25 feb 2011

LIBRO COLABORATIVO SOBRE O ENTROIDO

No blog "CASA DE TOL@S" podedes atopar o LIBRO COLABORATIVO SOBRE O ENTROIDO no que participamos co noso conto "ENTROIDO NA CARBALLEIRA". Clica na imaxe de abaixo para acceder.

24 feb 2011

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento,  unha lectura simultánea de textos de Rosalía de Castro en oito vilas e cidades galegas para pedir o recoñecemento oficial da obra da poetisa  e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións. Solicitarase tamén que o Día de Rosalía pase a formar parte do calendario escolar, para que con ese motivo todos os centros escolares promovan actividades didácticas que actualicen e dean difusión ao seu pensamento.
A min persoalmente gústame moito dita proposta  por iso a apoio con esta poesía:

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.


Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
                (Rosalía de Castro)


22 feb 2011

SEGUIMOS CO ENTROIDO

Déixovos o video do conto: "ENTROIDO NA CARBALLEIRA" por si o queredes utilizar antes ou despois de traballar co libro LIM. Aquí tedes a versión en GALEGO ...


e aquí a versión en CASTELÁN...

21 feb 2011

XA CHEGA O ENTROIDO


Está a piques de chegar o Entroido unha das festas máis populares e alegres do calendario.  Nós xa comezamos a adornar o colexio ( na imaxe de arriba podedes ver o que puxemos  no noso corredor) e ao longo desta semana iremos preparando os disfraces para a festa .

Para ir traballando sobre o tema, preparei este libro LIM cun conto sobre o Entroido que atopei na rede. As actividades están en galego e en castelán. Espero que vos sexa útil para traballar cos rapaces e rapazas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

17 feb 2011

HOXE ... SORPRESA!!!


Hoxe pola mañá a primeiriña hora tivemos unha agradable sorpresa. O noso compañeiro José Pena que vai ao taller de carpintería veunos traer o noso mural do inverno . Ainda que xa o rematamos hai un par de semanas, tivemos que esperar a que nos trouxeran o panel de madeira para pegalo e que José fixese o marco e o pintara.  Vos deixo as fotos de como o pintaron entre todos para que vexades o ben que o fixeron e tamén como homenaxe ao noso compañeiro LUÍS MIGUEL VARELA  que no pasado mes de xaneiro trasladouse a outro centro máis preto da súa casa. Dende aquí queremos desexarlle que teña moita sorte e que de cando en vez visite este blog que é tanto del como noso.
Si vos colocades enriba da imaxe vos sae unha LUPA coa que podedes ver máis de cerca os pequenos detalles.

14 feb 2011

FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN

Hoxe celebramos o día dos namorados. A pesar de que nesta época de consumo masivo, o día de San Valentín convertiuse nun espectáculo comercial para moitos, o feito é que este día foi considerado o día dos namorados durante séculos.
Para que poidades aprender máis sobre o día de San Valentín e a lenda que hai detrás da festa, aquí vos deixo esta "Caza do tesoiro" feita polo colexio Walabonso de Niebla (Huelva). Para acceder, clicade na imaxe de abaixo.


7 feb 2011

Día Internacional da Seguridade en Internet

Mañá celébrase o Día Internacional da Seguridade en Internet en moitos países de Europa e no resto do mundo. Este evento, promovido por INSAFE  ( Rede Europea por un Internet Seguro) da Comisión Europea para a conciención sobre un bo  e seguro uso da Rede, ten lugar todos os anos desde o 2004  no mes de Febreiro, co obxetivo de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores y xóvenes. O tema para este ano 2011 é "a vida virtual" arredor do slogan "É MÁIS CUN XOGO, É A TÚA VIDA".
No portal da Xunta de Galicia, podemos atopar  o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que @s escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A súa  intención é que se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.