Como xa vos comentamos na entrada anterior, durante esta semana, estivemos a investigar sobre a vida de dez mulleres importantes da historia galega.
Primeiro, cada un de nós fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:
A continuación, fixemos unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante da nosa personaxe:
E por último, cos nosos debuxos xeramos uns códigos QR con UNITAG que redireccionamos á nosa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:
Para ver se funcionaban, utilizamos o móbil da profe e "limos" os códigos coa aplicación gratuita I-nigma que é o lector de códigos QR que ten a profe pero hai moitos máis como Beetag , Up-Code, QuickMark, ...
Por se alguén non quere descargar ningún lector de códigos QR no seu teléfono móbil, deixámosvos a presentación para que poidades saber quen é cada unha e por que nos parecen mulleres dignas de pertencer á historia galega:
Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, esta semana estamos investigando a vida de dez mulleres importantes na historia de Galicia, para reivindicar unha vez máis a igualdade de xénero que é algo que xa traballamos ao longo de todo o ano.
A finais de semana, amosarémosvos o noso traballo que inclúe unha presentación colectiva feita co OpenOffice Impress ( o libre software equivalente a Power Point) e tamén RA (Realidade Aumentada) en forma de códigos QR.
Para ir abrindo boca, deixámosvos a portada da nosa presentación cos debuxos das dez protagonistas da mesma. Seredes quen de descubrir a identidade algunha? Se non é así, non vos preocupedes, o vindeiro venres ... descubrirédelo.
Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional contra a Violencia Xénero. Nós, non quixemos ser menos e sumámonos a esta iniciativa.
Ao longo da semana pasada fixemos o mural que podedes ver máis arriba para pedir pola igualdade e pola desaparación do maltrato tanto físico como psicolóxico hacia as mulleres.
E hoxe, súmamonos, invitados polo Concello de Neda, xunto cos nenos e nenas do Instituto Fernando Esquío e o CEIP de San Isidro, á MARCHA POLO BO TRATO, que saiu do Albergue de Pelegríns e foi por todo o paseo marítimo ata chegar ao Concello. Unha vez alí, os rapaces e rapazas dos outros centros, leron os seus manifestos contra a Violencia de Xénero así como o Alcalde e outro persoal do Concello, e nós representamos o acto que tiñamos preparado: "MANS" baseado no álbum ilustrado de Xabier Docampo, que coñecimos grazas a Belén Junquera e ao cole de FRIANS-TEIS.
Para que vexades que ben nos saiu, vos deixamos este video que fixemos nun dos ensaios:
E tamén estas fotos da xornada:
Ao final houbo unha solta de globos violetas que simbolizaban cada unha das vítimas por mor dos malos tratos:
Onte fomos á Casa da Cultura de Neda para ver unha sesión de contacontos de Ana Hermida da asociación LISÍSTRATA titulada "CONTANDO EN FEMININO: CONTOS PARA A IGUALDADE". Esta actividade está enmarcada dentro do programa LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura co que se pretende fomentar o gusto pola lectura en pequenos e non tan pequenos.
Durante preto dunha hora, Ana contounos tres contos, dous deles de Adela Turín, "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES" e "ARTUR E CLEMENTINA" e un terceiro, "A PRINCESA QUE NON QUERÍA CASAR" do que non sabemos o autor. Con eles, tal e como nos din na súa páxina, "trátase de concienciar ao público máis novo para que rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde se pode cambiar o final e tamén onde o protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades xa que xogando e contando, apréndese a formar en igualdade".
Seguriño que moitos de vós xa coñecedes os contos de Adela Turín pero aquí volos deixamos por si queredes lembralos:
E tamén o libro lim do conto dos Bonobos que preparei hai dous anos e que a maioría coñecedes xa:
Unha vez que voltamos ao cole, cada un de nós pensamos en cal foi o conto que máis nos gustou e por que e tamén o que aprendimos coa saída e escribímolo nunha folla de papel. Aquí vos deixamos o que escribimos:
- ÍKER: Gustoume o conto de "Artur e Clementina". Este conto trata de dúas tartarugas que se casan. Unha delas, Clementina quería aprender cousas e ver o mundo pero a outra tartaruga, Artur, a insultaba e non lle deixaba saír da casa. Ao final, Clementina foise para coñecer novos amigos e novos lugares. Para min, este conto nos ensina que non debemos insultar á xente nin deixar que nos insulten a nós.
- BORJA: A min gustoume máis "Un conto ao revés". Trata dunha princesa que non quere casar. Unha mañá apareceulle na porta unha montaña de príncipes e como non quería casar lles puxo unhas probas que ninguén superou. E a princesa non casou. Con este conto aprendín que os principes ao igual cas princesas tamén, choran, teñen medo, son presumidos, etc e que unhas princesas se casan e outras non pero son felices igual.
- YANIRA: A min gustoume máis "Un conto ao revés" porque fala dunha princesa á que os seus pais querían casar. Por iso un día invitaron a moreas de príncipes a ver á princesa. Ela dilles que lles vai facer unha proba e todos vanse menos cinco que dilleron que ían facela. Todos os príncipes foron perdendo as súas probas, pero o último ao final resultou que pensaba igual ca princesa e se fixeron moi amigos. Nesta saída aprendín que non debemos insultar nin pegar e tamén que ser presumido e guapo non quere dicir que se sexa boa persoa.
