31 may 2011

XORNADA DE CONVIVENCIA


Hoxe tivemos unha xornada de convivencia cun colexio de Santiago de Compostela: "A BARCIA". Pasámolo moi ben.
Cando chegamos ao aparcadoiro de Xoan XXIII en Santiago, xa nos estaban esperando.
Primeiro visitamos a catedral , deambulamos polas rúas da zona vella e fixemos unha paradiña nunha terraza para tomar un pequeno "piscolabis". A continuación paseamos pola Alameda. Estábase moi ben !!!!
Logo fomos ao colexio "A Barcia". Na entrada había unha pancarta de benvida que nos gustou moito.

Alí ensináronnos as instalacións : a aula multisensorial, psicomotricidade, a piscina, as aulas, ...  e o parque que era chulísimo. Divertímonos un montón nel.
Chegou a hora do xantar e todos xuntos compartimos unha comida riquísima. E para rematar tan fantástico día, os alumnos de A Barcia obsequiáronos cunhas preciosas pulseras feitas por eles que nos gustaron moitísmo.
Dende este blog queremos darlles as grazas por ser tan bos anfitrións e dicirlles que ESPERAMOS QUE O ANO QUE VEN NOS DEVOLVAN A VISITA.
Aquí vos deixamos as fotos deste día:

24 may 2011

CONTOS DE LOBOS


Hoxe tivemos teatro no colexio. O grupo GHAZAFELHOS , escenificounos o espectáculo "CONTOS DE LOBOS": unha serie de contos populares (Carapuchiña Vermella, Os sete cabuxos  e Os tres porquiños) onde interviñan lobos. A combinación destes contos con xogos de acrobacia, maxia e sobre todo moito humor fixo que tanto profesores como alumnos pasaramos un rato moi entretido. 

22 may 2011

OS BOSQUES, PROTAGONISTAS DO DÍA DA BIODIVERSIDADE


Dende que foi instaurado pola ONU en decembro do 2000, todos os 22 de maio celebramos o Día Internacional da Diversidade Biolóxica para commemorar a data na que se aprobou o Convenio sobre Diversidade Biolóxica. Este convenio define a biodiversidade como a variabilidade de organismos vivos (tamén os seres humanos) de calquera fonte, incluídos, entre outras cousas, os ecosistemas terrestres, mariños, outros ecosistemas acuáticos e os complexos procesos ecolóxicos dos que forman parte e dicir comprende a diversidade dentro de cada especie (xenética), entre as especies e dos ecosistemas. Asemesmo persegue tres obxectivos que son: a conservación da diversidade biolóxica, o uso sostible dos seus compoñentes e a participación xusta e equitativa dos beneficios derivados do uso dos recursos xenéticos.
Como este ano 2011 é o ano dos bosques ,  o Día Internacional da Diversidade Biolóxica é unha boa oportunidade para que a sociedade aumente a súa conciencia sobre a importancia destes ecosistemas e facer que crezan as accións para a súa protección e recuperación por iso o tema deste ano é "BIODIVERSIDADE E FLORESTAS".
A mensaxe de Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas para este día é o seguinte:
"Os beneficios dos bosques son sumamente amplos. Os bosques captan e almacenan auga, estabilizan os solos, albergan a biodiversidade e fan unha importante contribución á regulación do clima e dos gases de efecto invernadoiro que están causando o cambio climático.[...]insto a todos os sectores da sociedade a que renoven o seu compromiso coa ordenación, a conservación e o desenvolvemento sostible de todos os tipos de bosques para o noso futuro colectivo."
Para traballar o tema da biodiversidade cos rapaces e rapazas podemos ir á páxina da FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE PARA NENOS onde podemos atopar variados e entretidos xogos, contos e ademais moitísima información sobre a diversidade. Clica na imaxe de abaixo para acceder.

Tamén no portal de Castilla - La Mancha podemos atopar "BIODIVERSIDADE NO ESCONDITE SECRETO" con xogos, videos e información para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da conservación da biodiversidade e o medio ambiente.

Porque é fundamental tomar conciencia sobre a permanente interacción que temos os humanos cos componentes naturais en onde se desenvolven as nosas actividades e lograr así que as solucións plantexadas, para resolver os problemas ambientais, teñan validez, sexan viables e sostibles no tempo, conmemórase este 22 de Maio o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.

19 may 2011

CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas no cole. As dez e media fomos todos á Sala de Xuntas . Para empezar a profe Ana Sofía amosounos unha presentación en Power Point que fixo coa vida e obra de Lois Pereiro e todos os debuxos que fixemos para ilustralas. Quedou realmente moi bonita. Despois vimos e escoitamos a pequena biografía que fixemos cos nosos compañeiros da clase do lado e coa súa profe Digna e que ademais gravamos coas nosas voces.  A continuación Jaime Dragó, Rubén García, Iván Ferreira, Javier Crespo, Iago e o noso xefe de estudos Jesús, nos leron  poesías de Lois Pereiro. E para rematar vimos o conto: "O bosque encantado" que fixo a nosa profe coa axuda doutras profes do cole de Pazos: Cris, Isa e Mª Carmen para un grupo de traballo e que nos gustou moito, pero que moito. Proximamente o poñeremos no blog.
Aquí vos deixamos algunhas das fotos do festival. Non vos desesperedes porque tarda un pouquiño en cargar. A música que se escoita é Manu Clavijo musicando precisamente un poema de Lois, en Leonberg, "Canción última".

18 may 2011

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME POESÍA E IMAXE

Hoxe as 19:00 tivo lugar no Centro Cultural Carvalho Calero a entrega de premios e a inauguración da exposición do Certame Poesía e Imaxe, En Galego sen Filtro, organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. Dous alumnos do noso centro JAVIER CRESPO e ALFONSO ROMERO gañaron cada un na súa categoría.
Aquí podedes ver aos dous gañadores no momento de entrega de premios.


NORABOA RAPACES!!!!!!!!

E TI,MUSEAS?


Hoxe celébrase en todo o mundo o "Día Internacional dos Museos" para concienciar ao público en xeral sobre os papeis dos museos no desenvolvemento da sociedade. O tema deste ano é: "Museos e memoria". Xa que como dín na páxina oficial: " Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión do noso patrimonio natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especial. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir a nosa memoria individual e colectiva".
 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, promove un completo calendario de actividades para este día, que teñen por obxecto dar a coñecer os diferentes museos da nosa comunidade, a súa importancia e os seus contidos, a través de  presentacións de exposicións, visitas guiadas,, talleres infantís, films e campañas de promoción. O "Museo de Bellas Artes" de A Coruña, o "Centro Galego de Arte Contemporáneo", o "Museo do Mar de Galicia e Salinae", o "Museo Massó" de Bueu ou o "Museo do Castro de Viladonga", entre outros, propoñen unha serie de actividades que xa comezaron este pasado fin de semana e que se extenderán ata o vindeiro 20 de maio.
Para pasar un rato entretido e de paso aprender cousas sobre o arte , aquí vos deixo tres xogos que atopei na páxina oficial do "MUSEO DO PRADO" en Madrid.

DIFERENCIAS

 PAREJAS
                                                       CONECTAR

17 may 2011

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!!


O 17 de maio, todos os galegos celebramos o Día das Letras Galegas, un día onde destacamos a importancia da literatura no noso idioma, o galego. Cada ano dende 1963,  adícaselle este día a un escritor galego e este ano como xa todos sabemos o autor homenaxeado é LOIS PEREIRO, poeta monfortino que morreu con tan só 38 anos a causa do aceite de colza desnaturalizado.

¿QUE SABEMOS DE LOIS PEREIRO?

Naceu en Monforte de Lemos (Lugo) o 16 de febreiro de 1956. Con 17 anos marchou a Madrid a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía pero abandonou polos idiomas e a informática. Alí fundou xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño e máis o seu irmán Xosé Manuel Pereiro a revista Loia da que só sairían catro exemplares. De volta a Galiza compaxinou o seu traballo de tradutor co labor poético. En vida publicou dous libros de poemas: "Poemas"(1981-1991) e "Poesía última de amor e de enfermidade". Morreu na Coruña por unha intoxicación alimentaria en 1996. Trala súa morte publicouse o libro de poesía "Poema para unha Loia" e os oitos capítulos dunha novela que non chegou a rematar. "Náufrago do paraíso".


Esteamos lonxe ou cerca, non debemos deixar de amar a nosa cultura e a nosa lingua sen imposicións, con respeto, interese e curiosidade xa que como lin nalgún sitio: "o que se impón entra por medo e pronto se perde mentras que o que se amosa e se fomenta medra por si só". Esta canción vai adicada a todos aqueles galegos que hoxe están fora da súa terra.



