5 mar 2011

E ASÍ O CELEBRAMOS

Hoxe celebramos no colexio a FESTA DO ENTROIDO, e pasámolo moi pero que moi ben.  Pola Sala de Día circularon personaxes tan coñecidas como BOB ESPONJA, todo un equipo de BOMBEIROS, un bosque e as súas personaxes: ABELLAS, FADAS, ÁRBORES, COELLOS, RÁS, LEÑADORES, MARIPOSAS, FLORES,... e tamén ainda que pareza incrible os bonecos de PLAYMOBIL. Pero non queda ahí a cousa pois o noso xefe de estudos fixo dun PAPA moi crible e coidadores e coidadoras de MONXAS e CURAS. E por suposto, non podemos olvidarnos da nosa conxerxe María que estaba case irrecoñecible co seu disfraz de FRAILE. E sen non fose polo profe de música Fraguela e o seu axudante José Pena que se ocuparon da megafonía, non poderiamos facer a festa.
Se queredes ver máis fotos aquí tedes:

1 comentario:

  1. Que guapos e guapas estades disfrazados de Bob Esponxa!!
    Os nenos e nenas da nosa escola tamen se disfrazaron así. Podedes velos aquí:

    http://coledecolores.blogspot.com/2011/03/celebramos-el-carnaval.html

    http://obradoirodesonos.blogspot.com/2011/03/bob-esponja-ya-llego.html

    Ata outra!

    ResponderEliminar

GRACIÑAS POLO TEU COMENTARIO