Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS NATURAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIAS NATURAIS. Mostrar todas las entradas

13 jul 2017

AS NOSAS MÁQUINAS


No derradeiro temas de Ciencias Naturais estivemos aprendendo cousiñas sobre as máquinas simples e compostas. E como non hai mellor xeito para aprender que coa experimentación e manipulación, cada un de nós fixemos unha máquina utilizando materiais reciclados e despois expuxémolas todas na entrada do cole.

Estas son as nosas maquetas:

- ENMA: Un balancín

- ADRIÁN: Unha tartaruga xiratoria


- ALBA: Dúas versións de norias de auga


- YAGO: Un muíño de vento


- PAZ: Unha balanza


- AINOA: Un tobogán


- CARMEN: Unha catapulta


- AITANA: Un carro


- SHEILA: Unha atracción de canicas:


- MIGUEL: Un pozo


Moitísimas grazas a todas as familias pola súa colaboración

17 may 2017

EXPERIMENTANDO COAS PROPIEDADES DA MATERIA


No tema 5 de Ciencias Naturais, estamos estudando as propiedades xerais e particulares da materia. Aprendimos, que todos os materiais teñen unhas PROPIEDADES XERAIS a todos eles como son a MASA (que se mide cunha balanza) e o VOLUME (que se mide cun recipiente graduado) e tamén unhas PROPIEDADES PARTICULARES como a DENSIDADE, FLOTABILIDADE, FLEXIBILIDADE, DUREZA,...

Como nos resultaba un pouco difícil de entender, decidimos experimentar un pouco. Así que fixemos tres experimentos:

1º EXPERIMENTO: Ten a mesma masa medio litro de aceite que medio litro de auga?

2º EXPERIMENTO: Cal dos dous obxectos ocupa máis volume?

3º EXPERIMENTO: Analizamos a flotabilidade dos obxectos.

QUEREDES SABER COMO O FIXEMOS? OLLADE, OLLADE.

Fai clic no centro en Click to read se queres velo a pantalla completa

9 abr 2017

APRENDEMOS OS ÓSOS CON RA


No último tema de naturais do trimestre, ademais dos sentidos, tamén estudamos os ósos e os músculos.

Para aprender os ósos, fixemos un esqueleto articulado que vimos na web de ACTILUDIS:


Ademais copiando unha idea que vimos no blog de  Óscar, La eduteca, coa aplicación AUGMENT, sacámonos unha foto cun esqueleto:


A continuación, con moito coidado, etiquetamos os ósos. Aquí podedes ver algún exemplo:


En canto aos músculos, practicamos a colocalos e tamén o seu nome, con esta ficha que tamén atopamos na web de ACTILUDIS:


Pero iso non foi todo, coa aplicación ANATOMY 4D e o seu marcador, na tablet vimos o esqueleto, os músculos e repasamos algúns dos aparatos que estudamos no tema anterior:


E con estes recursos que recopilamos no noso google sites seguimos aprendendo e practicando:


31 mar 2017

CONSTRUÍMOS UNHA MAQUETA DUN OLLO


En Ciencias Naturais estamos a estudar a función de relación e entre todas as actividades que fixemos e que xa vos amosaremos, construímos unha maqueta dun ollo coas partes que estudamos:




As instruccións e o modelo, atopámolo na páxina de ELLEN MCHENRY. Clicando na imaxe podedes acceder ao recurso:

http://ellenjmchenry.com/cut-and-assemble-paper-model-of-the-human-eye/



15 mar 2017

O APARATO EXCRETOR



Cando lle chegou o turno ao APARATO EXCRETOR, primeiro vimos este video de Óscar da Eduteca



Tamén pegamos na libreta, coloreamos e rotulamos,  esta imaxe que atopamos na web del maestro:




E puidemos seguir aprendendo moitas cousas con estes recursos no noso google sites do tema:


E agora, credes que estades preparados para repostar a este pequeno cuestionario que preparei con Google Forms?



Queredes saber cantas acertáchedes? Clicade na imaxe:


6 mar 2017

O APARATO CIRCULATORIO


Despois do aparato dixestivo e do aparato respiratorio, tocoulle o turno ao aparato circulatorio.
Comezamos vendo este video de Óscar Alonso do blog a Eduteca:


Con el, aprendimos cales son as súas partes, de que se encarga e como traballa. A continuación completamos na libreta esta ficha para non olvidarnos:


Tamén aprendimos que o corazón é un órgano oco con catro cavidades que impulsa o sangue polos vasos sanguíneos e coloreamos este que fixemos a partir dunha ficha que atopamos en inglés:


Para que nos quedase moi clariño como funciona o aparato circulatorio e que substancias transporta, xogamos ao XOGO DO APARATO CIRCULATORIO de Ellen MacHenry´s que podedes descargar clicando na imaxe:



E tamén falamos do SANGUE. Soubemos que ademais dos glóbulos vermellos que transportan os nutrientes e o osíxenos, tamén ten glóbulos brancos que se encargan de defendernos das infeccións e plaquetas que nos axudan a taponar as feridas. E que todos eles flotan nun líquido chamado plasma.

Unha vez sabido isto, coloreamos esta gota de sangue de Lindsey Viducich que pasamos ao galego:


E como queriamos saber como era o sangue en realidade, a profe pinchouse nun dedo, collimos un microscopio e ...



Algúns recursos sobre o APARATO CIRCULATORIO:

18 feb 2017

O APARATO RESPIRATORIO: FABRICAMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL

Imaxe de Anaya

Despois de rematar co aparato dixestivo, comezamos co aparato respiratorio e a respiración. Na primeira sesión vimos dous videos, este de Happy Learning:


E este de Óscar Alonso do fabuloso blog La Eduteca:


Con eles, e unha maqueta que fixo a profe aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio. Observamos que as palliñas representaban os bronquios, os dous globos os pulmóns, a botella a capacidade torácica e o globo de abaixo o diagragma. E tamén que se tirabamos do globo cara abaixo os globos inchábanse un pouquiño simulando a INSPIRACIÓN e que se faciamos o contrario, os globos desinchábanse simulando a ESPIRACIÓN.


Para que non se nos olvidasen cales eran as partes do aparato respiratorio, debuxámolas na libreta:


A maqueta da profe gustounos moito, así que nós tamén quixemos facer unha. Por iso, na segunda sesión fabricamos este sinxelo pulmón artificial para experimentar como era o proceso da respiración.



E como queremos seguir aprendendo sobre o Aparato Respiratorio que mellor que con estes recursos: