Na clase de plástica, fixemos unhas fermosas máscaras con oveiras. Non o credes? Ollade, ollade:
26 feb 2017
20 feb 2017
ENTROIDO 2017
Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.
Ademais, a primeira hora, cando estabamos en clase de Lingua Galega, tivemos unha visita inesperada. Veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:
Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballar o ENTROIDO:
18 feb 2017
O APARATO RESPIRATORIO: FABRICAMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL
Imaxe de Anaya
E este de Óscar Alonso do fabuloso blog La Eduteca:
Con eles, e unha maqueta que fixo a profe aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio. Observamos que as palliñas representaban os bronquios, os dous globos os pulmóns, a botella a capacidade torácica e o globo de abaixo o diagragma. E tamén que se tirabamos do globo cara abaixo os globos inchábanse un pouquiño simulando a INSPIRACIÓN e que se faciamos o contrario, os globos desinchábanse simulando a ESPIRACIÓN.
Para que non se nos olvidasen cales eran as partes do aparato respiratorio, debuxámolas na libreta:
A maqueta da profe gustounos moito, así que nós tamén quixemos facer unha. Por iso, na segunda sesión fabricamos este sinxelo pulmón artificial para experimentar como era o proceso da respiración.
| ||
14 feb 2017
QUE É PARA TI A AMIZADE?
Hoxe, día da Amizade ou de San Valentín, na clase de galego fixemos unha ficha que atopamos en inglés de Valerie King e que nós modificamos un chisquiño e pasamos ao galego. Nela tivemos que poñer que era para nós a amizade, que entendemos por amigo, poñer algúns dos nosos amig@s e tamén palabras relacionadas coa amizade e o amor.
Esta é a ficha orixinal de Valerie King:
12 feb 2017
O RETO DA MILLA
Sabiades que España é o segundo país con máis nenos con sobrepeso de Europa, despois de Grecia? Para concienciarnos deste gran problema (según a OMS, un dos problemas de saúde publica a nivel mundial máis grandes deste século) , o noso cole participa este ano no "RETO DA MILLA".
Este programa , cuxo obxectivo principal e mellorar a súa saúde física, emocional e social por medio da diversión e o compañerismo e axudalos a adquirir hábitos máis saudables, quere abordar a obesidade infantil dun xeito divertido, sinxelo e eficaz, animando a toda a clase a correr, saltar, camiñar,... unha milla (1,600 km) ao día.
Por que unha milla vos preguntaredes? Elexiuse unha milla en honor ao programa escolar "The Daily Mile", unha iniciativa xurdida en 2012 en Reino Unido co mesmo propósito de combater a obesidade infantil. Este programa tivo tanto éxito que en poucas semanas os alumnos melloraron a súa forma física notablemente e actualmente conta con máis de 800 colexios inscritos.
(Información obtida da páxina "Las escuelas de la milla")
EN QUE CONSISTE O RETO?
O obxectivo consiste en que axudemos aos nosos alumnos a percorrer unha milla diaria. Para iso, proponse un reto mensual durante os 5 meses que dura o programa:
Febreiro: percorrer unha milla un día cada semana do mes.
Marzo: percorrer unha milla dous días cada semana do mes.
Abril: percorrer unha milla tres días cada semana do mes.
Maio: percorrer unha milla catro días cada semana do mes.
Xuño: percorrer unha milla cinco días cada semana do mes. A MILLA DIARIA!!!!!!
Pódese facer en calquera momento ao longo da mañá: a primeira hora, entre clases, no recreo,... No cole establecimos tres percorridos según o tempo:
- Se chove, faremos 24 voltas (12 de ida e 12 de volta) ao porche do colexio.
- Se non chove pero o campo está mollado, faremos 8 voltas arredor do colexio.
- E finalmente, se vai bo tempo, faremos 5 voltas a un circuito marcado polo campo.
Nós comezamos a semana pasada facendo dous días en lugar de un, porque a semana anterior por mor do temporal, estaban prohibidas as actividades ao aire libre e non puidemos facela. Así que tanto o mércores como o venres, as 9 da mañá fomos a percorrer a nosa milla acompañados dos nenos e nenas de terceiro e da súa profe Carmen:
CONSEGUIRÉMOLO?
9 feb 2017
OS ALIMENTOS E O APARATO DIXESTIVO
Para lembrar que alimento formaba parte de cada grupo, fixemos unha roda dos alimentos con imaxes que atopamos en folletos de supermercados:
Despois pegámola nunha cartolina, recortámola e por detrás de cada grupo puxemos o seu nome, os nutrientes que contiña e que nos aportaba.
A continuación pasamos ao estudo do aparato dixestivo e da dixestión. Grazas a unha maqueta que hai no cole, puidemos ver como eran as partes que o forman:
Con videos como este, aprendimos como tiña lugar o proceso da dixestión:
A idea orixinal é de K5- Sciencie Store, e en Teacherspayteachers.com pódese descargar gratuitamente a plantilla.
Nós deixamos a portada exactamente igual pero traducida ao galego e cambiamos a imaxe de dentro por outra que atopamos en internet.
Estas son as plantillas que utilizamos nós:
Nós deixamos a portada exactamente igual pero traducida ao galego e cambiamos a imaxe de dentro por outra que atopamos en internet.
Estas son as plantillas que utilizamos nós:
E por se alguén quere saber o texto que puxemos:
Para seguir aprendendo , aquí tedes unha selección de recursos:
APARATO DIXESTIVO
|
||
|
|
|
| ||
| ||
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)