Hoxe célebrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Con motivo desta data, como xa sabedes, na clase estivemos traballando unha obra importante da nosa literatura universal como é :
"DON QUIXOTE DA MANCHA".
Ademáis do caderno de fichas, estes días estivemos coñecendo algunhas das súas aventuras (as que máis nos gustaron foron as dos "Muiños de vento" e a dos "Rebaños de ovellas") e tamén ...
* facendo este sinxelo mural:
* xogando ao memory de personaxes do Quixote elaborado por Vane, do blog
"En la escuela caben todos" e que nos coloreamos co programa
GIMP, logo plastificamos, recortamos e pegamos nuns pequenos taboleiros que unha vez máis nos fixo Roca, o profesor adxunto do taller de carpintería:
* facendo este marcapáxinas de Elena Medina, do blog
"En el aula de apoyo", e que nós pasamos a galego:
* Rematando as nosas marionetas articuladas de Don Quixote. Se vos fixades unha delas ten encuadernadores pero as outras tres non e aínda así son articuladas. Como o fixemos? Cun pequeno truco que nos ensinaron nun cursiño de Stop Motion o ano pasado.
* E para rematar fomos á Aula de Informática a xogar co libro LIM do Quixote, na PDI. Aquí tedes algunhas fotos: