Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATEMÁTICAS. Mostrar todas las entradas

27 jun 2017

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos:


4 feb 2017

E VAI DE FRACCIÓNS

Imaxe de ClipArtHut

Quen dixo que as matemáticas son aburridas? Neste último tema de matemáticas, estivemos a ver as fraccións e unha das actividades que fixemos foi este XOGO DE RULETA de recoñecemento de fraccións que atopamos na páxina de ACTILUDIS
Imaxe de Actiludis

So precisamos unha plantilla (que podedes obter se clicades na imaxe de arriba), un lapis, un clip e pinturas. Nós, comezamos xogando de dous en dous como viña nas instruccións, pero despois emocionámonos e rematamos xogando de tres en tres, de catro en catro, ...

Pasámolo moi ben ao mesmo tempo que practicamos, iso si, estabamos moi concentrados para non perder detalle. Ollade as nosas caras:


No noso google sites de matemáticas, podedes acceder a distintos recursos e información sobre as fraccións. Clicade na imaxe:


https://sites.google.com/site/matematicasencuarto/tema-6

15 nov 2013

FACEMOS MATEMÁTICAS


No noso proxecto sobre a vendima tamén están presentes as matemáticas. Así que ademáis de estimar, facer gráficas,... que xa vos amosamos noutra ocasión, utilizamos o centro de interés das uvas para aprender conceptos como DENTRO/FÓRA, GRANDE/MEDIANO/PEQUENO, contar ou facer sumas.

Con estas fichas:





E con estes dous novos xogos de contar que engadimos ao noso RECUNCHO MATEMÁTICO :

- Dúas rodas de uvas para contar e colocar pinzas:


- E unha nova plantilla de uvas para a nosa máquina dos tapóns:


1 oct 2013

A VOLTAS COAS MATEMÁTICAS

Esta fin de semana, asistín ao I Encontro Matemático para Educación Infantil e Primaria organizado pola Asociación AGAPEMA . Foi un día moi intenso no que aprendín moito da man doutros compañeiros de profesión que nos falaron do traballo que realizan nas súas aulas. Debo destacar  a conferencia de Antonio Martín Adrían do CEIP Aguamansa en Tenerife que nos fixo recapacitar e replantexar senón a todos, si á maioria, o xeito de ensinar matemáticas aos nosos rapaces. Se queredes quedar igual que abraidados que eu, visitade a páxina web do seu colexio e ollade os videos.

Pero non só asistín como oínte, senón tamén como ponente, xa que din unha pequena charla de como traballamos as matemáticas na miña clase:


E como as traballamos? Pois así: