Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA. Mostrar todas las entradas

27 nov 2015

CALIGRAMAS CON ADIVIÑAS DE OUTONO



Outra das actividades que fixemos no noso Obradoiro de Escritura Creativa foron uns Caligramas  de outono.

Como xa sabedes, os caligramas son poemas visuais no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, un paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.

Pois ben, nós en vez de facelos con poemas, fixémolos con ADIVIÑAS DE OUTONO, "debuxando" coas letras a solución da adiviña.

Todos esforzáronse moito e traballaron moi ben. Así quedaron os nosos CALIGRAMAS:



Outro xeito de  facelos, é utilizando algúns dos moitos recursos online que hai para facer caligramas como:

- RoboType:


- TYPEDRAWING:



- CSSWARP:



9 nov 2015

QUE TIPO DE MONSTRO SON?


Outras das actividades que fixemos na semana do Samaín, no Obradoiro de Escritura Creativa, foi a actividade QUE TIPO DE MONSTRO SON? que coñecimos grazas a Encarni do blog Biblioteca Gregorio Marañón que á súa vez descubriuna no blog de Isabel Bermejo, El lapicero mágico.

A actividade consiste en descubrir que tipo de monstruo somos según a nosa data de nacemento e a inicial do noso primeiro apelido buscando nesta táboa preparada por Isabel:


Foi divertidísimo buscar que tipo de monstro eramos. Saíronnos respostas das máis variadas: "Duende come ollos", "Vampiro queima xeonllos", "Zombi tritura dentes" ,... A continuación tiñamos que describir como eramos e facer un debuxo. 

Quedáronnos unas descricións do máis terroríficas HA HA. Ollade, ollade:

21 oct 2015

UNHA HISTORIA OBRIGADA: "SEGUNDA PARTE"


Como o prometido é débeda, aquí temos a segunda parte da nosa actividade: "UNHA HISTORIA OBRIGADA". Se alguén non lembra o non viu a primeira parte, que clique no seguinte enlace:


Pois ben, como iamos dicindo, na seguinte sesión do noso taller de escritura creativa, voltamos a inventar unha historia, pero esta vez con más tempo e por escrito.

Primeiro, escribín en tiras de folios de cor LARANXA, o nome de personaxes coñecidos polos rapaces como: Ronaldo, Piqué, Abrahám Mateo, Shakira, Mortadelo, Filemón, Piolín, o rei Felipe, o Presidente do Goberno Mariano Rajoy, Pau Gassol, Fernando Alonso, ... En tiras de cor AZUL o nome de distintos escenarios como: unha pirámide, un cemiterio, China, Méjico, unha montaña, un lago, un parque de atraccións, a praia, un parque, ... E por último en tiras de cor VERDE, tres adxectivos en cada tira. 

Puxen as tiras en tres recipientes. Cada neno e nena tiña que coller unha tira de cada cor,


e escribir con elas unha historia curta na que aparecesen todas as palabras das tiras; que tivese  un principio, un nó e un final e ademais un título.


 E xa para rematar, había que facer un debuxo para ilustrala. Como vedes unha actividade moi completa.

Despois de todo este traballo, que nos levou á maioría, dúas sesións, xa vos podemos  amosar o ben que o fixemos:

8 oct 2015

UNHA HISTORIA "OBRIGADA": 1º PARTE


Continuando, co noso taller de escritura creativa dos luns, na seguinte sesión fixemos unha historia "obrigada". A idea orixinal, vímola nun Taller de Escritura Creativa que atopamos por internet.

Como actividade previa, comezamos cunha minihistoria oral. Agrupámonos en parellas e a profe nos repartiu a cada un dous papeliños de distinta cor. Nun deles tiñamos que escribir o noso nome e no outro, o nome dun lugar que nos gustaría visitar. A continuación,  tivemos cinco minutos para preparar un miniconto de xeito oral (SEN ESCRIBIR NADA) onde os protagonistas fósemos nós e no que tiñan que aparecer os nomes dos dous lugares que escribimos.


collage feito con PHOTOMONTAGER

A continuación, tivemos que contar o noso conto, de xeito improvisado, ao resto da clase procurando que tivese unha PRESENTACIÓN, un NÓ e un DESENLACE.

 Así nos quedaron as nosas historias improvisadas:


Creo que despois de vernos, quedounos clariño que non debemos repetir tanto a palabra ENTONCES.

Despois disto, comezamos a segunda parte da actividade pero ... esa contáremola máis adiante noutra entrada cando xa todos a teñamos rematada.

1 oct 2015

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA: CARTEL DE "SE BUSCA"


Este ano, en sexto, temos unha hora de libre configuración. Dende a Consellería aconselláronnos que a utilizásemos para reforzar as linguas ou as matemáticas polo que na nosa clase imos facer un OBRADOIRO DE LINGUA que  enfocaremos hacia a escritura creativa.

Na primeira sesión, comezamos facendo un cartel de "SE BUSCA" que vimos no blog EL LAPICERO MÁGICO de Isabel Bermejo. Estas son as consignas que ela elaborou para realizar a actividade:


E este o modelo que tamén preparou Isabel para a actividade:


Así lles quedou aos meus alumnos:



Esta mesma actividade podemos facela utilizando diferentes  recursos TIC. 

- Coa APP, WANTED POSTER MAKER, válida para IPAD,IPHONE e ANDROID que é gratuita e nos permite elexir tanto o texto como a imaxe que queremos utilizar e que ten a vantaxe que todo pode estar escrito na lingua que prefiramos:


- Na páxina de GLASSGIANT, podemos facer un cartel similar no que  podemos cambiar o nome da persoa ou persoas buscadas, o motivo polo que se lles busca e tamén a cantidade de recompensa.


- Noutras páxinas como FOTOEFECTOS ou IMAGE CHEF con só subir unha foto podemos facer un cartel ao instante. A primeira  só permite engadir foto e a segunda deixa ademais engadir o nome:




E de seguro que algúns coñecedes algunha páxina máis. Non si?

GUSTOUVOS A ACTIVIDADE?