Mostrando entradas con la etiqueta PLANTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLANTACIÓN. Mostrar todas las entradas

3 may 2013

PLANTAMOS ÁRBORES E IMOS AO TEATRO

Estes días andamos do máis ocupados. Onte, aproveitando que facía bo día, entre todos, plantamos catro árbores no bosque e xardíns que rodean o colexio. No xardín de diante plantamos un GINKGO e no bosque de detrás do patio, plantamos un ALERCE EUROPEO , unha NOGUEIRA e un CASTIÑEIRO. Foi unha boísima experiencia para todos. Cada cual axudou según as súas posibilidades: botar a terra, soster as árbores, regar,...


Ollade canto e que ben traballamos:



Aproveitando que iamos a plantar e que non hai moito que foi o día da Árbore e o día da Terra, lembramos moitas das cousas que aprendimos o ano pasado sobre as árbores e as plantas e que están recollidas no blog sobre os bosques que xa vos amosamos o ano pasado:


E hoxe voltamos á FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA, esta vez a ver unha obra de teatro de títeres: "A CAIXA DE MÚSICA" da Compañía Viravolta Títeres. Trátase dun espectáculo de marionetas de mesa, que conta a historia de dous rapaciños, Icía e Salterio, que xogando estropean a caixa de música de Calderón, un velliño que toca na plaza. A nena fai todo o posible para arranxala, e grazas a uns pintorescos personaxes, Zaracruso e Alterego, ao final o consegue. É un espectáculo moi atractivo e vistoso para os nenos e nenas debido á iluminación e as cores reflectantes na LUZ NEGRA. Ademáis conta coa participación de TRES MÚSICOS EN DIRECTO que tocan o violín, o piano e o clarinete:



En internet, atopei este video promocional da obra, que deixamos aquí para lembrar o bonita que era e o ben que o pasamos: