31 ene 2014

CLAUSTRO-BLOGUE VISITA "LA COCINA DE LAS TIC"


Esta semana tivemos o enorme pracer de ser invitadas como CHEFS 2.0 a "La Cocina de las TIC" INFANTIC-TAC, para compartir con todos os seguidores deste estupendo blogue, a nosa experiencia como coordinadoras do proxecto colaborativo UN PROXECTO ENTRE TODOS e como blogueiras.


Recomendámosvos que vos dedes un paseo por esta estupenda COCIÑA e poderedes descubrir todos os INGREDIENTES SEGREDOS de UN PROXECTO ENTRE TODOS. 


Moitas grazas a Marta e Sara pola oportunidade que nos brindaron.

30 ene 2014

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ



Así celebramos hoxe o día da PAZ:

Comezamos as 11:30 no Salón de Actos, vendo unha presentación na que aprendimos por que se celebra o día escolar da paz  o 30 de xaneiro e que é A PAZ.


A continuación, cada clase acompañada de su profe, pegó en el mural la flor que hicieron en clase. Así estaba o mural ao principio:



E así quedou despois de pegar todas as flores:



Esta é a flor que fixemos nós:


Despois chegou o turno da música. Comezamos coa actuación da profe Bea e Juanito que co xilófono nos tocaron o HIMNO DA ALEGRÍA, continuamos bailando e cantando PAZ, PAZ, PAZ  de Juanes , QUEREMOS PAZ de Maná e a actuación sorpresa de Brais e Yolanda do PCPI que nos escenificaron a canción de Andy y Lucas, LAS MANOS DEL MUNDO. Aquí tedes algunha foto:


E xa para rematar un gran día, que mellor que facelo, que de xeito moi doce,  tomando CHOCOLATE CON CHURROS:


Antes de despedirnos, déixovos un libriño que fixeron os meus alumnos sobre...

ONDE PODEMOS ATOPAR A PAZ?

29 ene 2014

QUE É A PAZ? CÓMO A SENTIMOS?

Nesta entrada, ímovos amosar algunhas das cousiñas que fixemos sobre a PAZ ata o de agora. Comezamos a semana falando de QUÉ É PARA TI A PAZ? 



Aproveitando que estamos co proxecto do CORPO HUMANO , e que máis adiante imos traballar os SENTIDOS, seguimos coa PAZ pero esta vez a pregunta foi:

CÓMO SENTES A PAZ?


Ademais, fixemos estes medallóns  que vimos na WEB DO MAESTRO:


E tamén estas pombiñas con servilletas brancas e que despois pegamos para facer un pequeno mural:


27 ene 2014

BUFANDAS

Imaxe de Pilar Argés

Continuando co inverno, e co proxecto da "BUFANDA HUMANITARIA", a semana pasada volvimos a contar este fermoso conto que ademáis está moi indicado para traballar nestas datas. Si alguén non sabe cal é o conto que clique AQUÍ.

Despois de falar longo e tendido sobre él e lembrar algunhas cousiñas, cargados cunha MISTERIOSA CAIXA que non tiña nada por fóra, fomos á Sala de Día, onde facemos o recreo os días que chove. Puxemos  a caixa no chan e vimos que ... 

ESTABA CHEÍÑA DE BUFANDAS DE TODOS TIPOS E CORES!

A continuación lemos unha poesía: "BUFANDAS" de Nilda Zamataro. Era unha poesía moi bonita e disfrutamos un montón con ela porque había que facer moitísimas cousas. Ollade, ollade:



 Cando rematamos a  poesía, utilizamos as bufandas para traballar conceptos matématicos como LONGO/CURTO, ordear de MAIOR A MENOR, de MENOR A MAIOR, ...


Despois trasladamos o aprendido ao papel:




 E como todavía estabamos moi motivados co tema, aproveitamos tamén para facer algo de grafomotricidade :


26 ene 2014

SEMANA DA PAZ


Como xa todos sabedes, este xoves celebrarase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, así que ainda que a PAZ é un tema moi importante que traballamos ao longo de todo o curso, non só un día, esta semana entrante a traballaremos máis a fondo.

Botaremos man, unha vez máis,  dos recursos que  temos de anos anteriores e que nunca veñen mal:



Imaxe de NOELIA do blog MI COLE AL DÍA (http://micolealdia.blogspot.com.es/)

Ademáis estamos preparando un mural colectivo xunto con todas as outras clases do cole, facendo algunha que outra pequena manualidade, ensaiando as cancións de Maná e de Juanes que cantaremos e bailaremos o xoves,  e traballando sobre un libro e unha poesía da paz.

Xa vos amosaremos todo o que fagamos. Mentras  tanto  vos deixamos co video que fixemos o ano pasado e que nos gustou moitísimo:



E se queredes ver algunha das nosa entradas anteriores sobre a PAZ, clicade na imaxe:

24 ene 2014

COMO SOMOS POR FÓRA?

