster que xa coñecedes, que preparei o ano pasado ...



E dado que estamos participando no Proxecto Colaborativo Libro Virtual sobre  Gloria Fuertes, coa axuda da miña amiga Mª Pilar Argés do blog CUADERNO DE COLORES que me fixo as fermosas ilustracións, preparei este video e este libro lim sobre o Poema de Gloria Fuertes: "PACO PICA, EL NIÑO AJO" co que traballaremos o DEREITO á EDUCACIÓN,  á IDENTIDADE e á IGUALDADE entre outros moitos valores.
Este é o video:


E este o libro LIM:


https://dl.dropbox.com/u/14722558/PACOPICA/ninoajo.html

E para seguir traballando a poesía na clase, coa mesma portada, preparei tres tipos de fichas distintas para que ademais dos meus alumnos e alumnas as poidan utilizar outros alumnos do centro:

Xa vos iremos contando todo o que fagamos.

16 nov 2012

COÑECENDO A GLORIA FUERTES

Como podedes ver na barra lateral, a nosa clase participa no proxecto colaborativo libro virtual sobre Gloria Fuertes ( en adiante PLVGF) coordinado por Lourdes Giraldo, para todos os niveis educativos e con distintas actividades interactivas para acercar á poeta dos nenos aos escolares e fomentar a lectura e escritura co ordenador. No proxecto participan 156 mestres de  distintos lugares tanto de España (a maioría) como de fóra do noso país. Este é o video de presentación do proxecto:


A nós correspondeunos o capítulo 28 do libro. Premede na imaxe:


Pois ben, esta semana entre Samaín e Magosto estivemos coñecendo un pouquiño da vida desta gran poeta.  No ordenador de clase estes días vimos a seguinte presentación:



Mirade que atentiños estabamos: 


E para reforzar o que vimos no video, fixemos estas fichas:


Aquí vos deixamos o orixinal por se alguén lle resulta útil:

 

E AGORA QUE XA COÑECEMOS UN POUQUIÑO DA SÚA VIDA,  NOS PRÓXIMOS DÍAS COMEZAREMOS A COÑECER A SÚA OBRA.

15 nov 2012

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Hoxe celebramos o Magosto no cole. Na entrada xa se podía ver o cartel e a nena que fixemos na clase así como as dúas castañas que fixo a profe Patri e a exposición de froitos de outono que na que colaboramos co equipo de Normalización Lingüística.



Unha vez na clase limos o conto: "OS BOLECHAS FAN UN MAGOSTO" de Pepe Carreiro  que podedes atopar na editorial A NOSA TERRA e que lles gustou moito:


Despois, as once e media, baixamos todas as clases ao Salón de Actos. Alí, o equipo da Biblioteca capitaneado polas profes Patri e Lucía, tíñannos preparado o conto "A CASTAÑA CATARINA" que atopamos no libro O MAGOSTO do Colectivo "Ollo de Sapo" (editorial IR INDO) e que ilustramos entre todas as clases do cole. Vede que bonitiño nos quedou:



Despois do conto, xuntámonos todos e collidos das mans, bailamos esta canción que se titula "MAGOSTO" e que está incluida no disco "13 LÚAS":




E xa para rematar, degustamos  unhas riquísimas castañas cocidas e asadas. Aquí vos deixamos algunhas fotos da celebración:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


  1. QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!!

11 nov 2012

PREPARANDO O MAGOSTO...

O vindeiro xoves celebraremos no cole a festa do MAGOSTO (ou CASTAÑADA como lle chaman  noutros lugares). Durante  a semana estivemos a preparar os bolsiños nos que imos a meter as castañas.
A partir desta fotografía que atopamos en internet:

                            Queres saber onde? Clica na imaxe

ocurréusenos facer un bolso similar pero utilizando a forma dunha castaña no lugar da cabaza. Dito e feito, modificamos a  plantilla



co retroproxector ampliámola ata un tamaño algo maior cun A3 en cartulina marrón


Despois de montalas, así nos quedaron:


COMO O FIXEMOS?




E agora que xa temos listos os nosos bolsiños, esta semana ambientaremos un pouquiño o cole e na clase traballaremos con estes recursos EN GALEGO sobre o Magosto que preparei  en anos anteriores:



8 nov 2012

AQUÍ TAMÉN SOMOS VERDES


Hai tempo que tiña programada esta entrada pero por unhas cousas e outras sempre me quedaba por subir. Ao longo deste curso propóñome concenciar aos meus alumnos e alumnas do importante que é coidar o noso medio ambiente así como do papel que xogan na conservación do mesmo. Ademais doutros, espero que acaden principalmente estes tres obxectivos:

- O gusto pola reciclaxe dentro do noso contorno escolar
- A capacidade de crear materiais novos e útiles desenvolvendo a súa creatividade e imaxinación
- Adoptar unha actitude de consumo responsable e aproveitamento de recursos

Por iso,  a principios de curso, na clase falamos dos contenedores que hai para reciclar o lixo e que vai en cada un deles e decidimos facer uns para a nosa clase. Empezamos forrando unhas caixas con papel continuo verde, amarelo e azul. Despois  coloreamos uns debuxos para pegalos por diante de cada contenedor e así ter moi clariño que podíamos tirar en cada un. Así é como o fixemos:




Así de bonito quedounos o noso recuncho da reciclaxe



E para que vexades que RECICLAR tamén pode ser moi divertido, aquí vos deixamos este video dos "ANIMAIS SALVAN O PLANETA":


E uns entretidos xogos sobre a reciclaxe cos que ademais de pasalo moi ben podemos aprender moítisimas cousiñas:







LEMBRADE:

6 nov 2012

PROXECTOS E MINIPROXECTOS

Na pestana superior de proxectos temos incluidos todos os proxectos e miniproxectos que imos facendo ao longo dos cursos. Como cada proxecto dura máis ou menos un trimestre (as veces máis dadas as características do noso alumnado) , para cada un deles temos un BLOGUE onde recollemos todo o que se vai facendo. Así  fixemos co proxecto dos NOSOS BOSQUES



 ou o de EDUCACIÓN VIAL


Pero cos miniproxectos é diferente. Éstes soen durar tan só unha semana ou dous polo que facer un blogue para cada creo que non procede. Así que para ter todo o traballo recollido decidín utilizar distintos recursos.
Para o miniproxecto do QUIXOTE, decidín incluír todo o material elaborado e utilizado nesta WIX:

clica na imaxe

e para o miniproxecto sobre CRISTOBAL COLÓN, neste GLOGSTER:




Así o temos todo moito máis organizadiño, non credes?

4 nov 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Actualización de novembro


Volvemos de novo para presentarvos a nova lista actualizada coa gran ilusión de comunicaron a incorporación a UN PROXECTO ENTRE TODOS de 9 novos blogues amigos. Ademáis entre eles, está o novo blogue dunha xa coñecida nosa, Vicen, que agora incorpórase de novo a UN PROXECTO ENTRE TODOS co seu novo blogue "Argonautas". A todas vos dicimos BENVIDAS!! Estamos encantadas de ver que imos medrando máis e máis ... O primeiro de todo, aquí vos deixamos a lista actualizada:




Coma sempre, só temos palabras de agradecemento para todos os blogues que participaron dende que comezou o curso, ben sexa a través dunha entrada de axuda, ben sexa aportando enlaces de axuda. Dende que comezou o curso 2012-2013, xa se presentaron 13 novos temas:

- GATOS
- LAGARTIXA
- ROBOTS
- MEXILLÓNS
- IDADE MEDIA
- ELEFANTES
- VELÁZQUEZ
- MOTOS
- DRAGÓNS
- VOLCÁNS
- MEDO
- LEÓNS
- MAORÍES

Todos os enlaces de axuda recopilados, xa se atopan filtrados e organizados dentro do SITES  de UN PROXECTO ENTRE TODOS, co que xa chegamos á cantidade de ...

40 TEMAS RECOPILADOS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS EN INFANTIL E PRIMARIA



E finalmente e coma sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS POR TODO
ANA ,FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA

2 nov 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE


Así é como estaba este mércores a entrada do noso colexio. Levamos para alí as botellas que decoramos na nosa clase e o Jack O´Lantern así como varias caveiras,  morcegos e mouchos que fixemos na clase con cartulina negra:




A todo isto lle engadimos unhas fantásticas láminas sobre as orixes do Samaín que nos proporcionou a profe Digna e  unhas cabazas da profe Lucía.

Despois grazas ao equipo de dinamización da biblioteca, capitaneado polas profes Lucía e Patricia, disfrutamos primeiro de sesión de contacontos na biblioteca ...

Unha vez alí, estaba esperándonos unha MEIGA (a profe Patricia) que nos contou un terrorífico conto : "CABEZA DE CABAZA"



coa colaboración da profe Lucía no papel de neno protagonista:


Pasamos un rato moi divertido. Moitísimas grazas ás dúas:


Pero non rematou aquí a cousa. Tamén dende o equipo da biblioteca, estes días nos corredores podiamos ver este cartel:


Pois sí, despois do recreo fomos ao salón de actos. Cando xa estabamos todos sentados, de súpeto apagouse a luz, empezou a sonar a canción SAMAÍN do grupo Mamá Cabra, e non volo ides crer, no noso salón de actos apareceron .... PANTASMAS e a mesma MEIGA de antes. Viñan con cabazas que alumeaban! Que medo pasamos! (tedes que perdoar pero a calidade das fotos é malísima)



Cando remataron o seu desfile, encendéronse as luces e empezou a soar a música. Todos nos levantamos dos nosos asentos e nos puxemos a bailar (incluso moitos dos profes). Pasámolo moi pero que moi ben. Aquí vos deixamos un adianto das fotos.



Próximamente subiremos á páxina web do cole, os videos e algunhas fotos do día de hoxe e deixaremos un enlace para que poidades velas.

E ainda que a noite de samaín xa pasou... con este fermoso selo que me fixo Liliana quero desexarvos a tod@s  MOI FELIZ SAMAÍN !!!!!!!