Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DA INFANCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DA INFANCIA. Mostrar todas las entradas

30 nov 2016

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".

Na clase, estivemos vendo cales eran eses dereitos e entre todos montamos un gran libro acordeón no que reflexamos algúns deles. Sheila encargouse do Dereito a ter un fogar, Carmen do Dereito a ter unha familia, Aitana do Dereito a xogar, Yago do Dereito a vivir en paz, Adrián do Dereito a que nos queiran e nos protexan, Paz do Dereito á saúde, Alba do Dereito a ter un nome, Ainoa e Miguel do Dereito á educación e Enma do Dereito a expresarnos libremente.

Nestas fotos podedes velo máis polo miúdo:

A portada:


E as páxinas de dúas en dúas:




Esperamos que vos guste tanto como a nós.


19 nov 2015

COÑECES OS TEUS DEREITOS?




Como mañá celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, ao longo desta semana estivemos a traballar os nosos dereitos.

Sabedes cales son? Ollade este video:


Nós, repártimosnos dez dos dereitos que cada neno e nena deberían ter e os ilustramos. Mirade que ben o fixemos:






Agora estas fotos están no corredor do noso cole xunto aos demais traballos dos outros nenos e nenas do cole.

A continuación vos deixamos un enlace a todas as entradas que hai no blog que tratan dos Dereitos dos Nenos e das Nenas por se vos sirve algún dos moitos recursos que  temos como glogsters, libros LIM, fichas, banderíns conmemorativos, videos, xogos, ...



21 nov 2014

LÚA:UNHA HISTORIA QUE DA A VOLTA


Buscando recursos para traballar os dereitos dos nenos cos meus alumnos, atopeime con esta fermosa historia. Trátase dunha historia interactiva que amosa unha realidade á que só ti podes dar a volta cando queiras . É unha campaña creada por ING Direct  a favor da educación dos nenos e nenas coa que felicitar o Nadal e conseguir fondos a favor dos programas de educación de UNICEF. O obxectivo é axudar a que millóns de nenos e nenas poidan ir ao colexio en países como Zambia, Etiopía, Nepal e India. Sabíades que no mundo hai uns 57 millóns de nenos e nenas que non van á escola? O banco buscar animar aos internatuas a que sexan eles mesmo quen, literalmente, den a volta á realidade de moitos nen@s sen escolarizar facendo un xesto tan sinxelo como xirar o seu teléfono móbil.

Para poder disfrutala só hai que seguir estes pasos:

1º) Entrar na páxina http://www.unahistoriaquedalavuelta.com/ , pulsar en empezar e che darán un código.

2º) Coller o móbil, entrar en AVUELTA.MOBI e escribir ese código.

3º) Darlle ao PLAY no ordenador e xa podedes empezar a ver a historia.

4º) Mentras a vedes, cada vez que xiredes o voso móbil a historia dará a volta.

Entrade e disfrutade porque é realmente digna de ver.

Aqui vos deixo un pequeno trailer da historia:

19 nov 2014

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Mañá 20 de novembro celébrase o Día Universal  do Nen@ co fin de fomentar a fraternidade entre eles e o seu benestar. Elixiuse ese día por coincidir coa data na que a Asamblea aprobou a Declaración dos dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Na clase ao longo desta semana e a próxima traballaremos sobre ese tema, no só dos dereitos que todo neno e nena debe ter senón tamén de cales son os seus deberes.

Comezamos facendo este libriño dos nosos dereitos. Que vos parece?



Tamén utilizaremos algúns dos recursos que temos de anos anteriores. Clica na imaxe para acceder a eles:


6 mar 2014

OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


Aproveitando o concurso do Parlamento de Galicia: "O PARLAMENTO GALEGO CONTIGO E POLOS TEUS DEREITOS" , na clase voltamos a falar de cales eran os dereitos fundamentales que tódolos nenos e nenas deberían ter e os debuxamos.
Así é como vemos os nosos dereitos:

- Dereito a TER UN NOME (Javier):


- Dereito á SAÚDE (Dani):


- Dereito a XOGAR (Kevin):


- Dereito a TER UNHA FAMILIA (Leticia):


- Dereito á LIBERDADE (Juan Marcos):


- Dereito a TER UN FOGAR (Martin):


- Dereito á EDUCACIÓN (Leticia):


- Dereito a QUE ME COIDEN (Juan Marcos):

20 nov 2013

TRABALLANDO O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

E como o traballamos?

- Facendo un fermoso mural duns nenos e nenas suxeitando globos nos que estaban escritos os seus dereitos:


- Agora que che tomamos gusto a isto de facer banderíns, cada un de nós elexiu un para poñer no corredor:


Estos son os que utilizamos:


Tanto os banderíns como os nenos e nenas do mural, sacámolos desta páxina que atopamos casualmente e que nos gustou moitísimo, porque ten gran cantidade de material, a única pega é que está en italiano pero pódese modificar facilmente. Clicade na imaxe:


- E xa para rematar, fomos ao Salón de Actos a ver a película: "LOS LUNNIS EN BUSCA DE LOS DERECHOS PERDIDOS".

Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día:

19 nov 2013

DEREITOS DE TODOS OS NENOS E NENAS


Este mércores celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Nen@, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia. É unha data que nos fai lembrar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita ser protexido, senón tamén unha persoa que ten o dereito de ser educado, coidado e protexido dondequiera que nacese, que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse e que ademais, todos os nenos e nenas teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.

Así que desde hoxe e ata o venres traballaremos sobre este importante tema. Pero... que son os dereitos dos nenos e nenas? Para saír de dudas comezamos con este video:


E seguimos con  esta presentación que fixen hai xa  uns anos:



A partir de mañá,  traballaremos con este estupendo recurso : "EL MAPA DE LOS DERECHOS DE LA INFANCIA". Nel, atopamos un CONTO que podemos VER ou LER. para cada un dos dereitos. Clicade na imaxe:


Tamén utilizaremos este fantástico LIM colaborativo feito por varios mestres e mestras:



Este xogo, que atopamos grazas a Fefi Suárez do blogue "APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º":



E por suposto, botaremos man unha vez máis doutros recursos que temos de anos anteriores, e que podedes atopar aquí:


Tamén, no blogue de Encarni, BIBLIOTECA GREGORIO MARAÑÓN, podedes atopar un montón de fabulosos recursos sobre esta celebración internacional.

20 nov 2012

CELEBRANDO O DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Hoxe  celébrase o Día Universal dos Dereitos dos Nenos. Todos e cada un destes dereitos que están recollidos na DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO e na CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO,  son inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa debe vulneralos e todos debemos coñecelos. No seguinte video podemos ver cales son algúns deses dereitos:



Ainda que xa onte, estivemos a falar de cales eran os principais dereitos de todos os nenos e as nenas, hoxe continuamos a nosa conversación sobre os mesmos e entre todos decidimos ilustralos. Así de bonitos nos quedaron:




E despois do recreo, fomos ao aula de informática xunto cos nosos compañeiros da clase da profe Digna , e alí na PDI estivemos vendo o video da poesía de Gloria Fuertes, PACO PICA, EL NIÑO AJO e facendo as actividades do libro LIM sobre o mesmo:



Ao longo da semana seguiremos traballando esta poesía e  trataremos de aprendela.

18 nov 2012

GLORIA FUERTES E OS DEREITOS DOS NENOS


Este martes, día 20, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. No blog da Biblioteca Gregorio Marañón atopei este video que me gustou moito subido pola Plataforma de Infancia que cada ano conmemora este día para lembrar que todavía hai dereitos que non se están a cumprir e que non todos os nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades de acadar os seus dereitos porque como ben din, na descripción do video, un Dereito é o poder que temos para facer, sentir ou pensar e que ninguén pode quitarnos.



Ao longo desta semana traballaremos os dereitos fundamentais dos nenos e nenas. Para iso, ademais do glogster que xa coñecedes, que preparei o ano pasado ...



E dado que estamos participando no Proxecto Colaborativo Libro Virtual sobre  Gloria Fuertes, coa axuda da miña amiga Mª Pilar Argés do blog CUADERNO DE COLORES que me fixo as fermosas ilustracións, preparei este video e este libro lim sobre o Poema de Gloria Fuertes: "PACO PICA, EL NIÑO AJO" co que traballaremos o DEREITO á EDUCACIÓN,  á IDENTIDADE e á IGUALDADE entre outros moitos valores.
Este é o video:


E este o libro LIM:


https://dl.dropbox.com/u/14722558/PACOPICA/ninoajo.html

E para seguir traballando a poesía na clase, coa mesma portada, preparei tres tipos de fichas distintas para que ademais dos meus alumnos e alumnas as poidan utilizar outros alumnos do centro:

Xa vos iremos contando todo o que fagamos.

19 nov 2011

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Este é o mural que fixemos coa colaboración dos nosos compañeiros da clase da profe Digna e da clase da profe Carmen para commemorar o día dos dereitos dos nenos e das nenas que se celebra o próximo domingo.

Aquí vos deixo as fichas que fixemos. Pódense imprimir, descargar ou incrustar en calquera páxina web ou blog.





E para traballar máis a fondo o tema, fixemos un Glogster, con moitos dos recursos que atopamos en Internet. Espero que vos sexa útil igual que nos foi a nós. Si queredes velo a tamaño grande, tedes que clicar no cadradiño rosa onde pon Glogster poster yourself e despois en VIEW FULL SIZE.


No blog da nosa amiga Elizana, Sonrisas de mil colores, podemos atopar dous novos enlaces que están moi ben:

* Xoga con Muski e descubre os dereitos dos nenos e das nenas
* E se tes entre 6 e 11 anos, visita o Proxecto Sol, a web infantil de Intervida onde atoparás xogos, relatos, traballos manuais, noticias e moitos máis recursos para seguir aprendendo.

18 nov 2010

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Na páxina Aprende e Xoga de Unicef podemos atopar máis información sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e a  Convención, xogos e tamén videos.


Na pestana de Educación en Valores atoparedes recursos variados  sobre os Dereitos dos nen@s.