25 feb 2012

E VAI DE PINGÜÍNS ...

Con cartulinas de distintas cores fixemos estes fermosos pingüíns. Gústanvos?



A nós si. E xa que estabamos cos pingüíns, por que non xogar con eles?

- Podemos crear unha canción e un baile:


- Xogar no tobogán de xeo:


- Armar o pingüín:


- Ou xogar ao pingüín voador:

24 feb 2012

COMEZA "UN PROXECTO ENTRE TODOS"


Como xa sabedes, desde o día 20 de febreiro está en marcha o noso proxecto de colaboración. Esta semana xa tivemos a primeira mensaxe de inicio de proxecto, publicado polo blog "LAS COSAS QUE APRENDO", e gustaríanos aclarar algunhas das cousas que temos que facer para que todos poidamos beneficiarnos deste proxecto colaborador:
- Temos que facernos seguidores dos blogues colaboradores, así nos poderemos enterar fácilmente cando alguén publica unha entrada de axuda.
- A partir de ahí, envíanse comentarios cos enlaces de axuda. Os comentarios téñense que publicar para poder evitar que se repitan enlaces enviados. Tamén se deben publicar para que todos os blogues colaboradores poidan aproveitar eses mesmos enlaces para outras ocasións.
- Cada mes publicaremos unha lista actualizada dos blogs colaboradores (sempre e cando haxa blogues novos que queiran apuntarse ao grupo).
Si tedes algunha dúbida ou calquer problema, ou simplemente queredes facer algunha suxerencia de funcionamento ou organización, podedes facelo contactando con calquera dos blogues organizadores:


Esperamos que esta aventura que tan boa acollida tivo por parte de todos vos sexa só o inicio dun gran "PROXECTO ENTRE TODOS"

23 feb 2012

PASATEMPOS DE INVERNO

Imaxe de Philip Martin

Rematado o Entroido, seguimos a traballar o centro de interese do inverno. Ao longo destes días imos facer estas fichiñas coas que  imos traballar a atención e a lectoescritura ademais de pasar un ratiño entretido. Déixovolas tamén en castelán por si alguén máis quere utilizalas:










E para xogar na PDI ou no recuncho do ordenador, aquí tedes este divertido xogo onde despois de elexir un ou dous xogadores tedes que axudar á mascota a chegar á meta recollendo a maior cantidade de regalos posible. MOITO COIDADO COAS ROCHAS!!!!


20 feb 2012

¡¡¡¡¡¡¡¡¡ATCHÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍS!!!!!!!!!!


O noso blog, xunto con dous blogs amigos: "CUENTOS DE TIHADA" (de Ana Gracia Jaureguiberry) e "CUADERNO DE COLORES" ( de Mª Pilar Argés) vimos de facer un FANTÁSTICO INTERCAMBIO CREATIVO. Cada unha de nós puxo unha das súas habilidades: así Ana Gracia aportou un dos seus preciosos contos, Pilar as súas estupendas ilustracións e eu...  montei o video do conto e o libro LIM. O resultado: UN DIVERTÍDISIMO CONTO moi axeitado para estes días de frío, resfriados, gripes e demais. Aquí vos deixo o conto:






E aquí o libro LIM:



http://dl.dropbox.com/u/14722558/Atchis/atchis.html

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

16 feb 2012

FESTA DO ENTROIDO NO COLE!!!!


Hoxe en todo o colexio celebrouse o ENTROIDO. Este ano decidimos ir das estacións do ano. A nós, tocounos o OUTONO. Así que pensando, pensando... decidimos ir de FROITOS DO OUTONO. Tiñamos que inventar unha canción para acompañar o disfraz asi que  lembrei que a miña amiga Dolores, do blog AUDICIÓN E LINGUAXE, no outono inventou unha pequena poesía que falaba deles ,para traballar cos seus nenos, así que a collimos prestada e co ritmo de "EL PATIO DE MI CASA" así de guapos baixamos para o salón de actos:

- AS MAZÁS ...



- AS UVAS ...


- AS CABAZAS ...


- AS PERAS ...


 e a nosa compañeira Ruth que ía de ÁRBORE DE OUTONO porque fíxose un esguince de última hora nun xeonllo e na cadeira de rodas non podía levar o seu disfraz de pera.


