Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO BLOGUES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO BLOGUES. Mostrar todas las entradas

24 jun 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Colaboración entre blogs amigos


Un 2 de febreiro de 2012 comezou a aventura deste xenial proxecto que uniu en ocasións a máis de 200 blogs colaborando unidos para recopilar recursos para compartir. E COMPARTIR é precisamente a palabra que mellor define a filosofía que mantivo vivo este proxecto.

Agora, despois de máis de 5 anos en marcha, informámosvos que "botamos o peche". Sopesamos a continuidade ou non deste proxecto e por moitas razóns, a nosa decisión final foi rematar aquí. É moito tempo adicado a construir un gran arquivo de enlaces filtrados, clasificados e organizados por temas para a realización de proxectos nas aulas. O SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS seguirá aberto para poder usalo libremente, ainda que xa non o manteremos actulizado, polo que poderedes atopar en ocasións ligazóns que xa non estean activas.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos

Queremos darvos as grazas a todos os blogs amigos que nalgún momento destes 5 anos, participaron en Un proxecto entre todos. Sen todos eles, isto non sería posible. E tamén, cada unha de nós, queremos dar as grazas ao resto do claustro-blogue, posto que  a coordinación, organización, o bo rollo que existiu en todo momento, fixo que todo rodara dun xeito natural e que o difícil sempre resultara sinxelo.

GRAZAS A TODOS E ESPERAMOS CRUZARNOS CON VÓS NALGÚN OUTRO MOMENTO!!


22 abr 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS PRESÉNTASE Á XI EDICIÓN DO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS


Este ano, a XI Edición do Premio Espiral de Edublogs renovouse, presentando diferentes novedades, entre as que se atopa a posibilidade de presentar espazos virtuais que non sexan en formato de blog. Unha vez que publicaron as novas bases do concurso, animámonos a presentar a nosa candidatura na categoría de:

Espacios virtuais: PROXECTOS COLABORATIVOS

Fainos unha gran ilusión participar neste premio de gran prestixio despois de máis de 5 anos da posta en marcha deste proxecto. Sen dúbida, non poderiamos chegar tan lonxe sen a colaboración desinteresada de máis de 200 blogs que participaron ao longo destes anos. Así que esperamos que chegue a data de publicación dos finalistas, o 6 DE MAIO, "cruzando os dedos" para poder adicarllo a todos eles.

BOA SORTE PARA OS BLOGS AMIGOS!!!!!

E

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS!!!!!

5 feb 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS CUMPRE 5 ANOS


CINCO ANOS!!! E parece que foi onte cando comezamos esta aventura colaborativa. Esta vez para celebrar o noso aniversario soamente ímovos dar as grazas.

GRAZAS por participar colaborando e aportando recursos.
GRAZAS por visitar os nosos blogs para seguir informados.
GRAZAS por contar con este proxecto cando procurades recursos para un tema novo.
GRAZAS polas vosas palabras de agarimo hacia nós en todo este tempo.
GRAZAS por seguir aí ano tras ano.

Por todo isto, invitámosvos a levar este selo de celebración aos vosos blogs e como sempre dicimos: este proxecto non sería nada sin todos eles, así que este aniversario vai adicado aos BLOGS AMIGOS.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!


10 dic 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: SEGUIMOS AQUÍ


Como xa vos dixemos, desde hai un tempo, publicamos unha entrada trimestral coas actualizacións de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Estamos moi contentas de ver que o proxecto segue vivo. É evidente que cada vez é máis difícil que os temas que plantexamos para traballar cos nosos alumnos no estean xa dentro do SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS, pero hai que recoñecer que sempre aparecen temas sorprendentes e orixinais. Estes son os temas novos deste trimestre:

Veterinario, vacacións, superhéroes, prehistoria, 
resfriado, o reciclado, a diversidade e a petanca.

Hoxe vos presentamos en primeiro lugar a lista de blogs participantes actualizada. Son 6 os novos blogs participantes, benvidas Mª Ángeles, Vanessa, Ángela, Mónica, Patricia e Concha.


Tamén aproveitamos para deixaros o noso symbaloo actualizado con todos os temas que recopilamos ata agora:


Volveredes a ter noticias nosas o próximo trimestre. Se alguén solicita participar no proxecto e valoramos positivamente a súa solicitude, pasará a formar parte do proxecto de xeito inmediato e comunicarémosllo ao resto dos blog amigos na entrada trimestral.
Todos os enlaces recopilados continuaremos recolléndoos revisados, filtrados e clasificados no SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Invitámosvos tanto aos blogs amigos participantes como a todas as persoas que nos visitades, que vos deades unha voltiña por este gran arquivador porque realmente merece a pena utilizalo nos nosos proxectos. Aquí vos deixamos o enlace:
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E se tes un blog de educación e queres participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS só debes deixarnos un comentario nesta entrada xunto a un mail para que nos poñamos en contacto contigo. ANIMARVOS!!!!!!!!

MOITAS GRACIAS AOS BLOGS QUE XA PARTICIPARON NESTE CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA 


17 sept 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS 2016-2017 "Seguimos a compartir"


Ana (AulaTic)
Noelia (Mi cole al día)
Mireia (Món infantil)
as cinco damos a benvida ao novo curso escolar 2016-2017 a todos os participantes de "UN PROXECTO ENTRE TODOS". Para nós é unha gran fachenda poder volver a darvos a benvida coa mesma ilusión coa que comezamos hai xa máis de catro anos. Entón non sabiamos se tería éxito aquela "nova aventura". Agora, sentímonos máis que satisfeitas e seguimos convencidas de que o traballo en equipo e a colaboración son imprescindibles e moi positivas nesta profesión. Informámosvos da última incorporación de Claudia, Marta, Muntsa e Carolina (BENVIDAS!!) ao proxecto co que xa somos 176 BLOGS AMIGOS. Aquí tedes a lista actualizada:


Encantaríanos volver a chegar ata os 200 e por iso, convidámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instruccións de funcionamento, para que vos animedes. Só debedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blog co que queredes participar e poñerémonos en contacto o antes posible.


INSTRUCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos.

Primeiro selo: engádese ao blog (en forma de gadget) e que indica que formas parte deste proxecto. Non se pode poñer no blog ata que non se confirme a admisión no mesmo.


- Segundo selo: Cando imos a comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito, nos facilitamos entre todos a búsqueda.


      Lembrámosvos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos, os filtramos e os deixamos clasificados no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS.

       Poderiamos definilo coma un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para poder recuperar todos os recursos que se están  acumulando en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando esteamos preparando algún proxecto, sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes por tanto:

- Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto
- Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.  
- As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
- Os selos de participación do proxecto.
- O equipo de 5 blogues organizadores.
- As direccións de email para contactar cos blogs organizadores por si surxe algún problema ou tedes algunha dúbida.



     Esperamos que neste curso sexan moitos os novos temas que vaian xurdindo e que sexades moitos os que vos animedes a participar.

   BENVID@S AO NOVO CURSO
ANA, FINI, NOELIA, MIREIA E MIREN


30 jun 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: "PREME O TEU BOTÓN COLABORATIVO"


Rematamos o curso e sentímonos moi fachendosas de comprobar que despois destes anos, este proxecto seguiu funcionando. Somos conscientes de que non ten nin pode ter a mesma actividade que cando comezamos porque xa se realizou unha gran recopilación de temas variados. Pero tamén, fixéstenos saber que sodes moitos (participantes do proxecto ou non) os que utilizades o SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS para preparar os vosos proxectos. Iso é suficiente para que continuemos co mesmo entusiasmo e ilusión.

E é por iso, que de novo entregamos un recoñecemento a todos os BLOGS ACTIVOS do curso 2015-2016. Nesta ocasión, entregámosvos este BOTÓN AO BLOG COLABORADOR e animámosvos a continuar participando.

Na lista que aparece abaixo, están todos os blogs que colaboraron aportando enlaces nas entradas de petición de axuda. Se algún participante non ve o nome do seu blog e participou, simplemente ten que deixar un comentario co enlace á entrada na que prestou a súa axuda e engadirémolo na lista. Sodes moitos e son moitas as entradas e ao mellor pasóusenos algún. Nas próximas semanas, enviarémosvos a cada un, o voso botón personalizado e pediríamosvos por favor, que nos confirmedes que o recibíchedes.

Ademais, informámosvos dunha nova incorporación, co que xa somos 172 blogs activos. Deixámosvos a lista de blogs colaboradores actualizada: benvida Elena!!!!!


E sen máis, desexámosvos a todos
FELIZ VERÁN!!
Vémonos á volta das vacacións.

MOITAS GRAZAS AOS BLOGS
QUE PARTICIPARON NESTE CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOE

14 may 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS: NOVA LIÑA DE ACTUACIÓN


Xa hai máis de 4 anos que cinco mestras blogueiras nos embarcamos nesta aventura colaborativa que tantas alegrías nos deu. A principal, poder unir a tanta xente cun obxectivo común: "Compartir os nosos recursos e as nosas habilidades na búsqueda de recursos para a realización de proxectos". Alédanos moito poder decirvos que desde que empezamos este novo curso, plantexáronse 15 novos temas:

O colexio, polbos, o Polo Norte, Reino Unido, Monet,
Vivaldi, Inuits, Francia, Tchaikovsky, Estados Unidos,
caracois, ciencia e experimentos, cerebro e sabana africana.

Desde que comezamos con UN PROXECTO ENTRE TODOS , cada mes realizamos unha entrada de actualización do proxecto para informarvos a todos dos avances. Foron moitas entradas e por iso decidimos darlle un xiro a esta dinámica. A partir de agora, publicaremos unha entrada de actualización cada trimestre. Se alguén solicita participar no proxecto e valoramos positivamente a súa solicitude, pasará a formar parte do proxecto de xeito inmediato e comunicarémosllo ao resto dos blogs amigos na entrada trimestral.

Todos os enlaces recopilados, continuaremos recolléndolos revisados, filtrados e clasificados no SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Invitámosvos tanto aos blogs amigos participantes como a todas as persoas que nos visitades, que vos dedes unha volta por este arquivador xigante, porque realmente merece a pena utilizalo para os vosos proxectos. Aquí vos deixamos o enlace.
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E se tes un blog de educación e queres participar en UN PROXECTO ENTRE TODOS só debes deixarnos un comentario nesta entrada xunto a un mail para que nos poñamos en contacto contigo. ANIMARVOS!!!!!!!!

MOITAS GRACIAS A TOD@S
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA 


13 feb 2016

UN PROXECTO ENTRE TODOS CUMPRE 4 ANOS


Fai xa catro anos que unimos os nosos blogs, ilusións e esforzos para comezar este gran proxecto que nos permitiu crear unha gran rede de axuda entre mestres e mestras para a realización de proxectos. Sen apenas coñecernos, pero admirándonos unhas ás outras, logramos crear un grupo de traballo do que estamos moi fachendosas. É, sen dúbida, unha das mellores aventuras nas que nos embarcamos as cinco e nunca pensamos que catro anos despois seguiríamos coa mesma ilusión ou máis.

Pouco a pouco o número de blogs amigos que colaboran foi cambiando e medrando pero é unha gran ledicia para nós ver que cada vez que alguén pide axuda son moitos os participantes que achegan o seu "granito de area". Este proxecto non sería nada sen todos eles así que este aniversario vai adicado aos BLOGS AMIGOS.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!!!!!!!!


12 dic 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: PUBLÍCANNOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL


Con esta xenial imaxe nosa debuxada por Noelia, a ilustradora do noso equipo, temos a gran ledicia de compartir con todos que nos publicaron un artigo sobre UN PROXECTO ENTRE TODOS na BIBLIOTECA ESCOLAR DIXITAL, o cal é todo un honor para nos. Agradecemos moito o interese que demostraron polo noso proxecto, á vez que a difusión para seguir medrando todos xuntos. Se queredes descargaros o artigo, só debedes clicar no enlace e pinchar sobre o título.





Aproveitamos para deixarvos o enlace á lista de blogs actualizada, dando a benvida a nova participante, Patricia.


E tamén o enlace para que poidades seguir utilizando o SITES con todos os enlaces dos temas recopilados, para seguir preparando xeniais proxectos.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/
E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS A TOD@S
ANA, FINI, MIREN e MIREIA

17 oct 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: ACTUALIZAMOS DE NOVO A LISTA DE BLOGS AMIGOS


Despois de varios meses nos que a lista de admisión estivo pechada mentras faciamos unha posta a punto a  este proxecto, o mes pasado a voltamos a abrir. Hoxe temos a ledicia de dar a benvida a 11 novos participantes dos que algúns ya comezaron a colaborar activamente. BENVIDOS!!!! Ana, Laura, Consuelo, Silvia, Anna, Elena, Carmen, José, Marta, Ángélica e Mary a UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Aquí vos deixamos a lista de blogs amigos actualizada. Debidos a problemas técnicos co BOX, esta vez vos deixamos o enlace, en lugar da lista incrustada.

https://app.box.com/shared/p65s7jdud5jh1dh8bjgj

Lembrámosvos que podedes animarvos a participar neste proxecto. Só tedes que deixar un comentario nesta mesma entrada co voso MAIL e a URL do blog co que queredes participar e nos poñeremos en contacto o antes posible.


Acabamos de comezar o curso e xa engadimos dos novos temas no noso SITE. Xa son polo tanto, 115 temas recopilados, así que aquí vos deixamos o enlace para que poidades seguir utilizándoo:
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

E como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS A TODOS OS BLOGS
QUE XA PARTICIPARON ESTE CURSO
ANA, FINI MIREIA, MIREN E NOELIA


20 sept 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: CURSO 2015/16. VOLTAMOS CON FORZA!!!!


Este grupo de blogueiras:

Ana (AulaTic)
Noelia (Mi cole al día)

dá a benvida ao novo curso escolar 2015-2016 a todos os participantes de "UN PROXECTO ENTRE TODOS" con tres novidades. 

CAMBIAMOS DE IMAXE

O SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS estrena novo "look" máis moderno e actualizado, pero coa mesma estructura de arquivador de recursos que foi ata o de agora:

https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


Durante o verán, revisamos os enlaces dos 112 temas que xa se atopan recopilados de tal xeito, que retiramos aqueles que desapareceran ou simplemente non funcionaban.

IMOS SER 1 MÁIS

A nosa querida compañeira Fini de "Mi grimorio escolar" tomarase uns meses de merecido descanso e retiro debido a súa próxima maternidade e desde aquí deremos darlle a nosa NORABOA e dicirlle que disfrute ao máximo desta nova etapa.

 ABRIMOS A LISTA DE ADMISIÓN

Tras deixar fóra da lista de participantes a aqueles blogs que se apuntaron ao proxecto e nembargantes nunca colaboraron aportando enlaces, a lista baixou de 200 blogs participantes a 159. Co que de novo volve a haber vacantes para participar.

Invitámosvos a participar neste proxecto, lembrando as instrucións de funcionamento, para que vos animedes. So deberedes deixar un comentario nesta mesma entrada co voso mail e URL do blo co que queredes participar e nos poñeremos en contacto o antes posible.


INSTRUCCIÓNS XERAIS

Para participar utilizamos dous selos:

Primeiro selo: engádese ao blogue (en forma de gadget) e indica que formas parte deste novo grupo.


Segundo selo: cando imos comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesa entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito nos facilitamos entre todos a búsqueda.


Lembrámosvos tamén que todos os enlaces, que compartimos entre todos, están recollidos no SITES  de UN PROXECTO ENTRE TODOS.

Poderiamos definilo como un "espazo" cómodo e práctico ao que poder acudir, para así recuperar todos os recursos que se están a acumular en calquera momento que se poidan necesitar. Así de sinxelo, simplemente é un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando estemos preparando algún proxecto sin necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes polo tanto:
  • Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto.
  • Todos os enlaces proporcionados polos blogues colaboradores.
  • As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos".
  • Os selos de participación do proxecto.
  • O equipo de 5 blogues organizadores.
  • As direccións de email para contactar cos blogues organizadores por si xorde algún problema o tedes algunha dúbida.

 https://sites.google.com/site/unproxectoentretodos/

Esperamos que este curso funcione tan ben como os anos anteriores ...

