Mostrando entradas con la etiqueta DÍAS INTERNACIONAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍAS INTERNACIONAIS. Mostrar todas las entradas

22 mar 2011

DÍA DA AUGA

O DÍA MUNDIAL DA AUGA lembra cada 22 de marzo e dende 1993, a instancias de Nacións Unidas, a escasez deste valioso elemento: máis de 1.100 millóns de persoas non teñen acceso á auga potable e 2.600 millóns non dispoñen de sistemas de saneamento adecuados.
O lema deste ano é: "AUGA PARA AS CIDADES: RESPONDENDO AO DESAFÍO URBANO", e ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, as organizacións,  comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.
No blog "MANS REDONDAS" podedes atopar moitos recursos para traballar o tema da auga cos máis pequenos e aqui vos deixo dous máis: "CHIPI,CHIPI" de educación ambiental do goberno mexicano e "LA GOTA CLARITA" de Augas de Sevilla. Como sempre clicade na imaxe para acceder.


7 feb 2011

Día Internacional da Seguridade en Internet

Mañá celébrase o Día Internacional da Seguridade en Internet en moitos países de Europa e no resto do mundo. Este evento, promovido por INSAFE  ( Rede Europea por un Internet Seguro) da Comisión Europea para a conciención sobre un bo  e seguro uso da Rede, ten lugar todos os anos desde o 2004  no mes de Febreiro, co obxetivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores y xóvenes. O tema para este ano 2011 é "a vida virtual" arredor do slogan "É MÁIS CUN XOGO, É A TÚA VIDA".
No portal da Xunta de Galicia, podemos atopar  o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que @s escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa  intención é que se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.