Este domingo celebrarase o día da SAÚDE. Cada ano, elíxese para ese día un tema de interés prioritario para a sáude pública mundial. O tema deste ano é a HIPERTENSIÓN, unha enfermidade que ainda que afecta a un de cada tres adultos, segue en gran medida oculta porque non sempre produce síntomas.
Aproveitando esta celebración, ao longo desta semana, na clase estivemos a falar das cousas que tiñamos que facer para medrar sans e fortes como: facer exercicio, durmir as horas adecuadas, comer comida variada, comer moita froita e verdura, non abusar das chucherías nin dos doces, beber moita auga,... e estivemos a facer o noso decálogo para medrar sans:
Aquí vos deixamos estes recursos e xogos para adquirir uns hábitos saudables:
DECÁLOGO PARA MEDRAR SANS


