Fonte: Obra Social NovaCaixaGalicia
Hoxe celébrase un día moi importante para nós os galegos; "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS".Cada ano adícase a un autor ou autora que traballa coa nosa lingua. Este ano o homenaxeado é ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aquí vós deixamos unha pequena biografía:
- Roberto Vidal Bolaño, fillo de Roberto e Carmen, naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950. Pasou os primeiros anos no barrio compostelá de Vista Alegre, estudando en distintos colexios e institutos da cidade.
- Con 12 anos comezou a traballar nunha empresa de recambio de automóbiles levando respostos por toda a cidade montado nunha bicicleta. Máis tarde traballou nunha axencia de viaxes, nuns almacéns, nunha tenda de electrodomésticos e nun banco.
- Aos 27 anos decidiu adicarse ao teatro. Fixo de todo: iluminador, decorador, electricista, director, actor, ... Chegou a fundar a súa propia compañía: Antroido.
- Escribiu máis de trinta obras teatrais, algunhas adicadas aos máis pequenos como "Touporroutou da Lúa e do Sol", "Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón". Tamén traballou no cine e en distintas series televisivas.
- Pola súa traxectoria recibiu numerosos premios como: O premio Abrente, o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro, o do Eixo Atlántico, o María Casares,...
- Morreu en Santiago no ano 2002.
En todos os coles galegos, trabállase esta data. No noso, na entrada,puxemos un gran mural cos carteis que cada ano manda a Xunta de Galicia sobre o autor homenaxeado:
E como onte faciamos ponte e non tiñamos clase ao igual que hoxe, o mércores CELEBRAMOS O FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS cos alumnos do segundo ciclo do colexio de Lasalle que viñeron ao noso cole para facer un intercambio:
- Vimos unha presentación sobre a súa vida feita cos debuxos de todos os nenos do cole:
- Recitamos dous fragmentos das súas obras:
- De Touporroutou da Lúa e do Sol, con Jaime Dragó e Sergio Camacho:
2. De Xáxara, Peituda, Paniogas, Tarelo, o rapaz e o Cachamón, entre Anibal, Diego, Sergio, Jaime, Jordan E Carlos:
3.- Amosámoslles aos nenos de Lasalle a nosa obra de teatro: A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR (como faltaba Ruth, o papel de tartaruga fíxoo Marcos):
4.- Collidos das mans, bailamos todos xuntos a canción:
QUEN QUERE ENTRAR,...
5.- A continuación tivemos a sorte de volver a contar, unha vez máis coa actuación do grupo de teatro
GHAZAFELHOS, que nos sorprendeu cunha divertídisa obra titulada:
"NON É PAÍS PARA CABALEIROS". Aquí vos deixamos algúns momentos da obra:
6.- E por último, despois dun pequeno recreo, os nenos e nenas xogaron un partido de fútbol do que non temos fotos.
E así foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS.
MOI FELIZ DÍA PARA TODOS OS GALEGOS E GALEGAS!!!!!!!!!