- MANU: Gustoume "Un conto ao revés" porque falaba dunha princesa que non quería casar pero os seus pais lle mandaban facelo. Buscaronlle moitos príncipes. Uns eran miedosos, outros moi valentes, algúns presumidos outros bailaríns. A princesa púxolles unha proba a cada un e todos foron renunciando. Soamente o máis pequeno, o Esmirriado, dixo na metade da proba o que pensaba e fíxose amigo da princesa. Ao final os seus pais entenderon que a súa filla non tiña porque casar se non quería. Eu aprendín que non debemos maltratar á xente porque tampouco nos gustaría que nolo fixesen a nós.
-ESTELA: Eu quédome con "Artur e Clementina". Gustoume porque era a historia dunha tartaruga que se aburría moito na casa porque sempre estaba soa e o seu home non a deixaba saír nin aprender cousas novas. Un día saíu e empezou a facer moitos amigos. Ao ver que se divertía tanto decidiu fuxir para poder disfrutar da vida e olvidar os insultos do seu home. Con este conto e os demais, aprendín que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos e que non debemos maltratar a ningúen nin con insultos nin con golpes.
- SARA MONTAGUT: A min a que máis me gustou foi "A historia dos Bonobos con Lentes" porque nos ensina que as tarefas son tanto para homes como para mulleres. O conto trata duns bonobos que se fartaron de non facer nada e un día marchan a Irlanda a aprender inglés. Cando voltan lles ensinan inglés aos demais bonobos e lles regalan uns lentes pero ás bonobas ainda que tamén querían aprender, non lles ensinaban nin lles regalaban os lentes. As Bonobas enfadadas marchande alí cos bonobos pequeniños e son moi felices. Os bonobos están tristes e famentos porque non saben facer nada, nen sequera buscar comida.
- SERGIO SOSA: O conto que máis me gustou foi "Artur e Clementina" porque nos ensina que as mulleres poden facer o mesmo que os homes. E da saída aprendín que non se maltrata as persoas e que todas as persoan teñen dereito a facer o mesmo cas outras sin importar o seu xénero.
- LAURA: Gustoume "A historia dos Bonobos con Lentes" porque trataba dun grupo de bonobos que se van a aprender inglés. Cando voltaron llo ensinaron a todos os bonobos. As bonobas tamén querían falar inglés pero os bonobos non quixeron ensinarlles e inventaron moitas excusas. Ao final provocaron que as bonobas e os bonobiños marcharan. Os bonobos decidiron ir con elas e axudalas.
- SARA FERNÁNDEZ: Hoxe fomos de excursión e nos contaron tres contos. O que máis me gustou foi "A historia dos Bonobos con Lentes" porque demostraba que todos somos iguais e que non só deben traballar a mulleres ou os homes e tamén que todos temos dereito a aprender o mesmo.
Este venres día 8 celébrase o Día da Muller Traballadora. Porque cremos que o mellor xeito de acadar a IGUALDADE entre homes e mulleres en todos os ámbitos, e traballar dende a casa e o cole por unha educación non sexista e igualitaria,o ano pasado traballamos un poema de Carmen Gil, da páxina POEMITAS.COM, apartado de COEDUCACIÓN que se titula: "POEMITAS DIVERTIDOS" co que fixemos este libro LIM:
Como aos meus alumnos lles gustou tanto, esta semana imos traballar con estoutro poema de Carmen Gil : "EL TRAJÍN DE LA BRUJA PANDORA" que ademais de estar na páxina de POEMITAS, está incluido no seu libro COEDUCACIÓN EN EL COLE que mercamos estes días.
O vindeiro xoves, celébrase o día da muller traballadora. Este día foi instaurado en 1917 por Nacións Unidas e según a versión máis extendida, conmemora os sucesos ocurridos en 1908 en Nova Iork, cando un grupo de costureiras industriais se declararon en folga para protestar polas súas condicións laborais pedindo aumento dos salarios e a reducción da xornada laboral. Durante esta folga 129 mulleres morreron queimadas nun incendio na fábrica Cotton Textile Factory, provocado polos donos da fábrica.
Hoxe en día, o 8 de marzo convertiuse nun día de reivindicación por unha igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político.
O único xeito que temos de chegar a unha IGUALDADE entre homes e mulleres, é, desde a EDUCACIÓN cunha educación en valores IGUALITARIA E NON SEXISTA.
Para traballar o tema da igualdade durante estes días , preparei este libro lim sobre un POEMA de CARMEN GIL, titulado POEMITAS DIVERTIDOS, que podedes atopar na páxina de POEMITAS.COM no apartado de COEDUCACIÓN.
E coma esta vez, fíxeno en castelán , dende o blog FALANDO ENTÉNDESE A XENTE , da nosa benquerida amiga Patricia, comparten con todos nós unha estupenda traducción dos poemiñas en galego e ademais con debuxos para colorear.
O vindeiro 25 de novembro celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, un problema ante o que non podemos pechar os ollos e sobre o que debemos traballar con ahínco para acadar a súa eliminación. Debemos comezar na escola promovendo relacións de igualdade entre rapaces e rapazas como prevención primaria das violencias sexuadas. .
O Secretario Xeral das Nacións Unidas, dixo:
"A violencia de xénero é quizáis a máis vergoñosa violación dos dereitos humanos. Mentras continúe, non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais hacia a igualdade, o desenvolvemento e a paz"