Continuando co noso proxecto sobre o corpo humano, estes días estivemos observando como somos por fóra.

DESCRIBÍMOSNOS


MEDÍMOSNOS


Co medidor que pegamos tras a porta. por parellas nos medimos. O noso medidor, só tiña un problemiña e é que  chegaba ata os 175 cm e dous de nós, nos pasabamos, polo que tivemos que axudarnos dunha regra :):


PESÁMOSNOS

Utilizando unha báscula dixital que atopamos nunha clase:


Pasamos todos os resultados a unhas gráficas que debuxamos no encerado. Pero como a profe xa non tiña batería nin na cámara nin no móbil, non puido quitar fotos :( Coas gráficas diante, descubrimos quen era o máis alto de clase, o máis baixo, quen era o que pesaba máis e quen era o que menos .
Ollade estas gráficas a ver si vos tamén  o descubrides:




E xa que estabamos coas medidas, decidimos practicar a medir coa regra, e que podiamos medir? Pois ... as nosas mans e os nosos pés, por exemplo:


22 ene 2014

REMATAMOS A DECORACIÓN INVERNAL

Estes días demos por rematada a nosa decoración invernal.
Empezamos pola porta ...


E continuamos coas ventás:

- A VENTÁ DAS MANOPLAS, que fixemos con moitísimo coidado pegando papeliño a papeliño e procurando que non se nos quedaran pegadas as mans :) ...


- A VENTÁ DOS GORROS, porque vai moitíííííísimo frío polos menos aquí estes días ...


- E a última, a VENTÁ DAS FOLERPAS DE NEVE, esta custounos un pouquiño máis porque ademais de traballar a motricidade fina (facendo boliñas coa plastilina) traballamos as matemáticas facendo series de cores. Unha vez que montabamos un escarbadentes escollendo unha boliña de cada cor, tiñamos que facer os outro catro iguais e despois formar a folerpa.


QUE VOS PARECE O RESULTADO?

20 ene 2014

COMEZAMOS NOVO PROXECTO



Neste trimestre  a nivel de todo o centro, levaremos a cabo un  proxecto sobre O NOSO CORPO. Eleximos este tema porque os nenos e nenas se expresan e senten a través do seu corpo, por iso, é importante que o coñezan, exploren e o vivencien, non só as súas partes externas e visibles, senón tamén, aquelas que non se ven pero se senten e xeneran neles un gran interese.

Esperamos que ao finalizar o proxecto, os noso alumnado teña un coñecemento máis amplo do seu corpo e as partes que o forman:  que identiquen os principais órganos internos relacionados coa respiración, a dixestión e a circulación, ademais das articulacións, os ósos e os músculos; así como os hábitos saudables de coidado corporal e alimentación.

Comezamos coma sempre por saber cales eran os seus coñecementos previos e que é o que querían aprender. Na nosa clase isto foi o que dixeron:

http://prezi.com/qrng_ippfp7c/o-noso-corpo/

E a continuación fixemos a primeira ficha do proxecto, ESTE/A SON EU,para ver como se ven eles mesmos. Estes foron os resultados:


18 ene 2014

RESEÑA SOBRE O PROXECTO A VENDIMA

Estamos contentísimos! O noso proxecto sobre a VENDIMIA, saiu onte publicado no ESPAZO ABALAR da Consellería de Educación no apartado de EXPERIENCIAS 2.0

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/vendima

16 ene 2014

A BUFANDA HUMANITARIA

Como xa vos adiantaba nunha entrada anterior, dentro da unidade didáctica do inverno, estamos a traballar o conto "A BUFANDA HUMANITARIA" de Ana Gracia.

Empezamos contando o conto, que por certo lles gustou moito, e despois estivemos a falar sobre el: seguindo as propostas de Pilar e de Sandra: quenes eran as protagonistas? que facían? quen as axudaba? quen ía sempre a mercar bufandas? para que as quería? se lles gustou o conto ou non,... Nótase que todos estiveron moi atentos porque respostaban moi ben, o único que lles costou un chisquiño, foi lembrar os nomes dos protagonista, e pouco a pouco rematamos falando das cousas que podiamos facer nos para axudar aos demais. Estas son algunhas das cousas que dixeron:

- Podemos axudar a levar aos nenos e nenas de cadeiras de rodas
- Podemos dar unha gran aperta a un amigo que está triste
- Podemos compartir as nosas cousas
- Podemos axudar a facer as cousas aos que non saben
...

Como nos gusta moito debuxar, rematamos facendo un debuxo sobre o conto. Ollade que bonitos nos quedaron :








Esta é a ficha en branco que preparamos por se a alguén máis lle pode resultar útil:


Proximamente probaremos a facer as nosas bufandas humanitarias. Xa volas ensinaremos.