30 nov 2014

FOTOS DA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO


A piques de empezar o mes de Nadal, todavía quedábannos por subir as fotos da celebración do Magosto. Aquí volas deixamos para que vexades o ben que o pasamos:

Clicade na imaxe

E tamén queremos ensinarvos o ben que nos quedou ilustrado o conto de "María a Castañeira" que fixemos entre todas as clases do cole:

26 nov 2014

A NOSA APORTACIÓN AO PROXECTO: "O GRAN LIBRO VIAXEIRO"


Hoxe queremos amosaros a nosa participación no proxecto: "O gran libro Viaxeiro". No libro, tiñamos que cubrir tres páxinas. As dúas primeiras tiñan que ser en castelán para que os coles das outras comunidades o poidesen entender ben e a terceira a podiamos facer en galego, que é o que fixemos para que tamén vexan o bonito que é o noso idioma.

- Unha sobre a nosa comunidade:


- Outra sobre o noso cole:



- E unha terceira sobre algo que estivésemos a estudar neste momento:


Témoslle que agradecer a Óscar Alonso do blogue LA EDUTECA que nos propuxera colaborar con el neste proxecto, porque foi unha experiencia incrible da que disfrutamos enormemente tanto os nenos como os profes. Decirlle tamén que en todo momento procuramos que Pepa estivese moi contenta entre nós e por iso, para que non tivese frío na súa estancia en Galicia lle regalamos esta fermosa bufanda:


Deunos moita pena que se fose pero sabemos que todavía lle espera un largo percorrido por moitos colexios de España. Agora mismiño vai camiño de Ribadesella, en Asturias. 

Iso si, ao final conseguimos que aprendese algunhas palabras en galego:


Podedes ver o día a día de Pepa no noso centro e todas as fotos que sacamos así como a nosa entrevista na radio, tanto no blogue do proxecto: "O GRAN LIBRO VIAXEIRO" como no noso blogue de clase: "QUINTO NA MACIÑEIRA" nos que ela mesma conta no seu diario, como foi a súa estancia no noso centro.

23 nov 2014

ILUSIÓNS ÓPTICAS

Hoxe queremos amosaros outra das láminas que fixemos en clase de plástica e que vimos no blogue WE HEART ART.


Así é como o fixemos:

-  Debuxamos un punto no centro da lámina.

-  A continuación trazamos coa axuda dunha regra grande, seis líneas rectas pasando polo centro.      Quédannos así a lámina dividida en doce seccións.

-  Repasamos as líneas cun rotulador groso permanente negro.

-  Comezamos debuxando caras felices (líneas curvas hacia arriba) en seccións alternas y coloreándoas alternando branco con outra cor.

-  Seguimos debuxando, pero esta vez caras tristes (líneas curvas hacia abaixo) nas seccións que quedan sen colorear e cubrimos alternando o branco con outra cor complementaria á que utilizamos no punto anterior.

- E xa para rematar, trazamos unha sombra polos bordes coa mesma cor que alternamos para dar a sensación de 3D.

GÚSTAVOS?

21 nov 2014

LÚA:UNHA HISTORIA QUE DA A VOLTA


Buscando recursos para traballar os dereitos dos nenos cos meus alumnos, atopeime con esta fermosa historia. Trátase dunha historia interactiva que amosa unha realidade á que só ti podes dar a volta cando queiras . É unha campaña creada por ING Direct  a favor da educación dos nenos e nenas coa que felicitar o Nadal e conseguir fondos a favor dos programas de educación de UNICEF. O obxectivo é axudar a que millóns de nenos e nenas poidan ir ao colexio en países como Zambia, Etiopía, Nepal e India. Sabíades que no mundo hai uns 57 millóns de nenos e nenas que non van á escola? O banco buscar animar aos internatuas a que sexan eles mesmo quen, literalmente, den a volta á realidade de moitos nen@s sen escolarizar facendo un xesto tan sinxelo como xirar o seu teléfono móbil.

