O vindeiro domingo, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día nace coa finalidade de fomentar a sensibilización mundial acerca dos principais problemas medioambientais que acechan ao planeta.
Este ano o tema"BOSQUES: A NATUREZA AO SEU SERVIZO" fai fincapé os numerosos valores esenciais para a subsistencia que aportan os bosques, subraia a relación entre a calidade de vida e a saúde dos bosques e os ecosistemas forestais e trata de contribuír a aumentar a conciencia sobre os graves impactos da deforestación e a degradación forestal.
O presente e o futuro de todos os habitantes do planeta, depende da conservación e restauración dos bosques do mundo. Neste día debemos comprometernos a facer moito máis para asegurar que continuaremos disfrutando dos grandes servizos que nos proporcionan so bosques á nosa xeración e as xeracións futuras.
Con EDUFORES,un programa de educación forestal para rapaces e rapazas de Educación Primaria, xogando podemos aumentar o noso coñecemento do bosque e os produtos forestais e xerar conciencia da nosa responsabilidade na súa defensa e coidado.
COA VIAXE DE KIRIMA, un formidable proxecto educativo dirixido aos alumnos de Educación Infantil, podemos concienciar aos rapaces pequenos sobre a problemática do medio ambiente, traballando aspectos relacionados con puntos claves como o consumo responsable, o aforro de enerxía, a reciclaxe ou o coidado da auga, entre outras cosas.
E para fomentar a RECICLAXE nos máis pequenos, aquí vos deixo este conto educativo para colorear de SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente) para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Espero que vos guste.
Na pestana de Educación en Valores podedes atopar una recopilación de recursos para traballar o coidado do medio ambiente e nos seguintes blogs podemos atopar moitísimos recursos máis e ideas para traballar o medio ambiente cos rapaces, non deixedes de visitalos.
E xa para rematar, temos que lembrarnos a nós mesmos e aos demais a importancia que ten o coidado do noso medio ambiente.
LEMBRA CADA ACCIÓN CONTA