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

15 may 2011

FELIZ DÍA DAS FAMILIAS



Hoxe celebramos o día internacional da familia. Hai moitos días internacionais que pasan sen pena nin gloria por falta de difusión. Isto é o que ocorre co día adicado á familia. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación acerca dos temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares. A celebración deste día, é unha oportunidade en todo o mundo, para que as familias amosen a súa solidariedade e reflexionen sobre como mellorar a relación entre todos os seus membros. Para que unha familia sexa feliz é indispensable que todas as persoas que a integran participen nos mesmos intereses, compartan gustos e aficións e se interesen os uns polos outros.
Na rede atopei algunhas imaxes (non están todas) do libro de Todd Parr "The family book". Gustáronme tanto que me decidín a facer un Issuu con el e este é o resultado:

Ademáis atopei as mesmas imaxes en blanco e negro para colorear. Estaban en portugués así que as pasei ao galego. Volo deixo aquí abaixo por si queredes descargalo.

13 may 2011

ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO


Ao longo desta semana seguimos traballando en torno a figura de Lois Pereiro, poeta monfortino ao que se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Fixemos un power point da súa biografía e lle puxemos as nosas voces, unha unidade didáctica para aprender máis cousas sobre el (cada un  ao seu nivel claro) que atopamos na páxina do SEMINARIO GALÁN, decoramos o noso corredor e ilustramos algúns dos momentos máis importantes na vida de Lois. Si queredes ver como nos quedaron as ilustracións aquí volas deixo.

NOTA

Estou comprobando que o PictureTrail coa biografía ilustrada de Lois Pereiro, metade das veces non se ve co Internet Explorer en cambio vese perfectamente con Google Chrome e co Mozilla Firefox, para aqueles que non podan velo volo deixo tamén en Issuu.

10 may 2011

VISITA A RECICLATERRA

Hoxe fomos de excursión a aula de Reciclaterra. Despois dun curto traxecto en autobús, chegamos a Mougá onde dúas monitoras moi simpáticas, Patricia e Gloria nos ensinaron a facer un xoguete con material de refugallo.


Despois, fixemos un percorrido pola aula e nos explicaron un montón de cousas sobre a reciclaxe. Deixáronnos meter as mans e tocar en todas as urnas menos claro está na do cristal pero sin dúbida onde máis disfrutamos foi metendo as mans e remexendo nas boliñas de porexpan. Se non o credes, vede as caras de felicidade que temos:

5 may 2011

MARCHA POR EUROPA


O vindeiro 9 de maio celebrarase o día de Europa . ¿Por que o nove de maio? Porque un 9 de maio de 1950,  Robert Shuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada  e poder desterrar para sempre a guerra deste continente ; por iso na Cumbre de Milán de 1985, os Xefes de Estado e de goberno decidiron celebrar o 9 de maio como o "Día de Europa".
A súa entidade política ven identificada pola BANDEIRA de cor azul con doce estrelas douradas no centro que representa a solidariedade e a armonía entre os pobos de Europa;

polo seu HIMNO "Oda a Alegría" que procede da Novena Sinfonía composta en 1823 por Ludwing Beethoven;

 polo seu LEMA ...
e pola súa moeda única, o EURO.
Neste día celébranse actividades e festexos que achegan a Europa aos seus cidadáns e unen aos distintos pobos. Aquí en Ferrol, o domingo 8 de maio celebrarase a segunda MARCHA POR EUROPA, un acto lúdico dirixido especialmente ás familias, nenos e mozos ferroláns. Sairá as 11:230 da mañá de Cantón de Molins e fará un percorrido con guías de turismo por algúns dos lugares máis emblemáticos de Ferrol, rematando de novo no Cantón de Molins. Ao mesmo tempo terá lugar unha competición deportiva "CARREIRA POR EUROPA:VOLTA A FERROL" polas rúas da cidade. Se tedes gañas de participar nesta competición tedes que facer a vosa incrición na seguinte dirección: www.championchipnorte.com. A data límite finaliza hoxe.

E se queredes aprender máis cousas sobre a Unión Europea e divertiros xogando no deixedes de visitar as seguintes páxinas:


2 may 2011

LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

 

Ao longo destas semanas, traballaremos sobre a vida e obra de LOIS PEREIRO, poeta monfortino a quen se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.
Neste video, podemos ver a súa biografía de forma moi sinxela e adaptada para educación infantil e o primeiro ciclo de primaria.


Tamén preparei este libro Lim sobre a vida e obra de Lois Pereiro  para traballar cos máis pequenos.


1 may 2011

FELIZ DÍA DA NAI!!!!!!!!!!!!!!!

A todas as nais: pasadas, presentes e futuras que visitades este blog queremos desexarvos que pasedes un ¡ FELIZ DÍA DA NAI!
Moitos bicos para todas.