Hoxe celebramos o Día da Paz no cole por todo o alto. As 11:30 reunímonos todos no salón de actos e alí algúns alumnos do PCPI, nos leron unhas preciosas poesías de Celso Emilio Ferreiro e de Gloria Fuertes que falaban da PAZ.
A continuación vimos o noso conto: "LA AVESTRUZ TROGLODITA" que xa vos puxemos nunha entrada anterior. Se queredes volver a velo clicade na imaxe:
Despois do conto, as profes tíñannos preparada unha gran sorpresa: Un video coas nosas fotos facendo as letras do ABECEDARIO e coas nosas voces, pero non un abecedario calquera, non, non, era o NOSO ABECEDARIO DA PAZ . A idea saqueina dun blogue que visito a miúdo o das profes de O BLOGUE DE COKIÑA, non dubidedes en visitalo (tédesme que perdoar profes coas présas olvidárame de dicilo)
CANTO NOS GUSTOU!!!!!!!
A continuación separamos as cadeiras e deixamos un oco no centro do Salón de Actos. Alí todos collidos das mans fixemos unha roda escoitando a cantiga "QUE VIVAN A PAZ E AMOR!" . Ao seu remate, todos lanzamos ao centro do círculo os AVIÓNS DA PAZ que fixemos nas clases e cada un recolleu o avión de outro rapaz ou rapaza do cole:
Esta é a plantilla que utilizamos para facer os nosos avións con MENSAXES DE PAZ. Dende aquí quero darlle as grazas a unha excompañeira CONCHI que foi a que me proporcionou dita plantilla:
E como colofón de tan fantástica festa, non podía faltar ... UNHA GRAN CHOCOLATADA CON CHURROS!!!!!! UHMMMMMMM, QUE RICOS!!!!!!!!!
MOI FELIZ DÍA DA PAZ!!!!!!!!!