No noso centro temos a gran sorte de contar con servicio médico por iso lle propuxemos á doutora, Margarita, que nos dese unha charla sobre bos hábitos alimenticios. Margarita falounos do importante que é comer ben, na súa xusta medida, que se comemos pouco non temos forzas para xogar nin traballar e que se comemos de máis entón engordamos, nos cansamos moi pronto e podemos enfermar.
Para que o entendésemos todos, fíxonos unha pequena representación para que a todos nos quedara moi clariño cales eran os alimentos saudables e cales non. Así pois o noso salón de actos convertiuse nun pequeno RESTAURANTE onde tiñamos un CAMARERO e TRES CLIENTES moi distintos: un que era moi goloso (o noso Dani Torres), outro que non comía case nada (Manu Montoya) e unha que comía a comida do noso cole (Yolanda Crespo):
E non podían faltar no noso restaurante particular, as PROTEINAS, as GRAXAS e as VITAMINAS:
A través do que pedían os nosos clientes para almorzar, comer, merendar e cear, víamos claramente como o neno goloso engordaba sen parar (cada vez que pedían algo, o camarero levaba ao cliente ata as proteínas, vitaminas e graxas e según o pedido íanse metendo no bandullo tantas "pezas" como eran necesarias):
E que podemos facer para baixar eses quilos de máis? Pois moito EXERCICIO así que mellor xeito de rematar que bailando todos xuntos:
E para que na casa podades seguir aprendendo sobre a alimentación saudable, deixámosvos este caderno
E estes entretidos xogos: