Outra das actividades que fixemos no noso Obradoiro de Escritura Creativa foron uns Caligramas de outono.
Como xa sabedes, os caligramas son poemas visuais no que as palabras "debuxan" ou conforman un personaxe, un animal, un paisaxe ou calquera obxecto imaxinable.
Pois ben, nós en vez de facelos con poemas, fixémolos con ADIVIÑAS DE OUTONO, "debuxando" coas letras a solución da adiviña.
Todos esforzáronse moito e traballaron moi ben. Así quedaron os nosos CALIGRAMAS:
Outro xeito de facelos, é utilizando algúns dos moitos recursos online que hai para facer caligramas como:
- RoboType:
- TYPEDRAWING:
- CSSWARP:
CALIGRAMAS CON ADIVIÑAS DE OUTONO









