Onte tivemos unha mañá do máis "DIVERTIDA". Por que? Porque nos fomos de excursión. Así que as dez e media en punto saímos do cole rumbo para Fene. Alí a metade do grupo quedou vendo o MUSEO DO HUMOR e a outra metade foi a Barallobre ao CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIAL que hai alí. Ao cabo de hora e media, cambiamos e os do museo fomos ao circuito e viceversa.
Nós empezando vendo o museo. Gustounos un montón. Ten unhas figuras moi bonitas; os cadros son chulísimos; divertímonos un montón cos espellos que nos facían grandes,pequenos,gordos, delgados,...; xogamos ás diferencias con tres cadros; a acertar caricaturas de personaxes (todos acertamos a Messi e a Ronaldo); vimos unha presentación dos Dereitos dos Nenos e o Humor que nos gustou moito e ademáis fixemos un pequeno obradoiro onde coloreamos uns futbolistas. Para que vos fagades unha idea do bonito que é aquí vos deixamos estas fotos:
MUSEO DO HUMOR on PhotoPeach
E se no museo o pasamos ben, no circuíto de educación vial, disfrutamos todavía máis, tanto profes como alumn@s. Non quitamos fotos pero o que si fixemos foi... GRAVAR EN VIDEO. Aquí nos tedes en acción: