Hoxe fomos ao Centro Cultural Torrente Ballester a ver dúas obras que representaban os alumnos/as do CPI de Atios (Valdoviño) tituladas: "Produccións Roberta" e "O planeta Faigón" redactado por José Luis Prieto e ilustrado por Carlos Mosquera .
Esta última está encadrada dentro do proxecto SALVAVIDAS no que participan distintas entidades como a Xunta de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, a Deputación da Coruña e Alcer (Asociación para a loita contra as enfermidades do ril). Como di o presidente de Alcer: "Este proxecto, aposta por utilizar o ámbito educativo como medio para concienciar, informar e promover a doación de órganos entre os escolares e as súas familias".
Ésta é a obra de teatro do Planeta Faigón:
E éste, o texto xunto con algunhas ACTIVIDADES que faremos entre todos o próximo día:
Pasámolo moi ben. Aos rapaces, gustoulles máis a obra de "Produccións Roberta" porque había música e bailes: eran personaxes de contos como Brancaneves, Carapuchiña, o Lobo, ... que se presentaban a un casting para unha película. Pero ás profes gustounos máis a segunda, "O Planeta Faigón" pola mensaxe que levaba.