BENVIDOS AO NOVO CURSO
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

6 jun 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: LISTA DE BLOGS AMIGOS ACTUALIZADA

Xa estamos rematando o curso, e antes de desperdirnos para descansar este verán, queremos presentarvos a lista de BLOGS AMIGOS actualizada. Suprimimos todos aqueles blogs que dende a creación deste proxecto, hai máis de tres anos, non colaboraron nunca aportando enlaces a calquera das peticións de axuda. Deste xeito o número de blogs amigos reduciuse a 159.


Queremos seguir mantendo o límite de 200 BLOGS AMIGOS para non complicar a organización deste proxecto, pero evidentemente de novo creáronse 41 prazas para poder apuntarse. Como só queda un mes de curso, decidimos abrir o prazo de inscripción a principios do mes de SETEMBRO para poder adicar o verán a actualizar o SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS. Durante estes meses foron numerosas as persoas que nos manifestaron o seu desexo de participar e animámosvos a solicitalo de novo a partires de setembro.

ESTADE ATENTOS Á APERTURA DA INSCRIPCIÓN!!!!!!!

E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS AOS BLOGS QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

18 abr 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: "POSTA A PUNTO DO NOSO SITE"


Desde hai xa máis de tres anos vimos recopilando, entre todos, gran cantidade de enlaces con recursos para poder preparar e realizar proxectos, unidades didácticas, etc. En concreto son enlaces para 108  temas diferentes sobre os que se pediron axuda ao longo deste tempo. También nestes anos foronse sumando, a este gran proxecto, de forma escalonada moitos máis blogs e por iso decidimos que este derradeiro trimestre do curso imos realizar unha revisión do SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS, e  gustaríanos explicarvos en que vai a consistir dita revisión:

  • En primeiro lugar imos comprobar que enlaces seguen activos e cales non, estes últimos os eliminaremos.
  • En segundo lugar ofrecémosvos a todos aqueles que ao longo deste tempo realizáchedes novos proxectos sobre os temas recopilados, compartilos con todos nós. Para iso, só debedes mandar o enlace do recurso (proxecto, xogo, presentación, etc) que queredes que quede recollido nalgún dos temas do SITE do proxecto ao noso mail: unproyectoentretodos@gmail.com e nós engadirémolo. Só vos pedimos, por favor, que previamente comprobedes que non aparece xa recollido e que non indiquedes en que TEMA queredes que o engadamos.
Nós seguimos poñendo ao día a lista de blogs amigos e de momento continúa pechada a lista de admisións. No caso de decidir abrila volo comunicarémolo rapidamente.

https//sites.google.com/site/unproyectoentretodos/

Por último queremos darvos as grazas a todos os que colaboráchedes aportando enlaces de axuda a todas as peticións pois grazas a esas colaboracións poidemos construir un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando esteamos preparando algún proxecto, sen necesidade de ter que facer nada máis.

Nel atoparedes polo tanto:
  • Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto.
  • Todos os enlaces proporcionados polos blogs colaboradores.
  • As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos"
  • Os selos de participación do proxecto.
  • O equipo de 5 blogs organizadores.
  • As direccións de email para contactar cos blogs organizadores por se xorde algún problema ou tedes algunha dúbida.
E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS AOS BLOGS QUE PARTICIPARON.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA

21 feb 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: CUMPRIMOS TRES ANOS!!!!!!!


Estamos de celebración!! UN PROXECTO ENTRE TODOS cumpre xa 3 ANOS. Cando comezamos este aventura ningunha das cinco nos imaxinamos que o noso pequeno proxecto chegaría a estas dimensións:

