Mostrando entradas con la etiqueta HALLOWEEN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HALLOWEEN. Mostrar todas las entradas

5 nov 2015

CELEBRANDO O SAMÁIN


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases.

A nós tocounos empezar pola BIBLIOTECA. Alí, cos nosos compañeiros de quinto, as luces apagadas e as persianas baixadas vimos un curto que nos puxo os pelos de punta: A MEIGA CHUCHONA. O resto das clases viron curtos máis axeitados á súa idade como A BRUXA REGAÑADENTES, FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS, SHREK CONTA HISTORIAS DE MEDO, ... Aquí vos deixamos a que vimos nós:



A continuación, fomos á AULA DE INGLÉS e aos corredores do lado para disfrutar dos xogos que nos tiña preparada a profe de inglés, Uxía : O popular xogo do vexo vexo con personaxes de medo (claro que era en inglés, I spy with my little eye ....), un xogo cunha grilanda con cabazas, pantasmas, ataúdes,... e tamén un labirinto. Pasámolo fenomenal.


O noso terceiro obradoiro foi .... O TÚNEL DO TERROR, organizado polas nais e pais no patio cuberto. Que medo pasamos alí dentro a escuras!!!!!!!!!


E despois de tan terrorífica experiencia, fomos á aula de Relixión onde nos agardaba ... UN TALLER DE MAQUILLAXE onde aprendimos a facer HORRIPILANTES CICATRICES.

Para descansar un pouquiño de tan terroríficas actividades, no XIMNASIO poidemos disfrutar de dous divertidos xogos; un xogo de bolos con forma de pantasmas e un xogo para construir unha cabaza coa axuda dun compañeiro. Que divertido!


E xa para rematar unha mañá tan completiña, na AULA DE INFORMÁTICA poidemos disfrutar de distintos xogos de Halloween e de Samaín, tanto nos ordenadores como na pizarra dixital.


QUE BEN O PASAMOS NA FESTA!!!!!!

2 nov 2015

EXPOSICIÓN E CONCURSO DE CABAZAS

Ao longo da semana previa á celebración do Samaín, os rapaces e rapazas trouxeron cabazas decoradas da casa coas que se fixo unha exposición á entrada do centro. Ollade que bonitas quedaron todas:




Ai que ver canta creatividade teñen estes rapazas e rapazas e as  súas familias!!!!!!

Foi moi difícil elexir as  tres gañadoras pois todas eran moi orixinais e estaban moi traballadas. Así que tras unha longa deliberación as tres cabazas gañadoras foron:

  1º  CABAZA-CEMITERIO de Alba de 3º de Primaria.
  2º CABAZA-CASA CORDOBESA de Antía de 2º de Primaria e
 3º CABAZA- TRABALLADORA de Blanca de 5º de Primaria.


NORABOA ÁS TRES PREMIADAS!

Así posan de fachendosas cos seus premios (consistentes nun vale para mercar un libro nunha librería) e  as súas cabazas e na foto de abaixo coa teacher Uxía que foi a encargada de presentar o acto de entrega:


GRACIÑAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!

29 oct 2014

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Esta é a nosa primeira aportación deste curso, para o proxecto "PALABRAS AZULES"

ESCRIBIMOS HISTORIAS DE MEDO?

Para celebrar a festa do Samaín, na clase de Lingua Castelá, escribimos unhas historias de medo.

PREPARACIÓN:

Empezar a escribir nunha folla en branco non é tarea sinxela, por iso, para axudarnos a profe preparou catro dados:


- COMEZOS: Nunha noite escura ía camiñando... , Sempre evitaba pasar por ... , Era unha noite de tormenta.Chovía..., Hai moito tempo .... , Contan os que lo viron que ... e Sempre me preguntei porque...

- PERSONAXES: unha momia, un monstruo, un científico loco, un ancián, unha meiga e unha pantasma.

- ESPAZOS: un bosque, un castelo en ruinas, un cemiterio, un barco pantasma, unha cova e unha casa abandoada.

- OBSTÁCULOS: O personaxe principal escoita un son estraño, o personaxe principal está eprdido e só, o personaje principal ten que salvar a alguén, o personaxe principal é atrapado, o personaxe principal é perseguido, o personaxe principal está abandoado.


DESENVOLVEMENTO:

1º) Por turnos, cada un de nos, foi tirando os dados e anotando nunha folla os resultados:


2º) A continuación fixemos un borrador da nosa historia. Cando estivemos contentos co resultado, escribímolas nunha das plantillas que xa estaban preparadas.

3º) Para finalizar, leímolas en voz alta. A profe gravounos coa gravadora dixital e editou os sons con Audacity, escaneou as nosas historias e subiunas a Calameo en forma de libro.

Aquí podedes ler e escoitar as nosas historias. Para escoitalas hai que clicar no icono de son que aparece en cada páxina:



E estes son os dados e plantillas que utilizamos:

27 oct 2014

RECURSOS PARA HALLOWEEN Y SAMAÍN

Quedan xa moi poucos días para celebrar a noite de Samaín ou Halloween para os países anglosaxóns. No noso cole xa estamos a ambientar os corredores, os ventanais, preparando todo para o concurso de cabazas e moitísimas cousas máis como estas pantasmas que fixemos con papeis de xornais:


Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballa este tema:

- Do noso blogue:


- De Belén Junquera:



- De Carmen Salas y Palabras Azules:


- De Actiludis:


- Del Sites de Un proyecto entre todos:

28 oct 2013

O LIBRO DO MEDO

Estes días, navegando por internet, atopei un libro que me gustou moitísimo. O seu título  MY HALLOWEEN BOOK de SAMKOREZ. Qué por que me gustou? Porque ademais de traballar vocabulario de personaxes típicas desta época como: FRANKESTEIN, VAMPIRO, GATO, PANTASMA, MOMIA, MEIGA, CABAZA,..



Tamén traballaba outros aspectos como:

- Prendas de vestir: CAMISETA, PANTALÓN, CAPA, CINTURÓN, SOMBREIRO, VESTIDO,...


- Partes da casa: COCIÑA, SALÓN, DORMITORIO, BAÑO, ESTUDIO, XARDÍN,...


- As cores: AMARELO, MORADO, VERMELLO, VERDE, NEGRO, MARRÓN, LARANXA,...



- E as formas: CÍRCULO, CADRADO, RECTÁNGULO, TRIÁNGULO, ESTRELA, CORAZÓN, LÚA,...


Como podedes observar, un libriño do máis completo. Así que nin corta nin perezosa, paseino ao galego e... AQUÍ TEDES O RESULTADO:


E vos que opinades, gústavos?

22 oct 2013

ACHÉGASE SAMÁIN: decoramos e xogamos

Xa quedan moi pouquiños días para que chegue o noso Samáin, por iso na clase xa empezamos a falar de este tema e a decorar un pouquiño os corredores. Hoxe estivemos a facer estes bonitos banderíns:

Que agora adornan o noso corredor:

Ollade que concentrados traballamos:


Aquí vos deixamos estes tres xogos para pasar un ratiño entretido nestas tardes chuviosas:




E se precisades de máis recursos: xogos, fichas, actividades interactivas,... para traballar o SAMAÍN ou o Halloween nos dubidedes en visitar os nosos recursos:

2 nov 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE


Así é como estaba este mércores a entrada do noso colexio. Levamos para alí as botellas que decoramos na nosa clase e o Jack O´Lantern así como varias caveiras,  morcegos e mouchos que fixemos na clase con cartulina negra:




A todo isto lle engadimos unhas fantásticas láminas sobre as orixes do Samaín que nos proporcionou a profe Digna e  unhas cabazas da profe Lucía.

Despois grazas ao equipo de dinamización da biblioteca, capitaneado polas profes Lucía e Patricia, disfrutamos primeiro de sesión de contacontos na biblioteca ...

Unha vez alí, estaba esperándonos unha MEIGA (a profe Patricia) que nos contou un terrorífico conto : "CABEZA DE CABAZA"



coa colaboración da profe Lucía no papel de neno protagonista:


Pasamos un rato moi divertido. Moitísimas grazas ás dúas:


Pero non rematou aquí a cousa. Tamén dende o equipo da biblioteca, estes días nos corredores podiamos ver este cartel:


Pois sí, despois do recreo fomos ao salón de actos. Cando xa estabamos todos sentados, de súpeto apagouse a luz, empezou a sonar a canción SAMAÍN do grupo Mamá Cabra, e non volo ides crer, no noso salón de actos apareceron .... PANTASMAS e a mesma MEIGA de antes. Viñan con cabazas que alumeaban! Que medo pasamos! (tedes que perdoar pero a calidade das fotos é malísima)



Cando remataron o seu desfile, encendéronse as luces e empezou a soar a música. Todos nos levantamos dos nosos asentos e nos puxemos a bailar (incluso moitos dos profes). Pasámolo moi pero que moi ben. Aquí vos deixamos un adianto das fotos.



Próximamente subiremos á páxina web do cole, os videos e algunhas fotos do día de hoxe e deixaremos un enlace para que poidades velas.

E ainda que a noite de samaín xa pasou... con este fermoso selo que me fixo Liliana quero desexarvos a tod@s  MOI FELIZ SAMAÍN !!!!!!!

30 oct 2012

QUE É SAMÁIN?

Xa falta pouquísimo  para que chegue o tan esperado Samaín. Pero moitos vos preguntaredes .... QUE É ISO DO SAMAÍN? Saberemos máis desta antiga tradicción galega ...
Primeiro con esta chulísima animación feita polo blog TICs CRA de BERGONDO:



.
E despois con este video que atopei grazas a Patricia do blog,  FALÁNDO ENTÉNDESE A XENTE


Nós ao longo destes días estivemos traballando o Samaín con contos, fichas, xogos,videos,... así como con distintas manualidades como o Jack o´Lantern que xa vos amosamos ou estas botellas que decoramos:
A MOMIA 


O FRANKESTEIN


A CABAZA

A PANTASMA


E NON PODÍA FALTAR A MEIGA


E AQUÍ TEDES TODOS OS QUE FIXEMOS:


GÚSTANVOS?