Mostrando entradas con la etiqueta ISSUU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ISSUU. Mostrar todas las entradas

6 dic 2011

ACHÉGASE O NADAL!!!

Levamos uns poucos días do mes de decembro, e xa por todas partes respírase o aire de Nadal. Nós, ya levamos uns días traballando sobre o tema. 
Estamos a decorar a clase e o corredor e facendo manualidades (xa vos ensinaremos as fotos máis adiante, cando rematemos) pero tamén fichiñas de traballo como estas:

Participamos no concurso de tarxetas de Nadal que organiza o noso colexio todos os anos. Aquí nos tedes coas nosas postais:
 E tamén estamos a traballar no rincón do ordenador e na PDI, co Libro Lim que fixen o ano pasado: "CELEBRAMOS O NADAL":
Este ano tamén o preparei en CASTELÁN por si alguén que non é de aquí, de Galicia o quere utilizar cos seus alumnos e alumnas:
http://dl.dropbox.com/u/14722558/NAVIDAD/navidad.html
Tamén utilizaremos o LIM sobre vocabulario navideño que preparou a nosa amiga Belén Junquera do blog Casa de Tolos:
http://chiscos.net/almacen/lim/nadal/nadal.html