Mostrando entradas con la etiqueta DISCAPACIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DISCAPACIDADE. Mostrar todas las entradas

4 dic 2015

BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédesnos ver xogando:



E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

1 dic 2015

DÍA DA DISCAPACIDADE: A DISCAPACIDADE VISUAL


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos vendo unha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuamos co taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deunos un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratásemos de descifrala. Que difícil!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguimos descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixemos uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.

4 dic 2014

3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos no meu antiguo centro, o CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación fomos ao recreo e alí xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio onde dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:




FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?

2 dic 2012

DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



Todos os 3 de decembro, celébrase o día internacional das persoas con discapacidade co obxectivo de fomentar a súa integración na sociedade e promover o a igualdade de oportunidades. O lema deste ano é: "ELIMINAR AS BARREIRAS PARA CREAR UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA E ACCESIBLE PARA TOD@S".
Para traballar a inclusión  e integración das persoas con discapacidade e así evitar a discriminación, déixovos uns videos que atopei e que me gustaron moito. Clicade na miniatura do video que querades ver:


Cargando ...


No blog de Cristina, LA PRINCESA DE LAS ALAS ROTAS, atopei esta fermosa entrada onde se nos dan 11 RAZÓNS POLAS QUE OS PAIS DE NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS SON EXEMPLO DE VIDA E LOITA. Gustoume tanto que desexo compartila con vos. Aquí vola deixo tal cual a atopei:


1. Porque nunca pensaron que "hacer todo" significaría hacer mucho. Pero lo hacen todo, por ayudar a los suyos, y demostrarles que no están solos.

2. Porque han descubierto paciencia, que no sabían que tenían.

3. Porque están dispuestos a hacer algo 10 veces, 1.000 veces si es necesario para que sus hijos aprendan algo nuevo...

4. Porque han escuchado a los médicos que les plantean las situaciones mas difíciles, y ellos se han negado, a que esto los derrote.

5. Porque tienen días malos, pero siguen adelante a pesar de las adversidades.

6. Porque ellos logran obtener de todas las circunstancias de su vida, cosas que los ayudan a crecer como personas, y que los estimule a seguir aprendiendo.

7. Porque descubrieron que son fuertes, cuando dudaban que lo fueran, ante estas circunstancias.

8. Porque no son sólo mamás, papás, esposas, esposos, amas de casa, choferes, cocineros y mucho mas. También son fisioterapeutas, fonoaudiólogos, psicólogos, terapeutas ocupacionales, maestros, enfermeras, investigadores, entrenadores y porristas.

9. Porque entienden a sus hijos mejor que nadie - incluso si ellos no pueden hablar, o no los miran a los ojos, ellos lo saben. Sólo lo saben.

10. Porque justo cuando parece que las cosas van a ir bien, ellos siguen tratando. Lo hacen incluso cuando parece que sus corazones podrían explotar, o sus ojos soltar una lagrima.

11. Porque cuando miran a sus hijos sólo ven a chicos maravillosos, a unos estupendos guerreros. No observan a niños con Parálisis Cerebral, Autismo, Síndrome de Down, TDAH, Retraso en el Desarrollo y cualquiera que sea la etiqueta, que es solo eso, una etiqueta.

1 dic 2011

DÍA DA DISCAPACIDADE


Sabías que según a OMS (Organización Mundial da Saúde) arredor do 15% da poboación do planeta padece algún tipo de discapacidade permanente (motriz, sensorial, mental,...) e que as  persoas con discapacidade atopan numerosos obstáculos na sociedade, seguen sendo en gran parte marxinados, son excluidas  en gran medida dos procesos civís e políticos e maioritariamente, non teñen voz en asuntos que lles afectan directamente? O vindeiro 3 de decembro celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE. Esta data foi establecida pola Asamblea Xeral no ano 1992, para fomentar a integración na sociedade das persoas discapacitadas, buscando concienciar á xente sobre os problemas daqueles que padecen algún tipo de impedimento físico ou psíquico así como promover melloras relacionadas  cos dereitos, benestar e dignidade dos afectados.  O tema deste ano é: "XUNTOS EN PRO DUN MUNDO MELLOR PARA TODOS, QUE COMPRENDA A PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NO DESENVOLVEMENTO"

Na clase, traballaremos estes tres contos:

- O primeiro que fala da Hiperactividade para traballar con Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, atopeino no blog de PT de Rocío Méndez,




- O segundo fala da Diversidade e atopeino no blog de Vanessa, En la escuela caben todos,




- E o terceiro que se títula "LUÍS O MAQUINISTA" e fala dos nenos coa Síndrome de Asperger, atopeino nos blogs das dúas.

MOITÍSIMAS GRAZAS A ROCÍO E A VANESSA POR COMPARTIR

1 dic 2010

¿IGUAIS? SI, PERO DIFERENTES


Na actualidade hai máis de 500 millóns de persoas no mundo que padecen algunha discapacidade de tipo física, mental o sensorial, e dicir, aproximadamente o 10% da poboación mundial.
A celebración anual do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, ten como meta fomentar a comprensión dos asuntos relativos á discapacidade e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas discapacitadas. Preténdese acadar que as persoas discapacitadas disfruten dos dereitos humanos e participen na sociedade de forma plena e en condicións de igualdade, obxectivo establecido polo Programa de Acción Mundial para as persoas con discapacidade que adoptou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1982.
Grazas a Elizana, do blog "SONRISA DE MIL COLORES" atopeu este libro "Nin máis, nin menos. A discapacidade explicada aos nenos e as nenas" que considero moi interesante e vos acosello que leades.

E nestes días circula pola rede este fermosísimo relato de Isabelle Carrier, no que a autora recrea o día a día dun neno "diferente": as súas dificultades, as súas cualidades, os obstáculos que ten que afrontar ...
Adicado a esas personas extraordinarias que saben apreciar a todos os «Lorenzos» que arrastran un cazo polo mundo.