E ASÍ FOI A NOSA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO:
- Comezamos falando do Día do Libro, que por que se celebraba hoxe, de para que serven os libros, se nos gusta ler ou non ,... e continuamos con Gloria Fuertes e o seu poema:
"DON LIBRO ESTÁ HELADO". Limos o poema e traballamos un pouquiño a comprensión facendo preguntiñas sobre el.
- A continuación a profe repartiunos uns marcapáxinas de Gloria Fuertes (que podedes atopar na entrada anterior) que pola parte de atrás tiñan escrito o poema. Ollade como nos quedaron:
-Xa que era o día do libro, quixemos escribir un así que coa axuda da profe fixemos un
LIBRO-LUPA do poema. A idea sacámola do blog de Mª José,
Desván de Palabras, se visitades o seu blog ademais de estupendísimos recursos, atoparedes un video explicativo de como se fai o libro. Cada un de nós fixo unha páxina. Primeiro escribimos con rotulador permanente e despois coloreamos cuns rotuladores especiais:
- Despois do recreo fomos á biblioteca onde Patricia e Lucía nos tiñan preparada unha estupenda obra de teatro: "A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR" baseada no libro do mesmo nombre de Roberto Aliaga:
Aquí vos deixamos un video do conto que atopamos en Internet:
- E para rematar unha atareadísima mañá, fomos á aula de informática para facer na PDI as actividades do libro Lim que publicamos na entrada anterior. Pero por problemas técnicos non puidemos facer case ningunha das actividades co cal seguramente voltaremos mañá: