Mostrando entradas con la etiqueta MÚSCULOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSCULOS. Mostrar todas las entradas

27 abr 2014

QUE TEMOS DEBAIXO DA PEL? ESTUDAMOS OS MÚSCULOS

Imaxe de Phillip Martin

Despois de investigar como era a nosa pel e que tiñamos que facer para coidala, chegou o momento de afondar un pouquiño máis e ver que había debaixo dela. Deseguida o descubrimos. Debaixo da nosa pel temos ... OS MÚSCULOS.


E ... que é iso dos músculos? Descubrimos que os músculos son as partes brandas do noso corpo o que normalmente coñecemos como "carne" que no  corpo temos uns 450 pares de músculos que nos permiten correr, saltar, camiñar ... é dicir MOVERNOS, que hai diferentes tipos de músculos, que o máis curto está na orella e os máis longos nas pernas.

Pero ademais descubrimos que os músculos pódense estirar e contraer e para iso utilizamos esta maqueta que nos fixo como non o noso adxunto do taller de carpintería ROCA. Unha vez máis quero agradecerlle dende aquí todo o que nos axuda cos nosos "descubrimentos".



Estes son os nomes dos músculos que aprendimos e as fichas que fixemos:



Para aprender ben os nomes dos músculos (que nos soaban un pouquiños raros) xogamos a SIMON DÍ ..., fixemos exercicio e uns sinxeliños EXPERIMENTOS. Ollade, ollade:



E por último para afianzar moi ben o estudado utilizamos os seguintes recursos:





E XA ESTAMOS PREPARADOS PARA DESCUBRIR ...
 OS ÓSOS