29 jun 2013

"UN PROXECTO ENTRE TODOS": Ímonos de vacacións



Comezamos as vacacións presentando tres novos blogs amigos que se incorporan ao noso proxecto. Benvidas a "UN PROXECTO ENTRE TODOS"!! Aquí vos deixamos a nova lista actualizada para poder faceros seguidores:



Tamén nos gustaría darvos, a todos e a todas, as grazas, pola cantidade de blogues que colaboraron durante este curso 2012-13.



E lembrámosvos que todavían nos quedan moitas medallas por entregar. Se estades na lista que aparece a continuación, só tedes que deixar un comentario nesta entrada e vola enviaremos personalizada:



Por último, informámovos que a próxima entrada de actualización a faremos a principios de setembro, pois decidimos tomarnos un descansiño durante o verán. Para recargar as pilas!!!!!

MOITAS GRAZAS A TODOS!


NOELIA, MIREN, ANA, FINI e MIREIA

FELICES VACACIÓNS!

26 jun 2013

E SEGUIMOS CON DESPEDIDAS


Quero adicar unha das derradeiras entradas deste curso á miña compañeira de fatigas, a profe Digna, que o próximo curso xa non estará connosco porque afortunadamente para ela, déronlle un destino moito máis preto da súa casa.
Digna, botareite moitísimo de menos. Nestes tres anos, nos que houbo momentos malos pero tamén moi bos,  acostumeime á túa presencia, a túa amizade e  a esa alegría contaxiosa que amosas todos os días. 
Lembra que no cole deixas non só a compañeiros senón tamén a moi bos amigos que sempre te lembraremos. Esperamos que non te olvides de nós e que de cando en vez veñas a facernos unha visita. 

MOITÍSIMA SORTE NO TEU NOVO DESTINO, AMIGA MÍA.


E tamén aproveito para despedir aos profes interinos que estiveron connosco este ano cos que compartimos moi bos momentos. Deséxovos moitísima sorte nas oposicións e que vos toque un destino preto da vosa casa (se pode ser no noso cole mellor que mellor je je).



22 jun 2013

DESPEDIDA DO CURSO

Hoxe foi un día de sentimentos encontrados. Por unha banda todos estabamos felices e contentos porque comezaban as vacacións pero por outra ... a todos nos daba moita mágoa o momento da despedida, saber que ata setembro non  voltariamos a ver aos profes e aos nosos amigos.
Preparamos os nosos traballiños para levar a casa: as fichas de educación vial, as do espazo, as de Gloria Fuertes, os nosos libros, diplomas, carnets,... PESABA UN MONTÓN!!!!!!!!
No medio dos nosos traballos, ademais das nosas boísimas notas (que para iso traballamos un montón) a profe incluinos a cada un, unha foto personalizada con algúns dos nosos momentos estelares:

LUCÍA
LETICIA
ERIKA
 JONY
CARLOS

Imos todos contentísimos coas nosas fotos para casa. De Lucía temos moi pouquiñas  porque empezou a mediados do segundo trimestre en rexime de escolarización combinada e só está con nós na clase os xoves e os venres.

Aproveitamos a entrada para amosaros as fotos do festival de final de curso que tivo lugar o pasado día 13. Tivémolo que adiantar tanto porque esta semana faltaron moitos amigos nosos como Erika porque xa non viña o transporte escolar que a trae e vive moi lonxe de aquí.
Como xa veredes tivemos de todo: uns presentadores magníficos, Brais e Sergio, a actuación dun gran mago, o Mago Jorge que nos deixo a todos coa boca aberta, un baile e un fermoso conto de actividades extraescolares, o coro de Yanko, a obra da Tartaruga,un baile sorpresa final e para rematar un grandioso xantar comunitario con padres incluidos. Vede, vede,...



E xa para rematar aos meus alumnos e  a min, acompañados dos nosos veciños da clase da profe Digna só nos resta desexaros ...



Moitísimas grazas aos ADXUNTOS DE TALLER, COIDADORES e demais PERSOAL NON DOCENTE que estiveron ahí sempre que os necesitamos.

20 jun 2013

OUTRO PROXECTO REMATADO

E xa para rematar o noso proxecto de educación vial, estes días estivemos vendo como temos facer cando somos condutores de bicicletas. Moitos de nós xa temos moita práctica e o fixemos moi ben cando fomos ao parque de educación vial, lembrades?


Así que repasamos algunhas nocións con este glogster (hai que ter paciencia cos videos porque tardan un pouquiño en cargar ):



Con estas fichas:


E por suposto,  xogamos unha vez máis ao xogo da Bicicleta Cleta que fixemos o ano pasado:





Ollade que ben o pasamos:



E xa para rematar deixámosvos  con estos xogos para aprender a maniobrar coas bicis:



e con este cartel sobre os beneficios da bicicleta que atopamos en Internet:




19 jun 2013

FIN DO PROXECTO SOBRE GLORIA FUERTES

Rematamos o noso proxecto sobre Gloria Fuertes, coloreando este fermoso debuxo de "Gloria Fuertes e as Tics" feito por Marisa Babiano que ofreceu para o proxecto. Así de bonito é o debuxo:







E posando así de fachendosos co noso diploma acreditativo de que participamos no proxecto:




E para casa levaremos o diploma e o libriño que fixemos sobre a vida e obra desta gran poetisa:



Aquí vos deixamos o enlace á nosa páxina no libro colaborativo virtual:


E aquí o enlace ás nosas entradas sobre o proxecto:


18 jun 2013

SOMOS GAÑADORES DO CONCURSO O MONTE É A NOSA VIDA!!!!!!!


Si, como ledes, ao final resultamos gañadores do concurso "O MONTE É A NOSA VIDA"  na categoria colectiva de audiovisual, co video que fixemos entre as dúas clases sobre o monte que rodea o noso colexio. Se non lembrades como era, clicade na imaxe:


Así que hoxe acompañados doutros nenos do cole, fomos á Cidade da Cultura en Santiago a recoller o noso premio. O acto estivo presidido polo Presidente de Confemadera Elier Ojeda, o Conselleiro de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez e a Conselleira do Rural e do Mar, Rosa Quintana. Do noso centro recolleron o premio Carlos Mera e Dani Torres.
Aquí os temos cos dous Conselleiros no momento de entrega do premio:


Outros momentos do acto:



Despois da entrega de premios, convidáronnos a unha visita guiada gratuita á exposición Orinoco:


E antes de voltar ao colexio, unha pequena paradiña no pinar de Cabañas para comer:


Sen dúbida foi unha gran mañá.

15 jun 2013

SOMOS PASAXEIROS DE...


Se hai uns días eramos pasaxeiros de coches, ao longo desta semana estivemos vendo como tiñamos que comportarnos como pasaxeiros pero esta vez de.... Queredes saber de que? Ollade o seguinte video a ver si o averigüades:


Sí acertáchedes. Esta semana fomos PASAXEIROS DE AUTOBUSES.

Para axudarnos na nosa tarefa:

- Escoitamos o conto de "CHUS EL AUTOBÚS"  da  DXT:


- Vimos estes videos:




- Cantamos estas cancións:




- Aprendimos como se debuxa un autobús. Veredes que sinxeliño é:


Neste intre non podemos por as fotos dos nosos autobuses pero xa os incluiremos a semana que vén.

- Fixemos estas fichas:


Ollade, ollade, que ben as fixemos:




E para que todo nos quedase máis clariño o resumimos nesta presentación:
Pasaxeiros de autobuses

               GÚSTAVOS?

13 jun 2013

VISITAMOS O PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL DE BARALLOBRE

A semana pasada visitamos o parque de educación vial que se atopa en Barallobre (Fene). Pasámolo todos moi ben:


Nada máis chegar déronnos unhas pequenas nocións de Seguridade Vial e por suposto equipámonos correctamente: cascos e chalectos refrectantes:





E unha vez que estabamos listos ... A CONDUCIR!!!!!!!

PARQUE EDUCACIÓN VIAL 2013 on PhotoPeach

9 jun 2013

DIPLOMA 2º ACCÉSIT EN LOS VII PREMIOS EDUBLOGS


Como xa todos sabedes onte fun a Madrid, á entrega de premios da VII edición de EDUBLOGS. Alí recibín con gran ilusión o diploma do 2º Accésit na categoría de Blogs de Profesores e Profesoras ou o que é o mesmo, o 5º premio. Menuda alegría!


Foi un día moi emocionante non só pola entrega de premios senón porque coñecín e por fin desvirtualicei a un montón de profes amigas como Olga, Cati, Aurora, Laura, Marta, Sara,.... e como non por fin xuntámonos e coñecímonos todo o Claustro Blog do Proxecto Blogs Colaboradores; Mireia, Noelia, Fini, Miren e claro está eu mesma. Fíxome moitísima ilusión.


Quero darlle a noraboa a todos os gañadores tanto da miña categoría como das demáis. Podedes consultar a lista completa aquí:


E por suposto ao meu amigo Joel (que non puido acudir ao acto de entrega) e como non, a miña gran compi e amiga MIREN ,que sin desmerecer a ningúen, creo sinceramente que se merecía un posto moitísimo mellor. Miren, que saibas que para min e moitísimas persoas máis que te seguen a diario, eres PEONZA DE  OURO sen lugar a dúbidas.


6 jun 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Para celebrar este día que mellor idea que facer unha lista de todo o que podemos facer para colaborar na preservación do medio ambiente.

E QUE PODEMOS FACER NÓS?

Aforrar agua pechando a billa mentras lavamos os dentes, tomando duchas en vez de baños... Aforrando enerxía apagando as luces cando saimos dunha habitación, desconectando os aparatos eléctricos como a tele ou o ordenador, poñendo a lavadora cando haxa roupa suficiente,... Ademáis, facendo unha recollida selectiva separando o lixo en material orgánico, papel, vidro e plástico para que poidan ser reciclados ou utilizando transportes colectivos para evitar a emisión de gases.

Con todos estes pequenos xestos conseguiremos que disminúa a contaminación no noso mundo.  Senón lede o seguinte conto:

- En galego:
IMOS ABRAZAR O MUNDIÑO

- En castelán:


Nós, aproveitamos este día para facer unhas pequenas manualidades con materiais de refugallo:

- Empezamos facendo uns cadros cunhas planchas de porespán que viñan cunhas estanterías que mercou o colexio e con algúns materiais que nos quedaban no noso caixón dos restos:





- Continuamos facendo unhas fermosas flores e animaliños con tapóns de botellas que pegamos nunhas bandexas verdes que porespán que veñen coa froita:



- E xa para rematar, pegamos todo no noso corredor xunto cun cartel que fixo Leticia:


E VÓS, ESTADES CONCIENCIADOS CO MEDIO AMBIENTE?