Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLÁSTICA. Mostrar todas las entradas

4 dic 2016

FOLLAS DE OUTONO II

Na terceira lámina, traballamos as cores do outono, a simetría e a grafomotricidade. A cada rapaz/a, se lle repartiu esta lámina coa metade de catro follas distintas:


Lámina atopada no SlideShare Outono de Cristina Moreira

Primeiro debuxaron a outra metade de cada folla a lápis e cando estiveron contentos co resultado, a repasaron a rotulador permanente negro.

A continuación pintáronnas utilizando cores do outono: laranxa, marrón, amarelo, vermello, verde,...

Continuaron trazando cun rotulador da mesma cor da folla toda a silueta varias veces ata chegar ao borde do recadro.

Por último, recortaron as catro follas, pegáronnas nunha lámina do bloc de debuxo na orde que quixeron e puxéronlle título.

Así de ben o fixemos:










2 dic 2016

FOLLAS DE OUTONO I

Na segunda sesión de plástica, aprendimos cales eran as cores frías (azuis, verdes, morados,...) e as cores cálidas (amarelos, vermellos, laranxas,...) relacionándoas coa estación do outono.

Repartimos  entre todos catro modelos distintos de follas que atopamos na páxina de Itsy Bitsy Fun e que podedes descargar gratuitamente dende a súa páxina ou clicando na imaxe de abaixo:


A consigna foi pintar cada unha das zonas delimitadas de dentro da folla con cores cálidas e as de fóra, con cores frías.

E así foi como nos quedaron:






A que nos quedaron moi vistosas e coloridas?

Na próxima entrada, amosarémosvos cal foi a nosa terceira lámina de plástica, tamén relacionada co outono.



19 oct 2016

REMATA O DEBUXO

(Podedes descargar de xeito gratuito a plantilla clicando na imaxe)

Na primeira ficha de Plástica, a cada rapaz e rapaza, deille unha ficha que atopei en Internet en inglés e que traducín ao castellano,  na que só había dous trazos: unha línea curva hacia arriba e unha espiral. Pedinlle a cada un que a partir delas, fixeran un debuxo e esto foi o que saíu:

- Un caracol subindo por unha escaleira de Enma:


- Un elefante de Adrián:


- Un vampiro de Ainoa:


- Unha mazá de Sheila:


- Un globo de Miguel:


- Unha rapaza de Paz:


- Un río de Aitana:


- Unha cara triste de Yago:


- Unha cara dunha rapariga de Alba:


- E por último unha carroza de Carmen:


GÚSTANVOS? A QUE SON MOI CREATIVOS?

19 jun 2016

O NOSO XARDÍN FLORIDO

Así de bonita nos quedou a nosa derradeira lámina de plástica:




A idea orixinal, sacámola da páxina de Krokotak

12 jun 2016

PAXAROS NO HORIZONTE

En plástica, estivemos a facer estas sombras de paxaros co distintas tonalidades dunha cor por detrás. Ollade que bonitos nos quedaron:



Collage feito en https://www.befunky.com

Gústanvos?

9 ene 2016

FOLLAS "POP ART"


Unha das actividades que fixemos en Plástica, no primeiro trimestre, foi facer follas ao estilo "Pop Art".

Primeiro aprendimos como se debuxan follas, grazas a esta imaxe que atopamos no blog  "TOTALLY TOTS":



Ollade, ollade:

Unha vez que xa tiñamos a nosa folla debuxada e repasada con rotulador negro, coa axuda dunha regra, debuxamos varias lineas dun extremo a outro da folla para dividila en distintas seccións:


Despois, en cada sección alternamos, cores lisas con debuxos de distintos patróns, tipo ...


 
ou outros que se nos ocurrisen.

Xa para rematar, algúns  soamente pintaron a folla:



E outros pintaron tanto a folla como o exterior:


GÚSTANVOS?

19 oct 2015

LÁMINA 1 DE PLÁSTICA : ÁRBORE DE OUTONO

A nosa primeira lámina de plástica consistiu en facer unha árbore que vimos en Pinterest. Ademais de servirnos para traballar o uso do compás, da regra, as medidas, as cores cálidas, as cores frías, tamén nos serviu para traballar a nosa creatividade. Así é como o fixemos:

1º)  Debuxamos un círculo de 7cm de radio nunha folla do noso blog de debuxo:


2º) Medimos coa regra e dividimos a lámina en cadradiños de 3cm :


3º) Dentro do círculo debuxamos as ramas dunha árbore que continuamos hacia abaixo co tronco. Despois a repasamos con rotulador permanente negro e a decoramos por dentro como máis nos gustou:


4º) Xa para rematar, utilizamos cores cálidas como o vermello, laranxa, amarelo, ... para pintar os cadrados de dentro do círculo e cores frías como os azuis e os verdes para pintar os cadrados de fóra:


5º) E aquí tedes o resultado final. Gústavos:




A QUEN SON UNS GRANDES ARTISTAS? NON SI?

28 mar 2015

DEBUXAMOS EN PÁXINAS DE XORNAL


Como xa vos contamos con anterioridade, dentro do noso traballo da SEMANA DA PRENSA, fixemos uns debuxos tomando como base unha folla de xornal. Agora que xa os rematamos queremos ensinarvos como nos quedaron:


GÚSTANVOS?