No piso de abaixo agardábannos o resto das estacións. Aquí vos deixamos unhas fotiñas para vexades que guapos e guapas ían todos:



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


Ademáis dos disfraces, estes días estivemos a facer caroutas e antifaces. Estas son as que adornan o noso corredor:


MOI FELIZ ENTROIDO PARA TOD@S!

14 feb 2012

FELIZ DÍA DA AMIZADE!!!!


Febreiro é considerado o mes da AMIZADE e do AMOR. Nós aproveitando que hoxe era o Día de San Valentín, celebramos na clase o Día da Amizade. Primeiro fixemos uns animais que atopamos no blog "BRUJITA DE LUX" utilizando siluetas de CORAZÓNS . Mirade que bonitiños nos quedaron:





E despois para regalar aos noso mellor amigo ou amiga, fixemos estas SABOROSAS BOLBORETAS:


E se falamos de amor, un conto moi axeitado e cunhas fermosas ilustracións é "CROCODILO NAMORADO" de Daniela Kulot. O noso amigo Carlos Mariño, do blog "O PE DO XIGANTE", fixo un libro lim fantástico sobre o conto:



MOI FELIZ DÍA DA AMIZADE PARA TOD@S!!!!!

13 feb 2012

FICHAS PARA O ENTROIDO


No blog de Jessica, "QUE HACEMOS HOY EN EL COLE", atopei unhas fantásticas fichas para traballar o Entroido. Estaban en catalán así que despois de comunicarllo, fixen algún pequeno cambio, lles engadín unha portada e as traducín ao galego e ao castelán para traballar estes días na clase. E así foi como quedaron:








No blog de "INFANTIL CALVO SOTELO", tamén podedes atopar unhas fantásticas fichas para traballar o tema do Entroido. Non deixedes de visitalo.

E para seguir divertíndonos no Entroido, Belén de CASA DE TOLOS, acaba de publicar no seu blog un chulísimo libro LIM sobre os disfraces de Kitty. Clicade na imaxe para acceder.

http://dl.dropbox.com/u/4518185/kitty/kitty.html

12 feb 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: BLOGUES COLABORADORES



Hai máis ou menos quince días vos presentamos UN PROXECTO ENTRE TODOS, un proxecto de colaboración entre blogues amigos para a recopilación de materiais, recursos, etc... A verdade é que non podiamos pensar nin por asomo mentras estabamos a organizar esta aventura, que tantos blogues vos poderiaides sumar a este proxecto. Formamos un grupo de 51 blogues!!!!

Hoxe publicamos a lista de blogues que nos deixáchedes un comentario para formar parte deste grupo. é dicir a lista de blogs colaboradores. Pasamos así á 3ª e derradeira fase de organización:

- Cada blogue participante, faise seguidor do resto de blogues colaboradores, deste xeito poderá enterarse cando alguén escribe unha entrada pedindo "axuda".
- A colaboración é absolutamente voluntaria, e desinteresada, tanto para quen pon a entrada pedindo axuda como para quen colabora con ese blogue.
- Este proxecto iníciase o 20 de FEBREIRO e a partir deste día xa podedes realizar algunha entrada utilizando o 2º selo do grupo. O mellor sería facelo de forma escalonada, non todos á vez.
- Por favor, ter un pouco de paciencia ata que nos acostumemos todos ao funcionamento deste grupo.

Só nos queda dar as grazas a todos pola acollida tan agradable e agarimosa a través de os vosos comentarios. Esperamos que isto só sexa o inicio dunha gran cantidade de PROXECTOS ENTRE TODOS. 


9 feb 2012

MÁIS RECURSOS PARA O ENTROIDO


Estes días andamos apuradísimos confeccionando os nosos disfraces para a festa do Entroido que celebraremos o vindeiro xoves 16. Así que para seguir traballando este centro de interés, ademais do taller de disfraces e do mural que estamos a facer, preparei este sinxelo libro LIM baseado no conto: "ENTROIDO" da editorial A Nosa Terra  incluído na serie: "Os contos da rata Luísa"  e escrito e ilustrado por MON DAPORTA, para traballar tao longo destes días, tanto no rincón do ordenador na clase como na PDI na aula de informática.

7 feb 2012

RECURSOS PARA O ENTROIDO (I)


Xa está a piques de chegar o Entroido e con el a troula, os disfraces, as bromas e comidas tan típicas destas datas como as riquísimas filloas, orellas, ... Para traballar este centro de interés o ano pasado preparamos un video e un libro LIM sobre o conto: "Entroido na Carballeira" en galego e en castelán e con el participamos no libro colaborativo sobre o Entroido elaborado por mestres e mestras de distintos colexios. Este ano tamén utilizaremos estes recursos ademais doutro libro lim que estou a piques de rematar. Aquí vos deixamos todo:
O VIDEO en castelán:

E en galego:


O libro LIM nos dous idiomas:


E o libro colaborativo feito entre varios mestres e mestras:


Podedes atopar máis recursos para o entroido nestes dous blogues amigos:

- "CUADERNO DE COLORES" (as orixes do Entroido e como facer unha carouta)
- "ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL" (como facer sinxelos disfraces para o cole ou para casa)

         ESPERO QUE VOS SEXA ÚTIL!!!!

6 feb 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: 2ª fase



Hai uns días iniciamos a nosa aventura para formar un grupo de blogues que colaboren entre eles na procura de información e material complementario para a realización de proxectos, centros de interese, etc.
En primeiro lugar, temos que daros as grazas pola gran acollida que tivo a iniciativa. Sodes moitos os que nos enviáchedes as vosas mensaxes para participar neste grupo. ¡¡MOITAS GRAZAS E BENVIDOS!!
En segundo lugar e ante a rapidez de algúns de vos, queremos aclarar os seguintes pasos que imos a seguir. A finais desta semana publicaremos unha lista de todos os blogues que participan. Deste xeito, todos poderemos facernos seguidores dos blogues que formamos este grupo para poder ver cando algún de nos publica unha entrada de axuda.
Pedímosvos un pouquiño de paciencia ata que nos organicemos como grupo. Se alguén ten algunha dúbida que non teña reparos en preguntar e non vos olvidedes de poñer o selo de colaboración no blog.

Graciñas de novo.

2 feb 2012

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Colaboración entre blogues amigos

Moitas das persoas que realizamos blogues de educación presentamos os proxectos que imos facendo e serven de punto de partida para outras persoas que tamén, nalgún momento van a realizar un proxecto sobre o mesmo tema. Pero non só presentamos proxectos, senón tamén debuxos, cancións, murais, videos,... que reforzan o traballo que realizamos.
Este grupo de blogueras:


Ofrécelle, a quen lle interese, participar nun grupo de colaboración para a recopilación de material. Material que servirá de punto de partida para a realización de proxectos, unidades didácticas, centros de interese ,...
Para iso propomos a utilización de dous selos:

- PRIMEIRO SELO: Engádese ao blog (en forma de gadget) que indica que formas partes deste novo grupo.


- SEGUNDO SELO: Cando imos a comezar un proxecto, realizamos unha entrada indicando o tema do proxecto e engadimos este selo. É un sinal de inicio da colaboración. A persoa que teña material, que poida aportar, pode facer un comentario nesta entrada enlazando direccións de interese. Deste xeito, nos facilitamos entre todos a búsqueda.


     Se queredes participar neste grupo só tedes que facer un comentario nesta entrada có nome do voso blog e levaros os dous selos. ¡¡ Tan sinxelo coma iso!! Dentro dun par de semanas realizaremos unha nova entrada cos integrantes do grupo. 
     Animádevos a facer "UN PROXECTO ENTRE TODOS"

31 ene 2012

CELEBRANDO A PAZ

Hoxe celebramos no colexio o día da paz. Na clase fixemos un medallón,


á pombiña Mari Paz (a idea doúnola Sandra, do blog "Mi sala amarilla"),


e a peza que nos tocou do puzzle da pomba:


As once e media reunímonos todos no salón de actos e alí vimos a presentación da paz, o noso conto da pomba Mari Paz, tivemos recitado de poesías por parte de Rubén e Jaime e despois cada clase pegou no puzzle da pomba a peza que lle tocou. Así era a nosa pomba antes de empezar:


E así quedou ao final:



E para rematar , que mellor forma que cunha gran chocolatada con churros. Aquí vos deixamos algunhas das fotos:

28 ene 2012

POR FIN REMATEI O NOVO LIBRO LIM!!!!!!



A falta tan só de dous días para que todos os colexios celebren o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, por fin rematei o meu novo libro lim :"LA PALOMA MARI PAZ"  do poema de Carmen Gil do mesmo nome que podedes atopar en POEMITAS.COM. Trátase dun poema moi divertido co que os rapaces e rapaces APRENDEN A COMPARTIR e a RESOLVER CONFLICTOS. Esta vez o fixen só en castelán porque ao ser en verso perdíase a rima se o pasaba ao galego.
No libro LIM  incluímos o video do conto que gravamos en clase coas nosas voces. Teño que agradecer á miña filla maior, Bea,  a súa colaboración xa que coma sempre, axudounos facendo de narradora.
O VIDEO:





E O LIBRO LIM:


http://dl.dropbox.com/u/14722558/maripaz/maripaz.html

24 ene 2012

REMATAMOS O MURAL DA PAZ

A semana que vén celebraremos o Día da Paz facendo entre todas as clases unha gran pomba, pero no noso corredor tamén quixemos poñer un mural sobre a Paz por iso pedimos a colaboración do resto das clases do primeiro piso. En papel continuo branco escribimos: "QUE O VENTO LEVE OS NOSOS DESEXOS DE PAZ"


Engadímoslle un telladiño e unhas aspas e formamos o noso MUÍÑO DA PAZ.


Despois a cada neno lle repartimos cadansúa plantilla dun pequeno muíño de vento, o decoraron e dentro del escribiron o seu desexo de paz.



E xa só nos quedaba colocar os nosos desexos de Paz nas aspas do MUÍÑO GRANDE que é o que fixemos hoxe. Aquí vos deixamos as fotos para que poidades velo:




23 ene 2012

MÁIS RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ


Para seguir traballando na clase, aquí vos deixo unha selección de videos que tratan sobre a Paz:








E dúas fermosas presentacións tamén sobre a Paz que atopeu en dous blogues amigos: "Enseñando y aprendiendo" e "A escola de Barciela":




Paz  

19 ene 2012

RECURSOS PARA A PAZ (III)


Continuando coa nosa selección de recursos para traballar a Paz desde a escola, o ano pasado preparei un LIM para traballar cos meus alumnos titulado:"ENTRE TODOS CONSTRUIMOS A PAZ". Este ano lle engadín un apartado en castelán para que o poida utilizar toda a xente que queira.


No blog Casa de Tolos, da nosa amiga Belén, podemos atopar outro libro Lim  sobre a Paz que fixeron entre ela e outros profes:

18 ene 2012

CHEGOU O PREMIO!!!!!

Lembrades que antes de Nadal vos dixemos que gañáramos por segundo ano consecutivo o segundo premino no concurso de Tarxetas de Nadal Electrónicas que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística? Pois ben, hoxe chegounos o premio. Abrimos ansiosos a caixa e atopamos...


Na foto podedes ver o contentiños que estabamos polos regalos. E como eran tantos libros e gañamos grazas aos bonitos deseños de Jessica, do blog BONITOOH, decidimos regalar un dos contos a Jessica e a súa clase. Non vos dicimos cal para que sexa unha sorpresa cando lle chegue.
GRAZAS JESSICA

16 ene 2012

RECURSOS PARA A PAZ (II)


Continuamos coa nosa recopilación de recursos para traballar a Paz. Agora lle toca o turno ás lecturas sobre a Paz. Ao longo destes días, na HORA DE LER, leremos entre outros, o libro de Anna Obiols, "Me llamo Paz" e o conto de Gloria Fuertes, "La Avestruz Troglodita".








Tamén a nosa amiga Trinidad, do blog "ENSEÑANDO Y APRENDIENDO" comparte con nós unha selección de Lecturas de Paz. Clicade na imaxe para acceder.

15 ene 2012

OS NOSOS RECURSOS PARA A PAZ (I)


Xaneiro ademáis duns dos meses máis fríos do ano é tamén por excelencia o MES DA PAZ. Ao longo deste mes, moitos colexios traballamos sobre este tema e terminamos cun gran acto o 30 de Xaneiro declarado Día Escolar da Paz e a Non Violencia.
Nós empezaremos mañá. Asi que para lembrar por qué se celebra o día 30 o Día da Paz, veremos esta presentación que fixen o ano pasado cos meus alumnos. Nós lle puxemos as nosas voces pero aquí están sin voz para que cada quen a utilice como mellor lle guste.






Ademais, este ano pensando  en aqueles amigos e amigas que nos visitan e que non entenden o galego tamén a fixemos en CASTELÁN (clicade na imaxe):




Tamén faremos este pequeno caderno de fichas que fixen cos moitos debuxos  e imaxes sobre a PAZ que se atopan pola rede.  Si o queredes utilizar, xa sabedes que podedes imprimilo, descargalo ou incrustalo en calquera páxina web.