Para poder disfrutala só hai que seguir estes pasos:

1º) Entrar na páxina http://www.unahistoriaquedalavuelta.com/ , pulsar en empezar e che darán un código.

2º) Coller o móbil, entrar en AVUELTA.MOBI e escribir ese código.

3º) Darlle ao PLAY no ordenador e xa podedes empezar a ver a historia.

4º) Mentras a vedes, cada vez que xiredes o voso móbil a historia dará a volta.

Entrade e disfrutade porque é realmente digna de ver.

Aqui vos deixo un pequeno trailer da historia:

19 nov 2014

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Mañá 20 de novembro celébrase o Día Universal  do Nen@ co fin de fomentar a fraternidade entre eles e o seu benestar. Elixiuse ese día por coincidir coa data na que a Asamblea aprobou a Declaración dos dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Na clase ao longo desta semana e a próxima traballaremos sobre ese tema, no só dos dereitos que todo neno e nena debe ter senón tamén de cales son os seus deberes.

Comezamos facendo este libriño dos nosos dereitos. Que vos parece?



Tamén utilizaremos algúns dos recursos que temos de anos anteriores. Clica na imaxe para acceder a eles:


17 nov 2014

XA CHEGOU!!!!!!!

Hoxe recibimos con moita ilusión no cole, a chegada de Pepa acompañada do seu libro viaxeiro. Se queredes saber como foi o seu primeiro día no noso cole, é mellor que volo conte ela mesma, para iso, tedes que visitar o blogue do proxecto e ler o que escribiu Pepa no seu diario:


16 nov 2014

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN PARA PALABRAS AZULES!!!!!!!!


Estamos de noraboa, o proxecto PaLaBras AzuLeS no que participamos o ano pasado e seguimos participando neste, acaba de ser premiado co PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN no apartado de  EQUIPOS DOCENTES pola súa traxectoria durante o curso 2013/14.


Gustariame agradecer aos tres coordinadores do proxecto Jorge Torrente, Salomé Recio e Ana Galindo que o fixesen posible e nos desen a oportunidade de participar nun proxecto único. Os que non o coñezades, anímámosvos a visitalo:

http://elmarescolorazul.blogspot.com.es/

Como estou nun centro distinto, no podo celebralo cos meus antigos alumnos como quixera, pero dende aquí que darlles as miñas felicitacións aos seis por un  traballo ben feito.

NORABOA CHIC@S!!!!!!!!!



14 nov 2014

GRAN FESTA DO MAGOSTO!!!!!

Hoxe celebraremos no colexio a gran festa do Magosto. Xa temos os nosos cestiños preparados. Gústanvos ?


A mágoa é que o tempo parece que non vai acompañar e teremos que asalas na panadaría en vez de no cole. 

12 nov 2014

O OUTONO NA NOSA CLASE

Hoxe queremos amosarvos o bonita que temos a nosa clase vestida de outono. Nas ventás puxemos dous tipos de follas feitas con folios de cores. Un modelo que que atopamos na páxina de Krokotak :


e outro que atopamos na páxina de Je knutsel ei kwijt:


Ademáis para a porta, fixemos unha coroa cunhas follas que tamén atopamos na páxina de Krokotak e unha trenza que  fixemos con papel continuo marrón:



Por se queredes saber como se fan:

Modelo 1:


Modelo 2:


Modelo 3:


QUE VOS PARECEN?

11 nov 2014

PARTICIPAMOS NO PROXECTO NACIONAL: "O GRAN LIBRO VIAXEIRO"


Este ano, ademais de seguir participando no proxecto PaLaBras AzuLeS, temos a sorte de representar a Galicia, a nosa comunidade, noutro proxecto a nivel nacional, "O GRAN LIBRO VIAXEIRO". Neste  proxecto, coordinado por Óscar Alonso, do blogue LA EDUTECA, contaremos cunha amiga moi particular, Pepa, e cun libro coas follas en branco, que viaxará por toda a nosa xeografía retratando a gran variedade cultural do noso país e que se irá cubrindo coas aportacións dos distintos colexios polos que pase.


Este gran proxecto, persegue unha gran variedade de obxectivos entre os que podemos destacar :  que o noso alumnado coñeza a diversidade cultural e artística de España descubrindo novos lugares, outros colexios e outras formas de ensinar; potenciar o desenvolvemento da creatividade e o deseño a través das artes plásticas e artística,   potenciar a escritura creativa de forma clara a través da Lingua Castelá e as linguas Cooficiais, ...

Ao longo do proxecto o libro seguirá unha ruta específica por toda España. Comezou en Extremadura, de ahí pasou a Castelá e León  e a terceira comunidade pola que viaxará será ... A NOSA, A COMUNIDADE GALEGA!!!!!!!!! Estamos deseando que chegue!!!!!!

No blogue do proxecto, pódese consultar a lista de participantes. a ruta do libro, ... e tamén podemos seguir o día da día de Pepa e o Libro Viaxeiro.


Aquí vos deixamos o trailer presentación do proxecto:

9 nov 2014

ALGÚNS RECURSOS PARA O MAGOSTO


O próximo venres celebraremos no colexio a festa do MAGOSTO. Na clase estamos a preparar os cestiños onde poñer as nosas castañas e ao longo da semana, utilizaremos algúns dos recursos sobre este tema que preparei en anos anteriores e que xa moitos de vos coñecedes e outros que atopemos pola rede. Aquí volos deixamos por se a alguén máis lle poden resultar útiles (o primeiro video de A castaña que rebentou de risa tamén o temos en castelán no noso apartado de recursos de outono):

- LIBROS LIM:







- VIDEOS:






8 nov 2014

UN PROXECTO ENTRE TODOS: INCORPORACIÓNS NOVEMBRO 2014


Aquí tedes a lista de blogues colaboradores actualizada para que podades faceros seguidores dos novos blogues. Xa somos 197 blogues unidos en "UN PROXECTO ENTRE TODOS", a ver si para este Nadal chegamos aos 200. NON ESTARÍA NADA MAL!!! Dámoslles a BENVIDA aos novos participantes, e esperamos vervos pronto aportando enlaces de axuda.



Nesta ocasión, simplemente vos lembramos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS xa se atopan recollidos todos os enlaces dos 101 temas que recopilamos nas entradas de axuda publicadas ata a data. No mesmo SITES atópase toda a información sobre o proxecto e se vos xorde algunha dúbida, alí tedes os nosos mails de contacto.


E como sempre dicimos...

MOITAS GRAZAS A TODOS OS BLOGUES QUE PARTICIPARON.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA.

6 nov 2014

INTERCAMBIO CON VALLEY ROAD


Hai xa unhas semanas que os alumnos e alumnas  da  profe Carmen do blog VIAJANDO POR EL ESPAÑOL , de VALLEY ROAD en Reino Unido, na súa seccion "HAY UNA COSA QUE TE QUIERO DECIR" adicábannos un video que nos fixo moitísima ilusión, onde ademais de saudarnos polo noso nome, cantábannos una fermosa canción:


Pois ben, nós non queremos ser menos, así que lles queremos devolver o detalle que tiveron connosco con este video que non só gravou senón que tamén editou a nosa inestimable teacher Uxía



Moitísimas grazas a Uxía por axudarnos a facer este intercambio e a Carmen por comenzalo. Un biquiño para as dúas.

2 nov 2014

A FESTA DO SAMAÍN


Aquí vos deixamos as fotos para que vexades o ben que o pasamos o pasado xoves na Festa do Samaín do cole. Unha festa na que non faltou de nada: concurso de cabazas, túnel do medo no ximnasio (xentileza da AMPA que montou todo), películas de medo na biblioteca, xogos informáticos e uns divertidos xogos na clase de inglés organizados pola nosa teacher Uxía.



PASÁMOLO FENOMENAL!!!!!!!