Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA. Mostrar todas las entradas

25 feb 2016

COÑECENDO A ROSALÍA

Ao longo desta semana, nas  distintas clases, estivemos a facer actividades para coñecer á gran escritora galega, Rosalía de Castro, por mor da celebración do seu día onte 24 de febreiro.

Así, comezamos o luns no Obradoiro do Escritura Creativa, elaborando unha postal nun deseño alusivo ao este día que incluía unha estrofa de "Alborada" (da obra Cantares Gallegos) a instancias da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e que o onte enviamos por correo ordinario ás nosas familias:



Na clase de galego, coñecimos a vida e obra desta escritora a través deste libro LIM elaborado polo equipo de Normalización Lingüística do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei. Clicade na imaxe para acceder:




Tamén elaboramos un minilibro da súa biografía que atopamos no blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe  Profesor Albino Núñez:


E xa para rematar, na clase de Plástica, fixemos unha rosa con goma eva para agasallar ás nosas familias (podedes ver as plantillas e as instruccións en TODO EN GOMA EVA)




Así de contentos, fomos todos para casa co noso libriño e a nosa flor:

24 feb 2015

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración  o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Nós gravamos este video:

 

Fixemos un mural escribindo  algunhas das súas poesías:


Tamén as ilustramos:


E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:


Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
  • Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán (que é a que utilizamos nós):


  • Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

  • Libro Lim do poema Parece unha Rosa:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

24 feb 2014

TODAS CON ROSALÍA


" Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva"

Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro. Con este motivo, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega fixo un novo video: TODAS CON ROSALÍA (SEGUNDA PARTE) no que coma elas din: " teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente".

Por se alguén non coñece o do ano pasado, deixamos os dous. Espero que vos gusten:



E no blogue O OUTEIRO DE MATILDA podemos atopar unha gran selección de recursos para traballar a esta gran escritora nas clases: