Hoxe no cole tivemos a visita de Asun e Vanesa que pertencen ao Instituto Galego de Consumo a darnos unha charla sobre alimentos saudables. Moitos dos nenos e nenas do cole ían en Porriño a unha competición de baloncesto polo que fomos poucos os que poidemos asistir a dita charla. Pasámolo moi ben. Fomos a Sala de Xuntas e alí tiñamos dúas mesas preparadas. Despois de sentarnos a cada un de nós repartíronnos un alimento. Había de todo: pan, patacas, peixe, polo, chocolate, xelado, galletas, leite, iogures,.... As monitoras preguntábannos o noso nome, o nome do alimento que tiñamos nas mans, se eran saudables, se non gustaba,... Cando nos preguntaron se nos gustaba o tomate uns cuantos levantamos a man pero ... cando nos preguntaron si nos gustaba o chocolate ou os xelados ... TODIÑ@S LEVANTAMOS A NOSA MAN! Despois ensináronnos unha pirámide de cores, e dixéronnos que eran a Pirámide dos alimentos, que había que comer moito do que había abaixo e pouco do que había arriba. Era unha pirámide moi especial porque se podía desmontar. Cando a tiñan desmontada xogamos a un xogo que consistía en botar en cada cor os alimentos correspondentes. Así na cor laranxa botamos os macarróns, o pan, as patacas,... era o máis grande de todos. Na cor verde ían as froitas e verduras por iso botamos o tomate, a pera, a mazá,..., despois viña o azul e alí ía o leite, os iogures, o queixo,... Xa só faltaba o vermello no que metimos o peixe, a carne, o polo,... e por último o amarelo onde colocamos os xelados, as salchichas, o chocolate, ... Era a puntiña da pirámide e Asun díxonos que podiamos comer pouquiño deses alimentos, que non podiamos abusar. QUE MÁGOA, XUSTAMENTE OS QUE MÁIS NOS GUSTABAN A TODOS! Aquí vos deixamos algunhas das fotos que quitamos. Lembra que se poden ver a pantalla completa e quitar o volume para que non se esc oite cando acabe a presentación de fotos.
E con tanto alimento, para traballar o seu vocabulario tanto na pizarra dixital como no rincón do ordenador vos deixamos esta secuencia didáctica:
E para ver se sabedes colocar ben cada alimento no seu lugar, clicade na imaxe: