E por último, preparamos este libro lim sobre outra versión do conto da Castañeira que atopamos en catalán en Edu365, nós coma sempre o pasamos ao galego e tamén ao castelán por si alguén o quere aproveitar. Non lle puxemos voz para que cada mestre ou mestra o poda contar ao seu xeito.
3 nov 2011
PREPARANDO O MAGOSTO
En moitos coles xa se celebrou ou estase a piques de celebrar o MAGOSTO ou castañada como lle chaman noutros lugares. No noso cole todavía teremos que esperar un pouquiño, concretamente ata o día 17 de novembro, pero mentres nos estamos a preparar. Imos facer un cestiño con forma de castaña para gardar as nosas castañas asadas, xa fixemos unha marioneta de castaña que pon Magosto 2011, estamos a traballar as fichas do conto da castañeira e ademais a profe levou a súa gravadora ao cole e estamos a gravar o conto para poñerllo aos nosos compañeiros e compañeiras ese día.

31 oct 2011
ESTA NOITE... SAMAÍN
Os celtas, antigos habitantes de Galicia, celebraban o 31 de outubro o aninovo. Nesa noite, as ánimas dos mortos, voltaban ás súas casas para visitar ás súas familias, quentarse ao carón do lume e comer os alimentos que lles tiñan preparados.
O cristianismo, adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, por iso ao primeiro de novembro se lle camou día de Todos os Santos, e a partires do século XII, ao día seguinte, día de difuntos.
Este e o mural que fixemos na clase para celebrar o Samaín e adornar o corredor:
O cristianismo, adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, por iso ao primeiro de novembro se lle camou día de Todos os Santos, e a partires do século XII, ao día seguinte, día de difuntos.
Este e o mural que fixemos na clase para celebrar o Samaín e adornar o corredor:
E tamén fixemos un pequeno taller de cabazas. Este foi o resultado:
FELIZ SAMAÍN!!!

28 oct 2011
PROXECTO "OS NOSOS BOSQUES"
Ao longo deste trimestre, e aproveitando que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou este ano 2011 "Ano Internacional dos Bosques", catro aulas do noso colexio, faremos un proxecto titulado: "OS NOSOS BOSQUES" .
¿E vos preguntaredes, por que sobre os bosques? Porque os bosques son ecosistemas ricos que nos permiten estudar os animais e plantas do noso contorno e tamén desenvolver no noso alumnado unha actitude de respecto hacia a conservación do medio ambiente.
Con este proxecto pretendemos coñecer da man dun animal típico dos bosques galegos como é o raposo, Pepiño o raposo, a flora e fauna dos bosques galegos: clases de árbores, de plantas, animais en perigo de extinción,... e como podemos contribuír ao seu coidado.
Todas as cousiñas que iamos facendo, así como o material utilizado, as fichas, recursos que atopamos por internet,... as colgaremos nun blog que todavía está en construcción, adicado exclusivamente ao proxecto. Si clicades na imaxe de abaixo iredes a el.
¿E vos preguntaredes, por que sobre os bosques? Porque os bosques son ecosistemas ricos que nos permiten estudar os animais e plantas do noso contorno e tamén desenvolver no noso alumnado unha actitude de respecto hacia a conservación do medio ambiente.
Con este proxecto pretendemos coñecer da man dun animal típico dos bosques galegos como é o raposo, Pepiño o raposo, a flora e fauna dos bosques galegos: clases de árbores, de plantas, animais en perigo de extinción,... e como podemos contribuír ao seu coidado.
Todas as cousiñas que iamos facendo, así como o material utilizado, as fichas, recursos que atopamos por internet,... as colgaremos nun blog que todavía está en construcción, adicado exclusivamente ao proxecto. Si clicades na imaxe de abaixo iredes a el.

27 oct 2011
EXPOSICIÓN POESÍA E IMAXE
Onte chegou ao noso cole a Exposición de Debuxos Premiados no 11 Certame de Poesía e Imaxe que tivo lugar o ano pasado. Lembrades que dous rapaciños do noso colexio, Javi Crespo e Alfonso Romero recibiron un premio polos seus debuxos? Pois ben, hoxe fomos todos menos Jesús que faltaba, a ver a exposición. Había moitos debuxos e todos eran moi bonitos.E como Alfonso este ano está con nos en clase, sacamos unha foto diante do seu debuxo e do cartel que anuncia a exposición.Queredes velas?

26 oct 2011
MÁIS SAMAÍN
Nuns pouquiños días chegará a tan esperada NOITE DO SAMAÍN. Aqui vos deixo este issuu do conto MARCELINA E A NOITE DO SAMAÍN que fixen con imaxes do album Picassa da profe Tatiana do blog E.E.I. "O GRUPO".
Esta mesma profe elaborou este libro Lim co conto e actividades sobre el. Espero que vos guste e vos resulte útil.

22 oct 2011
ACHÉGASE O SAMAÍN
Xa quedan pouquiños días para que chegue o SAMAÍN ( o HALLOWEEN para os ingleses), por iso ao longo desta semana traballaremos algunhas fichiñas sobre o tema. Aquí volas deixo por si alguén quere utilizalas. Son fichas que atopei en distintos sitios: no blog "DALE UN COLIÑO", na WEB DE NORBERTO, na páxina DLTK´s e outras son de elaboración propia feitas con debuxos tomados de internet.
E como non todo é traballar, aquí vos deixo estes entretidos xogos para que pasades un ratiño divertido:
E remataremos pintando uns bonitos debuxos:
No blog da nosa amiga Dolores, Aula Virtual de Audición y lenguaje, atopamos esta adaptación feita por ela para educación infantil, do conto INDO PARA O SAMAÍN de Carlos e Sabela Labraña. Si visitades o seu blog poderedes ver tamén as imaxes do conto e o texto en castelán por si alguén lle interesa. Graciñas Dolores por compartir tan fermosos materiais.

18 oct 2011
CONTO: "MARÍA A CASTAÑEIRA"
Como xa queda menos para celebrar a festa do MAGOSTO, ao longo destes días traballaremos o conto de "María, a castañeira". As imaxes , as actividades e o texto atopeinos no blog de Jessica, "¿QUÉ HACEMOS HOY EN EL COLE" , estaban en catalán así que as pasei ao galego, en canto ás letras do título atopeinas no blog de Raquel, "MI PEQUEÑO MUNDO". Motísimas grazas ás dúas por compartir.
E así foi como quedou o conto:

13 oct 2011
BLOG ADORABLE
A nosa amiga Gemi, de "EL BLOG ENCANTADO" acaba de agasallarnos con este fantástico premio. Aceptalo leva consigo unha serie de condicións:
1º Nomear á persoa que da o premio: GEMI
2º Indicar o seu link: http://gemi-premiosencantados.blogspot.com/
3º Engadir sete blogs amigos: Hai moitos que me gustaría engandir, a algúns xa llo otourgaron outras amigas blogueras ,a outros sei que non lles gustan moito estas cousas, pero aínda así sete parécenme moi poucos, por iso vou elexir sete blogs para poñer aquí e elixirei outros sete blogs no me outro blog "MEDRANDO XUNTOS"
Os blogs "A XANELA DE INFANTIL", "PEQUESPAZOS" e "REMENDOS" tamén me parecen "adorables" pero sei que non lles gustan moito estas cousas por iso non as meto no compromiso de mandarllo. Un bico gordo para elas.
4º E xa para rematar unha foto. Ai, Ai,... co pouco fotoxénica que son eu. Aí vai:
ACTUALIZACIÓN
Recibimos o mesmo premio e non por iso nos fai menos ilusión da nosa amiga Paqui do blog "INFANTIL DE COLORES" , da nosa amiga Carmen do blog "AULA DE INFANTIL" ,da nosa amiga Vane do blog "EN LA ESCUELA CABEN TODOS" e do noso amigo Carlos do blog "O PÉ DO XIGANTE". Dende aquí, un bico moi grande para os catro.

8 oct 2011
XOGOS DE OUTONO NA PDI
Buceando pola rede atopei esta selección de xogos relacionados co outono para utilizar tanto no rincón do ordenador como na PDI.
¿Cantas follas eres capaz de varrer en 40 segundos? Move o rato que o tempo se acaba.
¿Cantas follas eres capaz de varrer en 40 segundos? Move o rato que o tempo se acaba.

5 oct 2011
5 de outubro "Día Mundial do Profesorado"
Hoxe celébrase en todo o mundo o "Día Mundial do Profesorado". Esta conmemoración foi instituída pola UNESCO no 1994, escollendo como data o 5 de outubro por corresponder ao día en que no ano 1966 se fixo pública a Declaración conxunta UNESCO/OIT sobre a Situación do Persoal Docente, sendo esta conmemoración unha mostra de recoñecemento internacional á contribución vital do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos países.
Neste ano 2011, o lema é: "Docentes pola igualdade de xénero" e nós en vista do que está sucedendo no país cos recortes en educación e a desprestixiación que está a padecer o ensino público engadimos "E na defensa do ensino público" quedando o lema así:
"DOCENTES POLA IGUALDADE DE XÉNERO E NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO"
E para apoiar á escola pública, aquí vos deixo este video que comparte con nós Marta, do blog ÉRASE UNA VEZ ... UNA CASITA ENCANTADA.
E para apoiar á escola pública, aquí vos deixo este video que comparte con nós Marta, do blog ÉRASE UNA VEZ ... UNA CASITA ENCANTADA.

2 oct 2011
OS NOSOS TRABALLOS DE OUTONO
Ao longo desta semana estivemos a falar do outono e das súas características. Fixemos un pequeno libriño sobre o outono para levar a casa que atopamos en Internet, estaba en inglés pero nós o pasamos a galego:
Si queredes descargar a plantilla do libriño clicade AQUÍ.
Ademáis comezamos a traballar as fichas do outono que atopamos no album Picassa de Brimar333. Nós adaptámolas e traducímolas ao galego e así foi coma nos quedou:

28 sept 2011
E CHEGOU O OUTONO...
E chegou o outono e con el os días voltan a ser máis curtos e frescos, o vento comeza a soprar, maduran algúns froitos secos como as castañas e as noces e chega o tempo da vendimia. Algúns animais como as anduriñas emigran buscando a calor e outros como os esquíos reúnen comida para o inverno.As follas das árbores mudan a súa cor para dourado, vermello e castaño e comezan a caer, ...
Se queredes aprender máis cousiñas sobre o outono, vos deixo este libro que coñecín grazas a Trinidad do blog "MARIPOSAS DE COLORES"
Se queredes aprender máis cousiñas sobre o outono, vos deixo este libro que coñecín grazas a Trinidad do blog "MARIPOSAS DE COLORES"
E para xogar e aprender ao mesmo tempo aquí vós deixo este libro LIM "Estamos en outono" que é o primeiriño que fixen cando ainda estaba a aprender como se facían:
E para rematar un conto que inventou e tamén ilustrou, o ano pasado un rapaz do noso cole DANI MÉNDEZ, e que montamos a miña compi Digna e máis eu coas voces dos nosos alumnos e dalgún profe. Espero que vós guste.

18 sept 2011
ESTES SOMOS NÓS!!!
Tal e como vós dixen noutra entrada, este ano estou no mesmo cole pero con distinto grupo de alumnos. O meu novo grupo está formado por catro rapaces de idades que oscilan entre os oito e os catorce anos. E estes son:
Ao longo desta primeira semana estivemos coñecéndonos e facendo unha avaliación inicial para saber en que nivel curricular se atopan pero tamén tivemos tempo de xogar, facer puzzles, ir a PDI ,... Aqui vós deixo algunhas das fotos destes días.

15 sept 2011
PROCESADOR DE TEXTOS ARAWORD
Estes días todos os que usamos os pictogramas de ARASAAC estamos de noraboa. Acaba de salir ARAWORD o novo procesador de textos con pictogramas de ARASAAC que é como eles mesmos din unha fantástica ferramenta para a comunicación alternativa e aumentativa.
Para descargalo visitade o blog INFORMÁTICA PARA EDUCACIÓN ESPECIAL e alí teredes non só o enlace para descargalo senón tamén os manuais de como se utiliza explicado dun xeito moi sinxelo.
Eu estiven a probar e puiden ver que é moi fácil e intuitivo. Ademáis dos pictogramas, tamén se poden engadir imaxes externas. Aquí vos deixo un exemplo:

11 sept 2011
VOLTA ÁS AULAS E CUMPREANOS DO BLOG
Chegou o momento de que tanto profes como alumnos voltemos as aulas. Mañá comeza oficialmente un novo curso e a maioría de nós o empezaremos con novos alumnos e alumnas. E este é o meu caso. Sigo no mesmo cole pero cun grupo novo de alumnos que vos presentarei nuns días cando xa esteamos máis acomodados.
Ademáis fai un ano, tal día como hoxe nacía o noso blog. Ao longo deste ano publicamos 89 entradas e vimos como pouco a pouco ían medrando as visitas e os seguidores. Quero aproveitar a ocasión para agradecer todas as vosas visitas e comentarios pois sin vós este blog non sería posible. Un bico.

7 sept 2011
¡PREMIO!
Hai que ver AS VOLTAS QUE DA ISTO DA BLOGOSFERA!!!!. Aló polo mes de agosto, Blanca do blog "ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN INFANTIL" comparteu connosco un premio que recibira o seu blog , para aceptalo había que decir sete cousas sobre un mesmo e envialo a blogs amigos e iso é o que fixen.
Agora, un mes despois, chéganos de volta o mesmo premio, esta vez de mans de María José Fano do blog "DESVÁN DE PALABRAS", blog que coñezo dende hai pouco tempo e que visito a miúdo porque está xenial, cargadiño de recursos propios e alleos. NON DUBIDEDES EN VISITALO.
E aquí está o premio:
Non vou a poñer outra vez as sete características que me definen porque sería repetirme, si queredes saber cales eran CLICADE NA IMAXE e vos levará a entrada antiga. En canto aos blogs amigos cos que quero compartir o premio ademais dos que llo adiquei no seu día, quero compartilo con algúns novos blogs que sigo como:
MOTÍSIMAS GRAZAS MARÍA JOSÉ POR ACORDARTE DE NOS

5 sept 2011
CAMPAÑA POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO II
Hai uns días publicamos unha entrada que se titulaba POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO na que falabamos da campaña que se está a facer a través do blog de Cristina "LA PRINCESA DE LAS ALAS ROSAS", para concienciar e informar ao maior número de xente posible sobre o autismo. Pois ben, onte chegoume un correo de Cristina onde me pedía que publicase a entrada que ben a continuación (que é a que vai a poñer ela no seu blog, en castelán claro ) e que solicitase a VOSA COLABORACIÓN para que fixerades o mesmo. Atoparedes a mesma entrada pero en castelán no blog de Mª José "COMUNICAR ES MÁS QUE HABLAR"


OS MITOS QUE SE DEBEN EVITAR


► Autismo sin Mitos

Ilustración de Santiago Ogazón
Na actualidade, emprégase o término "autismo" asociado a connotacións negativas porque se parte de mitos e informacións falsas como que:
- as persoas con autismo non poden interactuar o comunicarse
- as persoas con autismo viven no seu mundo
- as persoas con autismo son incapaces de sentir, etc
Todo isto da pé a que cada vez maís xornalistas, políticos ou líderes de opinión súmense ao uso abusivo do termo "autista" para descalificar. É dicir, lemos nos medios de comunicación ou escoitamos en boca de políticos "goberno autista" ou "fulanito é autista" cando queren expresar que ese goberno ou esa persoa non cumple co seu traballo, non escoita, non se entera da realidade, non amosa empatía cos problemas, é incapaz de ofrecer solucións ou carece de sentimentos. Por que fai falla recurrir - e ferir con iso a dignidade- a un colectivo de persoas para atacar e descalificar a outra persoa ou colectivo?
Entendemos que non hai mala intención, senón descoñecemento ou mal uso do diccionario. Convivir co autismo implica tamén un importante labor de concienciación na sociedade: convenceremos sempre desde o respecto.O descoñecido, ademais de asustar, alenta a difusión de informacións falsas. Temos que dar a coñecer a visión positiva do autismo á par de fomentar un tratamento digno para todos os afectados. Un gran traballo por diante.
Autismo non é sinónimo de persoas indiferentes que viven ailladas no seu mundo. As persoas con autismo senten, interactúan, comunícanse - con o sin linguaxe - , comparten, son loitadores natos que se esforzan a diario e lles é difícil entender a ironía, os xogos de palabras ou as mentiras (pero ata iso aprenden en moitos casos coa estimulación adecuada). Se se coñecese a realidade do autismo, a ninguén se lle ocurriría máis que asocialo con "superación", "esforzo", "nobleza", "cariño" ou "sensibilidade".
A prevalencia do autismo hoxe en día é o suficientemente significativa como para promover accións de información e sensibilización, con afirmacións que se apoien en evidencias científicas e axustadas á realidade. Según o Instituto da Saúde Carlos III, un de cada 150 nenos presenta algún trastorno dentro do espectro. Hai máis de 200.000 afectados en España e 67 millóns en todo o mundo. Hoxe en día, os avances prodúcense sempre e, moitas veces, a pasos de xigante. Cunha estimulación adecuada, canto máis intensa mellor, evolucionan hacia metas impensables fai uns anos. Por iso, debemos loitar todos xuntos para favorecer a inclusión.
QUE É O AUTISMO?

Ilustración de Fátima Collado Debuxo de Iker con 6 anos
O autismo é unha síndrome cun espectro moi amplo, non unha enfermedade. Afecta de forma diferente, así que non hai dúas persoas con autismo iguais e por iso non se pode nunca xeneralizar. As áreas nas que se manifesta son:
O autismo é unha síndrome cun espectro moi amplo, non unha enfermedade. Afecta de forma diferente, así que non hai dúas persoas con autismo iguais e por iso non se pode nunca xeneralizar. As áreas nas que se manifesta son:
- Dificultades - non incapacidade - na linguaxe e a comunicación. Atoparemos persoas que non falan pero que se comunican con xestos ou pictogramas, e persoas capaces de dominar varios idiomas.
- Dificultades - non incapacidade - nas relacións sociais. Atoparemos persoas que eluden o contacto visual ou se aturden en ambientes ruidosos, e persoas que ofrecen conferencias.
- Intereses restrinxidos e repetitivos, que cunha boa estimulación poden ampliarse sempre.
Ao igual que todos os seres humanos, a posible realización das persoas con espectro autista é ilimitada. As persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) comparten moitas características, necesidades e desexos coas persoas da súa idade sin autismo. Hai moitas cousas que diferencian ás persoas con TEA, pero tamén hai moitas cousas en común. Coma todos nós, teñen os seus puntos fortes e os seus puntos débiles. Todos somos diferentes, pero todos temos os mesmos dereitos.
OS MITOS QUE SE DEBEN EVITAR
- Carencia de sentimentos. As persoas con autismo senten: choran, rin, alégranse, entristécense, enfádanse, sinten celos,... En ocasións poden ter dificultades para canalizar as emocións pero saben demostrar que as sinten.
- Aillamento no seu propio mundo. Os esforzos por comunicarse son grandiosos. Nin viven noutra galaxia nin mirando a unha parede. Forman parte do mundo, unha sociedade onde hai cabida para a diversidade.
- A falta de cariño dos pais provoca o autismo. Hai xa moito tempo que se erradicou a teoría das "nais-neveira", que tanto dano provocou. Nácese con autismo. É dicir, hai unha orixe xenética.
- As persoas con autismo teñen discapacidade intelectual, ou polo contrario, son capaces de habilidades prodixiosas. En realidade, o retraso mental é unha comorbilidade, non unha condición propia do autismo. Hai persoas con autsmo que ademais teñen discapacidade intelectual e hainas tamén que non a teñen; hainas que teñen capacidades asombrosas, e hainas que non as teñen. Pero necesitamos todo tipo de mentes, sin discriminar a ninguén.
- A inevitable segregación. Debe desterrarse a falsa creencia de que as persoas con autismo só poden vivir o desenvolverse en centros segregados, sin relación co resto das persoas, non coa intención de marxinalas, senón de protexelas. Isto en ningún caso debe ser así. Ao contrario, a inclusión social é unha das claves para lograr unha mellora da calidade de vida das persoas con TEA e un factor esencial para incrementar as súas capacidades de adaptación, o seu desenvolvemento persoal e a súa calidade de vida. Cos apoios adecuados, as persoas con TEA poden aproveitar as oportunidades de participación en entornos ordinarios, o que favorece que poidan disfrutar dunha vida social integrada e normalizada, e contribúe ao seu desenvolvemento persoal.
- A infancia permanente. Con demasiada frecuencia, os medios falan de "nenos autistas", pero casi nunca de "adultos autistas". É necesario que a sociedade coñeza e entenda tanto aos nenos como aos adultos afectados polo autismo.
- Son autistas. Mellor empregar a fórmula "persoa con autismo" en lugar de utilizar simplemente a palabra "autista". Asó póñese de relevo a condición de persoa, coas súas características e diferencias, independientes do autismo. Ademais, definir a unha persoa por unha discapacidade é unha forma de discriminación.
- Definición dos diccionarios. O uso do autismo asociado a connotacións negativas, escúdase en ocasións na definición que aparece nos diccionarios, sobre todo o DRAE. Hai xa máis dun ano que se iniciou unha campaña con respostas positivas no sentido de que van a cambiar a definición, ainda que levará o seu tempo► Campaña Diccionario
Presentación sobre mitos de Almu G. Negrete

Ilustración de Fátima Collado
LEMBRA: As palabras son poderosas. Utilizar os termos“autismo” ou “autista” para descalificar ou insultar a outras persoas é unha forma de contribuir á discriminación e á exclusión de todos os afectados por esta síndrome.

Ilustración de Fátima Collado
LEMBRA: O maior lastre que se atopa unha persoa con autismo non é o diagnóstico, senón o descoñecemento e os mitos que perduran na sociedade.

Accións contra os mitos do autismo
Realizado por Anabel Cornago coa colaboración e coordinación de Cristina López García de
► La Princesa de las Alas Rosas
31 ago 2011
ÚLTIMO DÍA DE VACACIÓNS
HOXE REMATAN AS NOSAS VACACIÓNS! Quero desexarvos a todos e todas os que visitades este blog un "inicio" o máis feliz e tranquilo posible e que afrontedes con ánimo, ilusións e gañas este novo curso 2011/12 que comeza.
FELIZ CURSO 2011-2012!!!!!!!

30 ago 2011
UN BLOG MÁIS ACCESIBLE PARA TOD@S
A partir de agora o noso blog será máis accesible para tod@s. En cada entrada teredes a posibilidade de escoitala ademáis de lela clicando no reprodutor que hai debaixo do título da mesma
e na sidebar arriba á dereita poderedes elexir o tamaño da letra e facela máis grande ou máis pequena clicando enriba das imaxes
A idea orixinal saqueina do blog da nosa amiga María José Fano "DESVÁN DE PALABRAS" ,un fantástico blog cheo de recursos que non debedes deixar de visitar.

26 ago 2011
POR UN TRATAMENTO DIGNO DO AUTISMO
A nosa amiga Carmen, do blog "AULA DE INFANTIL", recibiu unha carta de Cristina, do blog "LA PRINCESA DE LAS ALAS ROSAS" , nai dunha nena con autismo, na que lle dicía así:
"Hola¡¡
Soy la mamá de una niña con autismo y quisiera pedir vuestra colaboración para difundir una campaña que un grupo de padres y profesionales hemos puesto en marcha. El objetivo,és ayudar a desmitificar muchos mitos que hay sobre este trastorno y concienciar a la sociedad sobre el uso de la palabra autismo, ya que las familias estamos cansadas y dolidas también de escuchar como se utiliza esta palabra para insultar a otros o simplemente, con un significado que no se corresponde con la realidad. Agradeceríamos mucho vuestra colaboración, quisiéramos hacer ruido, que nuestra campaña llegue a todas partes y para eso necesitamos la ayuda y la implicación de todo aquel que quiera sumarse. Por nuestros hijos y un futuro mejor para ellos, donde puedan tener los mismos derechos y oportunidades que los demás. Solo debéis difundir con vuestro blog la campaña, darla a conocer....ser las voces de miles de niños con autismo y de sus familias...ellos y nosotros os lo agradeceremos de corazón. Os envío el enlace de la entrada que podéis copiar y publicar en vuestro blog, gracias. Gracias una vez más".O doce de setembro lanzarán unha campaña para concienciar á sociedade para un tratamento digno do autismo por iso necesitan que todo o que teña blog ou páxina web e quera sumarse á campaña, os axude a difundila.
Desde AulaTic queremos sumarnos a esta inicitiativa e solicitamos a colaboración de tod@s @s seguidor@s deste blog para como di Cristina "facer ruído".
Máis información: http://autismosinmitos.blogspot.com/

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























