Esta semana celebrouse a
"SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA". É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "
alomenos un día trabállase na aula con xornais".
Na Web
"EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:
1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.
Nós, non poidemos adicar toda a semana a traballar a prensa como sería o noso desexo, pero si sacamos un pouquiño de tempo para tratar o tema. Así que falamos do que era a prensa e dos xornais. Á pregunta,
QUE É UN XORNAL? Contestaron:
- é papel
- son cousas interesantes que pasan
- para saber todas as novas
- o que pasa
- os accidentes
- o fútbol,...
Repartimos a cada un, un xornal (neste caso a OPINIÓN de A Coruña, que nolo mandan gratis ao cole) e con el na man, vimos o que era a
CABECEIRA e que se poñía nela, analizamos a
ESTRUTURA do xornal e algunhas das seccións que podiamos atopar nel e para finalizar, cada un de nós elexiu unha
NOVA que tiña fotografía, a recortamos, a pegamos e escribimos o seu
TITULAR.
Estas son as fichas que fixemos:
E esta unha selección de variados recursos para traballar a
SEMANA DA PRENSA que atopamos no blog
BIBLIOTICS. Clicade na imaxe para acceder aos recursos:
Lembrade que no blogroll da dereita tedes un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.