O día 2 de FEBREIRO de 2012 comezamos esta gran aventura. Ese día presentamos unha idea que "cociñamos" entre cinco blogueras con gañas de poñer en marcha un proxecto de colaboración e que non sabiamos a acollida que ía ter. Para nos, foi unha grata sorpresa ver como rapidamente empezamos a recibir comentarios de blogues coñecidos e descoñecidos que se querían unir a este proxecto, ata chegar ao día de hoxe, no que nos sentimos tremendamente fachendosas de poder dicir que:
XA SOMOS 123 BLOGUES AMIGOS
76 BLOGUES APORTARON ENLACES
(participando activamente no proxecto)
RECOPILAMOS 46 PROXECTOS DIFERENTES
(no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS)
O único que podemos dicir a todos e cada un dos blogues que forman parte de UN PROXECTO ENTRE TODOS ...
e o mellor xeito de celebralo é dando a benvida a 4 novos blogues que queren sumarse a todos no. BENVIDOS!!!!!!! Para iso vos deixamos a lista actualizada a continuación:
Tamén nos gustaría lembrar a todos que no SITES de UN PROXECTO ENTRE TODOS podedes atopar todos os enlaces de axuda recopilados (ata agora), filtrados e organizados.
https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/
E finalmente e coma sempre dicimos:
MOITAS GRAZAS POR TODO.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN e NOELIA