Mostrando entradas con la etiqueta MEME DE INTERNET. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEME DE INTERNET. Mostrar todas las entradas

11 jul 2014

UN MEME DE INTERNET


Cando hai unhas semanas vin no blogue de Jesús, Crea y Aprende con Laura, falar dos memes de internet (término do que non escoitara falar ata entón) o que menos pensei e que me ía tocar a min tamén, ja ja Pero así foi. Hai xa uns días que a miña amiga e compañeira de claustro virtual, Miren, do blogue La Clase de Miren, convidoume a participar e por suposto aceptei o ofrecemento.

Para os que estades igual ca min, e non sabedes o que é un MEME DE INTERNET:

"O término meme de internet úsase para describir unha idea, concepto, situación, expresión e/ou pensamento manifestado en calquera tipo de medio virtual, cómic, video, textos, imaxes e todo tipo de construcción multimedia e colectiva que se populariza a través dun hipervínculo, foros, imageboard, sitios web e calquer outro difusor masivo como o son hoxe en día as redes sociais".

Este meme en especial, busca responder a catro preguntas acerca da nosa experiencia escribindo no noso blogue e invitar a outros tres blogueiros a recoller o testigo e continuar a cadea.

Estas son as preguntas:

1ª) Sobre que estou escribindo actualmente? O certo é que ultimamente non estou escribindo moito no blogue por dous motivos: por unha banda estou metida nun curso de Realidade Aumentada da Escola Virtual de Verán de Espiral, o cal me ocupa bastante tempo e por outra, este ano por diferentes razóns fíxoseme un curso moi duro e necesito desconectar bastante se quero voltar en setembro coas pilas ben cargadiñas. Feito este inciso, dicir que xeralmente escribo sobre as cosas que facemos na clase: os nosos proxectos, experimentos, recursos, saídas, ... 

2ª) En que difire a miña escritura da de outros que  desenvolven o mesmo xénero? Sinceramente creo que en nada. A maioría dos blogues e blogueiros que coñezo e admiro, ao igual ca min, escriben sobre as experiencias nas súas aulas co seu alumnado e sobre aqueles recursos que atopan ou elaboran, que lles parecen útiles para a súa tarefa diaria e comparten desinteresadamente. Imaxino que a única diferencia estará no "toque persoal" que lle damos cada un de nós a esa escritura.

3ª) Por que escribo o que escribo? Principalmente, porque quero que as familias dos meus alumnos e eles mesmos, vexan o fantástico traballo que fan e como se esforzan día a día para facelo e porque ao igual que eu me aproveito dos recursos que outra xente comparte quero tamén compartir os meus por se lle resultan útiles a alguén.

4ª) Como é o meu proceso de escritura? Procuro que as miñas entradas sexan claras e sinxelas de entender para todos (hai que ter en conta que os meus alumnos son de Educación Especial), normalmente con pouco texto e moi visuais e coloridas  (con fotos a tamaño grande). 

Para rematar, gustaríame compartir e convidar a participar neste meme a: