1 oct 2017

MOI BO INICIO DE CURSO E ATA PRONTO


Como xa víchedes os que de vez en cando vos pasades por aquí, desde finais do curso pasado non hai ningunha entrada nova e seguramente vos preguntaredes por que.

Pois ben, como o curso pasado pechouse UN PROXECTO ENTRE TODOS que tantas alegrías nos deu, e como ademais no cole utilizamos principalmente o blogue de clase e aquí era unha repetición desas entradas, decidín utilizar soamente un blogue. De tódolos xeitos, todas  as entradas e recursos permanecerán para que poidades utilizalos todos aqueles que queirades.

Así que os que sigades desexando ver as nosas entradas, podedes atoparnos aquí:

https://terceirociclomacineira.blogspot.com.es

E unha vez que acabe con todo o papeleo de principio de curso (este ano tocoume ser Xefa de Estudos) prometo seguir visitando e deixando comentarios en todos os blogues amigos que tantas cousas me ensinan.

Aproveito tamén, para desexarvos a todos e a todas...

MOI FELIZ INICIO DE CURSO!!!!!!

16 ago 2017

OBRADOIRO DE CUPCAKES E DE CHAVEIROS

A derradeira semana antes de rematar as clases, xunto cos nosos compañeir@s de 3º e a súa profe Carmen, fixemos un obradoiro de cupcakes e outro de decoración de chaveiros de madeira e ademais tamén fixemos as caixas para gardar tanto unhas cousiñas como as outras.

Dividímonos en catro grupos. Mentras un grupo decoraba os chaveiros, outro facía as caixas, o terceiro amasaba e o cuarto decoraba as madalenas. Pasámolo fenomenal.




Aquí podedes ver unhas pouquiñas fotos dos obradoiros:



A que teñen moi boa pinta, non si?

17 jul 2017

SOMOS AUTORAS DE: "SERES MITOLÓXICOS: proxecto Que Ves? TAMBRE EDELVIVES


POR FIN!!! Que alegría temos de poder compartir con vos que Miren do blog "La clase de Miren" e mais eu, somos autoras do proxecto Que ves? Seres Mitolóxicos" de Tambre Edelvives. Xuntas elaboramos un proxecto específico para Galicia no que investigamos e aprendemos moitas cousas sobre algúns seres mitolóxicos galegos como: MEIGAS, TRASNOS, APALPADOR, etc.


Como podedes ver na imaxe superior, trátase dun proxecto de ciclo polo que hai unha carpeta específica para cada un dos niveis, adaptados os contidos a cada idade correspondente. Foi xenial poder traballar unha vez máis xuntas de novo e seguro que non será a derradeira vez. Queremos dar as grazas a Tambre Edelvives por confiar en nós para levar a cabo este proxecto e ...

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!


15 jul 2017

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:
1º de E.P.
2º de E.P.
3º de E.P.
4º de E.P.
5º de E.P.
6º de E.P.

E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:

13 jul 2017

AS NOSAS MÁQUINAS


No derradeiro temas de Ciencias Naturais estivemos aprendendo cousiñas sobre as máquinas simples e compostas. E como non hai mellor xeito para aprender que coa experimentación e manipulación, cada un de nós fixemos unha máquina utilizando materiais reciclados e despois expuxémolas todas na entrada do cole.

Estas son as nosas maquetas:

- ENMA: Un balancín

- ADRIÁN: Unha tartaruga xiratoria


- ALBA: Dúas versións de norias de auga


- YAGO: Un muíño de vento


- PAZ: Unha balanza


- AINOA: Un tobogán


- CARMEN: Unha catapulta


- AITANA: Un carro


- SHEILA: Unha atracción de canicas:


- MIGUEL: Un pozo


Moitísimas grazas a todas as familias pola súa colaboración

11 jul 2017

ÉPOCA ROSA DE PICASSO


Continuando co noso proxecto sobre Picasso, despois da Época Azul, vimos a Época Rosa. Nesta época que vai dende 1904 ata 1907,  Picasso que está moi feliz e enamorado de Fernande Olivier, entra nun período máis alegre e pinta esceas de pallasos e circos cun colorido máis brillante.
Estas son algunhas das obras que traballamos, onde podemos ver como cambiaron as cores azuis e frías por cores máis cálidas:


E así é como recreamos nós algunhas delas:






QUE VÓS PARECEN?

27 jun 2017

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos:


24 jun 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Colaboración entre blogs amigos


Un 2 de febreiro de 2012 comezou a aventura deste xenial proxecto que uniu en ocasións a máis de 200 blogs colaborando unidos para recopilar recursos para compartir. E COMPARTIR é precisamente a palabra que mellor define a filosofía que mantivo vivo este proxecto.

Agora, despois de máis de 5 anos en marcha, informámosvos que "botamos o peche". Sopesamos a continuidade ou non deste proxecto e por moitas razóns, a nosa decisión final foi rematar aquí. É moito tempo adicado a construir un gran arquivo de enlaces filtrados, clasificados e organizados por temas para a realización de proxectos nas aulas. O SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS seguirá aberto para poder usalo libremente, ainda que xa non o manteremos actulizado, polo que poderedes atopar en ocasións ligazóns que xa non estean activas.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos

Queremos darvos as grazas a todos os blogs amigos que nalgún momento destes 5 anos, participaron en Un proxecto entre todos. Sen todos eles, isto non sería posible. E tamén, cada unha de nós, queremos dar as grazas ao resto do claustro-blogue, posto que  a coordinación, organización, o bo rollo que existiu en todo momento, fixo que todo rodara dun xeito natural e que o difícil sempre resultara sinxelo.

GRAZAS A TODOS E ESPERAMOS CRUZARNOS CON VÓS NALGÚN OUTRO MOMENTO!!