9 mar 2011

A PRENSA NA ESCOLA

Oficialmente estamos na Semana da Prensa na Escola en Galicia, na que polo menos obrigatoriamente un día hai que traballar soamente con xornais. Como este ano parte da semana coincide coas vacacións de Entroido e só temos o xoves e o venres para celebrala imos extendela ata a vindeira semana.
Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes e mesmo ¡levarlles a contraria!
5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.
6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga... E moitas máis cousas que de seguro che intereserán.

Na biblioteca Educalim atopei este libro Lim para traballar a prensa na escola. Paréceme moi interesante polo que traballaremos con el esta semana ou a vindeira. Aquí volo deixo por si vos interesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO