- En primeiro lugar imos comprobar que enlaces seguen activos e cales non, estes últimos os eliminaremos.
- En segundo lugar ofrecémosvos a todos aqueles que ao longo deste tempo realizáchedes novos proxectos sobre os temas recopilados, compartilos con todos nós. Para iso, só debedes mandar o enlace do recurso (proxecto, xogo, presentación, etc) que queredes que quede recollido nalgún dos temas do SITE do proxecto ao noso mail: unproyectoentretodos@gmail.com e nós engadirémolo. Só vos pedimos, por favor, que previamente comprobedes que non aparece xa recollido e que non indiquedes en que TEMA queredes que o engadamos.
Nós seguimos poñendo ao día a lista de blogs amigos e de momento continúa pechada a lista de admisións. No caso de decidir abrila volo comunicarémolo rapidamente.
https//sites.google.com/site/unproyectoentretodos/
Por último queremos darvos as grazas a todos os que colaboráchedes aportando enlaces de axuda a todas as peticións pois grazas a esas colaboracións poidemos construir un "GRAN ARQUIVADOR" onde recurrir cando esteamos preparando algún proxecto, sen necesidade de ter que facer nada máis.
Nel atoparedes polo tanto:
- Os diferentes proxectos plantexados neste proxecto.
- Todos os enlaces proporcionados polos blogs colaboradores.
- As normas de funcionamento de "Un proxecto entre todos"
- Os selos de participación do proxecto.
- O equipo de 5 blogs organizadores.
- As direccións de email para contactar cos blogs organizadores por se xorde algún problema ou tedes algunha dúbida.
E como sempre dicimos...
MOITAS GRAZAS AOS BLOGS QUE PARTICIPARON.
ANA, FINI, MIREIA, MIREN E NOELIA
UN PROXECTO ENTRE TODOS: "POSTA A PUNTO DO NOSO SITE"








.jpg)



























