Con esta imaxe tan bonita de Pilar do blog "Los lapiceros" damos paso a unhas das estacións máis coloridas do ano: " A PRIMAVERA "
No blog da biblioteca do colexio Dulcinea del Toboso atopei esta moda primaveral que me encantou:
ESTA PRIMAVERA LÉVASE:
- Sombreiros adornados con refráns
- Vestidos con petos de poesías
- Colares de cancións populares
- Pulseiras de adiviñas de animais
- Pinzas de flores no pelo que te axudan a protexer e coidar o bosque
- Ler libros de árbores e animais
- Investigar e facer proxectos.
ANIMÁDEVOS?
E aquí tedes o Libro Lim que preparei o curso pasado sobre a primavera para usar cos rapaces e rapazas e Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria. Espero que vos guste e vos sexa útil.