Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO. Mostrar todas las entradas

18 sept 2015

CELEBRANDO O DÍA DO PUNTO


Ao igual que o ano pasado, este ano celebramos na clase o día internacional do punto. Para os que non o saibades, esta celebración ten lugar cada ano o 15 de setembro ( ainda que tamén pode celebrarse entre o 13 e o 17 deste mes ) porque nesta data, Peter Reynolds publicou o seu libro "EL PUNTO". Con ela trátase de fomentar a creatividade de grandes e pequenos  partindo da consigna de que ONDE HAI UN PUNTO HAI UN CAMIÑO.  E tamén ao igual que o ano pasado Miren do blog LA CLASE DE MIREN e mái eu, decidimos programar as mesmas actividades para así comparar a experiencia en niveis tan distintos como son Educación Infantil e o Terceiro Ciclo de Primaria,  coa novidade de que  ademais este ano invitamos a Prado de PEQUEFERROVIARIOS e a Ángeles (caballa69 en Picasa) que axiña aceptaron celebralo connosco.

Para comezar, fomos á aula de informática a ver un video do conto, nesta ocasión narrado por Beatriz Montero:


Despois de falar sobre o conto de Vasthi e de como se sentía ao principio e ao final do mesmo, os rapaces e rapazas deixaron voar a súa creatividade utilizando dúas fichas que se poden atopar na páxina de PeterReynolds.com/dot :


Primeiro debuxaron no lienzo en branco o que nese momento se lles ocurriu e despois colorearon e recortaron o marco para ao igual que a profe de Vashti,  pendurar as súas obras de arte nas paredes (neste caso na porta interior) da nosa clase. Ollade que bonita quedou cos puntos e debuxos tan creativos que fixeron:
Tamén quixemos deixar a nosa marca e a nosa firma para a posteridade , por iso fomos pasando de un en un a a poñela nun gran círculo branco:

Ata eu deixei a miña marca . A ver se sodes capaces de averiguar cal é :


E xa para rematar unha celebración tan especial, non podía faltar a TECNOLOXÍA, así que como nos ordenadores do cole foi imposible,descarguei nun pequeno ordenador meu, da páxina de FableVision  , unha versión de proba de quince días do software de Peter Reynolds, ANIMATION-ISH que como o seu nome indica, serve para facer animacións. E como co rato é moi difícil debuxar ...houbo que buscar outras opcións ji ji Ollade, ollade:




Así quedaron as animacións, son moi curtiñas, apenas duran uns segundos, pero para ser a primeira vez ... NON ESTIVO NADA MAL, non credes?


Ademais cada un levou para casa un pequeno imán conmemorativo para lembrar este día:
FAGAMOS QUE O DÍA DO PUNTO SEXAN TODOS OS DÍAS DO ANO E QUE NON SE PERDA A CREATIVIDADE NAS NOSAS AULAS!!!!!!!