 3 ANOS COMPARTINDO
 200 BLOGS AMIGOS
 107 TEMAS DE PROXECTOS RECOMPILADOS
 159 BLOGS ACHEGARON ENLACES

 Por suposto todo isto só foi posible grazas á vosa xenerosidade e parécenos que o mellor xeito de celebralo é continuar compartindo. Como xa vos comentamos na nosa última entrada alcanzamos a cifra tope de 200 blogs amigos para participar nun PROXECTO ENTRE TODOS. Agradecemos moito as novas peticións que nos están a chegar pero ese é o número máximo que decidimos aceptar e de momento as listas de admisión continuarán pechadas. Non obstante tamén consideramos que non ten sentido ser membro dun proxecto colaborador sen realizar ningún tipo de participación ou utilizando o devandito proxecto unicamente en beneficio propio. E por iso imos realizar unha reorganización da lista de blogs participantes. Todos aqueles blogs que non participaron en ningunha ocasión achegando algún recurso ás peticións de axuda ou que ben unicamente pediu axuda para realizar os seus proxectos pero nunca axudaron eles, consideramos que deben abandonar o noso proxecto e por iso xa lles mandamos un correo electrónico solicitándolles a retirada do selo do proxecto. Como algúns deles non nos contestaron ao correo electrónico ou mensaxe no seu blog, hoxe publicamos a lista de todos estes blogs para que toda esta información quede pública no proxecto. Nunha próxima entrada publicaremos a lista definitiva de blogs amigos despois das baixas oportunas.
Recordámosvos que no SITES dun PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces dos 107 temas que recompilamos nas entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES  atópase toda a información sobre o proxecto e se vos xorde algunha dúbida alí tedes os nosos correos electrónicos de contacto.


 https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

17 ene 2015

UN PROXECTO ENTRE TODOS: XA SOMOS 200 BLOGUES AMIGOS


Comezamos o novo ano 2015 do mellor xeito posible ...

XA SOMOS 200 BLOGUES AMIGOS!!

Como xa vos avisamos na entrada anterior de UN PROXECTO ENTRE TODOS, de momento pechamos a admisión de blogues como participantes activos a este proxecto. Son moitos blogues, moitas entradas de petición de axuda e queremos que este proxecto poida continuar funcionando coa mesma eficacia que ata agora e para iso vémonos obrigadas a limitar o número de blogues participantes. Así que lle damos a benvida aos derradeiros blogues que se uniron a este proxecto:


Durante os próximos meses queremos actualizar a base de datos do proxecto e por iso vos pedimos que se cambiáchedes a url dos vosos blogues, o nome do voso blog, a dirección de mail, etc... nolo comuniquedes para poder modificalo tanto na lista de participantes de BOX , como na nosa base de datos.

E a todos aqueles que nos pedíchedes participar e de momento quedáchedes fóra da lista de participación, invitámosvos a utilizar todos os recursos recopilados grazas á colaboración desinteresada de tantos blogues amigos.

https//sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E coma sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA

6 dic 2014

Un proxecto entre todos: PECHAMOS A LISTA DE BLOGUES AMIGOS AO CHEGAR AOS 200


QUE NINGUEN SE ASUSTE!! que non pechamos UN PROXECTO ENTRE TODOS, simplemente deixaremos de admitir novos blogues amigos colaboradores cando cheguemos aos 200 blogues. A lista xa é moi longa chegando aos 3 anos de proxecto e temos que recoñecer que a loxística foise complicando. Por iso decidimos que PECHAMOS A LISTA DE ADMISIÓN.


Nestes momentos, temos 197 blogues amigos na nosa base de datos de participantes, o que quere dicir que quedan 3 PRAZAS para poder unirse a este proxecto colaborativo. As tres primeiras peticións que consideremos que cumpren as condicións necesarias serán as que cubran estas prazas.
Mentres isto ocorre, seguiremos ampliando a lista de temas no noso SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS, en función das vosas peticións de axuda. Animámosvos a continuar innovando e presentado temas novos. En meses posteriores vos iremos contando novas novedades.

https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/


E como sempre dicimos:

MOITAS GRAZAS AOS BLOGUES QUE PARTICIPARON
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA

8 nov 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: INCORPORACIÓNS NOVEMBRO 2014


Aquí tedes a lista de blogues colaboradores actualizada para que podades faceros seguidores dos novos blogues. Xa somos 197 blogues unidos en "UN PROXECTO ENTRE TODOS", a ver si para este Nadal chegamos aos 200. NON ESTARÍA NADA MAL!!! Dámoslles a BENVIDA aos novos participantes, e esperamos vervos pronto aportando enlaces de axuda.



Nesta ocasión, simplemente vos lembramos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces dos 101 temas que recopilamos nas entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES atópase toda a información sobre o proxecto e se vos xorde algunha dúbida, alí tedes os nosos mails de contacto.


E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS A TODOS OS BLOGUES QUE PARTICIPARON.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA.